Redes (TVE)
Redes | |
---|---|
Presentado por | Eduard Punset |
Cadea | La 2 |
Día da estrea | 23 de marzo de 1996 |
Última emisión | xaneiro de 2014 |
Redes (denominado Redes 2.0 dende 2008) é un programa televisivo de divulgación científica producido por Smart Planet e emitido pola cadea "La 2" de TVE. Está dirixido e presentado por Eduard Punset. Trata diversos temas científicos, como a socioloxía, a bioloxía ou a astronomía. Comezou a súa emisión o 23 de marzo de 1996 e, dezaoito anos despois, en xaneiro de 2014 despediuse da audiencia.[1]
Dedicou un dos seus capítulos expresamente a dar a coñecer a Wikipedia ao gran público de España e Latinoamérica.
Temática
[editar | editar a fonte]Os temas xiran ao redor da ciencia, aínda que tamén abarcar cuestións filosóficas sobre o coñecemento humano en xeral. Os principais temas do programa son:
- Mente e cerebro
- Evolución na Terra
- Física e universo
- Biotecnoloxía e saúde
- Robots e futuro
- Terceira cultura
Historia
[editar | editar a fonte]Redes emitiu o seu primeiro programa o 23 de marzo de 1996 a través de "La 2" da Televisión Española. Durante as primeiras tempadas, o programa divídese en varias seccións, das cales as dúas principais xiran en torno a un tema diferente cada semana e son, unha entrevista con algún especialista do asunto tratado -con frecuencia en inglés, superposto por voces en español- e un coloquio no plató con varios invitados, como famosos artistas,empresarios ou científicos. Xunto a Punset, completan o equipo de presentadores Wesou Telou e Alberto Jo Lee.
As demais seccións consistían nun informativo no que se dan noticias sobre variados temas de alcance científico, como avances tecnolóxicos, médicos, culturais ou curiosidades, amenizado con reportaxes curtas. Ademais, o programa foi pioneiro na utilización do primeiro plató virtual da televisión en España, non recurso da animación 3D e das videoconferecias.
A primeira tempada realízase dende os estudios de TVE en Madrid. Dende 1997, o programa prodúcese conxuntamente entre TVE e a produtora Smart Planet nos estudo de San Cugat del Vallés en Barcelona.
Ata 2007 emitíronse un total de 448 programas.
Equipo
[editar | editar a fonte]- Dirección: Eduard Punset.
- Presentadores informativo 3000: Wesou Telou e Alberto Jo Lee.
- Realización: Juan A. Gamero, Gonzalo M. Bello e Esther Rodríguez.
- Produción: Fernando G. Tejedor.
- Subdirección científica: Sebastián Grinschpun.
- Guionistas: Beatriz Barco, Eva Loste, Míriam Peláez, Anna Borrell, Pere Figuerola, Lluís Quevedo e Laura Carrau.
- Casting internacional: Guillermo Santamaría.
- Axudante de produción: Marc Royo Llòria.
Redes 2.0
[editar | editar a fonte]A partir de 2008 o programa adquiriu un novo formato denominado Redes 2.0. O programa envolveuse nunha nova estética mellorada, así como a renovación da súa páxina musical (cuxo autor é Chop Suey, pseudónimo de César Sala, músico e "disc jockey" madrileño residente en Barcelona[2]).
Aínda que os temas tratados seguen sendo os mesmos, o programa consiste basicamente nunha entrevista a un científico recoñecido especializado no tema de cada episodio, intercalado con pequenos vídeos explicativos, Elimínase o coloquio e, polo tanto, o plató.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (10 de xaneiro de 2014). Ideal, ed. "Eduard Punset y su célebre 'Redes' abandonarán TVE". Granada: Vocento. Consultado o 11 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Chop Suey o la soledad del astronauta". La Luna del siglo XXI - El Mundo. 30 de maio de 2003. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do programa en rtve.es
- Páxina web do programa (inclúe os episodios das últimas tempadas).
- Episodios de tempadas anteriores
- Páxina web de Eduardo Punset, inclúe unha ligazón ao seu blog.
- Redes 2.0 en Blip.tv