Rosales
Rosales | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rosa silvestre | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
(ver texto para outras familias) |
A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).
É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.
O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza hai uns 76 millóns de anos. O taxón Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".
Características
[editar | editar a fonte]O taxon Rosales caracterízase por:
- presenza de Dihidroflavonois
- cristais prismáticos en células radiadas (negativos en Berbeyaceae e Eleagnaceae)
- simbioses (infección intracelular da epiderme radicular) con Frankia, unha actinobacteria grampositiva. (A fixación de nitróxeno particularmente en Fabaceae involucra a alfa-proteobacterias gramnegativas, e a infección por Frankia é por pelos radicais)
- presenza de células mucilaxinosas
- marxes das follas serrados
- inflorescencia cimosa
- presenza de hipantio nectarífero
- estigma seco
- Cáliz e/ou hipantio persistente no froito
Familias en Rosales
[editar | editar a fonte]Clasificación tradicional
[editar | editar a fonte]A seguinte lista mostra a categorización clásica de Cronquist (1981) que agrupa a 24 familias (primeira columna en letra grosa) dentro de Rosales. á beira de cada familia, a reagrupación filogenética (→ segunda columna) segundo APG-II cando corresponde.
- Rosaceae, é a única familia que perdura na Orde Rosales (obviamente, a familia distintiva do taxón Rosales).
- Alseuosmiaceae → orde Asterales
- Anisophylleaceae → orde Cucurbitales
- Brunelliaceae → orde Oxalidales
- Bruniaceae → non situada, posible preto de Asterales?.
- Byblidaceae → orde Lamiales
- Cephalotaceae → orde Oxalidales
- Chrysobalanaceae → orde Malpighiales
- Columelliaceae → non situada, posible preto de Dipsacales?
- Connaraceae → orde Oxalidales
- Crassulaceae → orde Saxifragales
- Crossosomataceae → familia distintiva da orde Crossosomatales
- Cunoniaceae = Davidsoniaceae = Eucryphiaceae → orde Oxalidales
- Dialypetalanthaceae → familia Rubiaceae, orde Gentianales
- Greyiaceae → familia Melianthaceae, orde Geraniales
- Grossulariaceae → orde Saxifragales
- Hydrangeaceae → orde Cornales
- Neuradaceae → orde Malvales
- Pittosporaceae → orde Apiales
- Rhabdodendraceae → orde Caryophyllales
- Saxifragaceae → familia distintiva da orde Saxifragales
- Surianaceae → orde Fabales
Clasificación filoxenética
[editar | editar a fonte]A seguinte lista mostra a "nova" clasificación filoxenética das familias dentro de Rosales segundo o APG-II (2003). A Orde Rosales "reclasificado" inclúe 9 familias, con 261 xéneros e aproximadamente 7725 especies.
- Barbeyaceae Rendle
- Cannabaceae Martynov
- Dirachmaceae Hutchinson
- Elaeagnaceae Jussieu
- Moraceae Link
- Rhamnaceae Jussieu
- Rosaceae Jussieu
- Ulmaceae Mirbel
- Urticaceae Jussieu
Rosaceae é a familia cardinal do taxon, representa un 37% dos Rosales, con 95 xéneros e aproximadamente 2830 especies. Rosaceae e Urticaceae son as familias máis numerosas e representan máis do 70% das especies do taxón Rosales (logo Moraceae con 14% e Rhamnaceae con 12%).
Cladograma esquemático representando a relación filética das familias de roseiras:
Orde Rosales |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
- §: implica ramas con consistencia < 50% ou amplamente morfoloxía. Todas as outras ramas teñen unha consistencia > 80%.
- 9 familias, 261 xéneros, 7725 especies.
Relacións da orde Rosales
[editar | editar a fonte]Agrupación de Cronquist
[editar | editar a fonte]Outras ordes clasicamente relacionadas co taxón Rosales (Cronquist, 1981), agrupados baixo a Subclase Rosidae:
- Orde Rosales
- Orde Fabales
- Orde Proteales
- Orde Podostemales
- Orde Haloragales
- Orde Myrtales
- Orde Rhizophorales
- Orde Cornales
- Order Santalales
- Orde Rafflesiales
- Orde Celastrales
- Orde Euphorbiales
- Orde Rhamnales
- Orde Linales
- Orde Polygalales
- Orde Sapindales
- Orde Geraniales
- Orde Apiales
Relación filética do APG
[editar | editar a fonte]Outras ordes actualmente relacionadas co taxón Rosales (APG-II), reagrupados noutras categorías superordinadas:
NÚCLEO DE EUDICOTAS
- Outras ramas: Berberidopsidales; Dilleniales Caryophyllales; Santalales.
- RAMA de: Saxifragales [ Vitais ROSIDAS ]: Estípulas
- Vitais ROSIDAS: Anteras articuladas
- ROSIDAS
- Taxones sen localización clara...
- Crossosomatales
- Geraniales
- Myrtales
- EUROSIDA I: sementes con escaso endosperma
- Fabales Rosales [ Cucurbitales Fagales ]: Fixadores de Nitróxeno por asociacións radicais
- Zygophyllales [ Celastrales Malpighiales Oxalidales ]
- EUROSIDA II:
- Huerteales { Brassicales [ Malvales Sapindales ] }
- ROSIDAS
- Vitais ROSIDAS: Anteras articuladas
- RAMA de: ASTERIDAS...
O taxon Fabales é o máis próximo filoxenéticamente a Rosales, séguenlle Cucurbitales e Fagales (todos son Eurósidas tipo I).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II" [Unha actualización da clasificación da APG para as ordes e familias das plantas con flor: APG II.]. Botanical Journal of the Linnean Society (en inglés) 141 (4): 399–436. 2003-04. ISSN 0024-4074. doi:10.1046/j.1095-8339.2003.t01-1-00158.x.