Ramón Tojo Pérez
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ramón Tojo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1860 Padrón, España |
Morte | 7 de outubro de 1944 (83 anos) Pontevedra, España |
Presidente da Deputación da Coruña | |
1903 – 1909 ← Alejandro Cadarso Ronquete – José María Ozores de Prado → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Robustiana Baltar Cortés |
Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón o 23 de novembro de 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.[Cómpre referencia]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou o Bacharelato no Convento do Carme. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1883 aprobou as oposicións de avogado do Estado. Foi Gobernador civil de León (1899-1900). Foi deputado provincial dende 1890 e presidente da Deputación da Coruña de 1903 a 1909. Despois continuou como deputado provincial polo distrito de Padrón. Foi membro da Real Academia Galega.
Predecesor: Alejandro Cadarso Ronquete |
Presidente da deputación da Coruña 1903 - 1909 |
Sucesor: José María Ozores de Prado |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Robustiana Baltar Cortés, filla de Ángel Baltar Varela e irmá de Ángel Baltar Cortés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Filgueira Valverde, Xosé (1944). "Don Ramón Tojo Pérez". Boletín da RAG (RAG) 24 (277-280): 9–11. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2013.