Saltar ao contido

Pseudococcidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pseudococcidae

Pseudocóccidos no pedúnculo dunha flor en Yogyakarta
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hemiptera
Suborde: Sternorrhyncha
Superfamilia: Coccoidea
Familia: Pseudococcidae
Heymons, 1915 [1]

Pseudococcidae (pseudocóccidos) é unha familia de insectos hemípteros que carecen dunha forte armadura que se encontran en hábitats cálidos e húmidos. Moitas especies considéranse pragas, xa que se alimentan de zumes de plantas de invernadoiro, plantas domésticas e árbores subtropicais e actúan tamén como un vector de varias enfermidades de plantas. Algunhas formigas viven en relación simbiótica con eles, protexéndoos dos predadores e alimentándose da melada que excretan.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Vídeo dun pseudocóccido.

Son insectos con dimorfismo sexual. As femias teñen aparencia de ninfas, presentando unha morfoloxía reducida e carencia de ás, aínda que, a diferenza de moitas femias de cocoideos, adoitan conservar as patas e poden moverse. Os machos son menores, e teñen ás. Como os pseudocóccidos (e todos os outros hemípteros) son insectos hemimetábolos, non sofren unha metmorfose completa no verdadeiro sentido da palabra. Porén, os machos mostran un cambio radical durante o seu ciclo vital, cambiando de ninfas ovoides sen ás a adultos parecidos a avespas ou ás veces a mosquitos.

As femias aliméntanse do zume interno das plantas, normalmente en raíces ou outras partes e nuns poucos casos da parte inferior de froitas almacenadas. Poden adherirse a unha planta e segregar unha potente capa de cera, que usan para a súa protección mentres zugan os zumes da planta. En Asia, Drosicha mangiferae e considerada unha importante ameaza para as colleitas de manga.[2] Os machos de pseudocóccidos teñen unha vida curta, xa que non se alimentan como adultos e só viven para fertilizar as femias. Os machos de Planococcus citri voan buscando as femias e parecen mosquitos peludos.[3][4]

Algunhas especies poñen os ovos na mesma capa cerosa que usan para a protección en cantidade de 50–100 ovos; outras especies nacen directamente da femia.

As pragas máis graves son os pseudocócidos que afectan aos cítricos; ourras especies causan danos á cana de azucre, vide, ananás (Jahn et al. 2003), cafeeira, iuca, fentos, cactos, gardenia, papaia, moreira, xirasol e orquídeas. Pero só adoitan ser pragas importantes en presenza de formigas porque as formigas os protexen dos predadores e parasitos.[5] Son tamén vectores de virus para as vides, espallando os virus do enrolamento das follas da s vides e da mancha vermella das vides.[6] Tamén infestan algunhas especies de plantas carnívoras como Sarracenia; en tales casos son difíciles de erradicar sen repetidas aplicacións de insecticidas como diazinon. As infestacións pequenas poden non inflixir danos significativos. Pero en maiores cantidades poden inducir a caída das follas. En anos recentes, algunhas especies de pseudocóccidos convertéronse en pragas invasivas en certas localidades supoñendo un gran problema para os novos agroecosistemas. Na India, informouse que a planta Withania somnifera é un novo reservorio para a especie invasiva de pseudocóccido Phenacoccus solenopsis.[7]

Algúns pseudocóccidos do xénero Hypogeococcus utilízanse como controis biolóxicos de pragas de cactos invasores en Suráfrica, incluíndo Harrisia balansae, H. martinii, e Opuntia cespitosa.[8]

Descubríronse espécimes fósiles de formigas do xénero Acropyga de idade burdigaliana en depósitos de ámbar dominicano e varios dos individuos quedaron conservados levando o xénero extinto de pseudocóccido Electromyrmococcus.[9] Estes fósiles representan o rexistro máis antigo da simbiose entre pseudocóccidos e formigas.[9]

Métodos de control

[editar | editar a fonte]

Os piretroides como a permetrina, a bifentrina ou a ciflutrina poden usarse para o control dos pseudocóccidos.[10]

Algúns xardineiros usan larvas de crisópidos para controlar as infestacións de pseudocóccidos, xa que estas larvas son predadores voraces de áfidos e outros pequenos insectos.[11]

Metabolismo

[editar | editar a fonte]

Algúns pseudocóccidos teñen un metabolismo moi sofisticado no que están implicados non un senón dous endosimbiontes bacterianos, un dentro do outro. Os endosimbiontes fabrican aminoácidos esenciais que o insecto é agora incapaz de obter directamente da súa dieta. Xeneticamente, os pseudocóccidos dependen dun "mosaico" de vía metabólicas (propias, dos endosimbiontes ou adquiridas doutros microbios) nas cales se transportan proteínas a través de membranas entre o que anteriormente foran organismos independentes.[12][13]

  1. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Pseudococcidae Heymons, 1915 (TSN 109211)" (en inglés). 
  2. Allahdin Group Mango pests: Mango mealy bug Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
  3. Kerns, D., et al. Citrus Mealybug (Planococcus citri). Citrus Arthropod Pest Management in Arizona. University of Arizona Cooperative Extension, Tucson.
  4. Citrus Mealybug. Arquivado 2013-06-20 en Wayback Machine. A Field Guide to Common Texas Insects. Texas A&M AgriLife Extension.
  5. Noe, Ronald (21 de novembro de 2012). "Fire Ants Protect Mealybugs against Their Natural Enemies by Utilizing the Leaf Shelters Constructed by the Leaf Roller Sylepta derogata". PLOS ONE (US National Library of Medicine National Institutes of Health) 7 (11): e49982. Bibcode:2012PLoSO...749982Z. PMC 3503828. PMID 23185505. doi:10.1371/journal.pone.0049982. 
  6. Bettiga, Larry J (8 de setembro de 2015). "Assessing Grapevine Leafroll and Red Blotch Disease Impacts in Local Vineyards". ANR Blogs (en inglés). Salinas Valley Agriculture. Consultado o 23 de decembro de 2022. 
  7. Sharma, A.; Pati, P. K. (2013). "First record of Ashwagandha as a new host to the invasive mealybug (Phenacoccus solenopsis Tinsley) in India". Entomological News 123 (1): 59–62. doi:10.3157/021.123.0114. 
  8. 8,0 8,1 "Cactus control in the Klein Karoo". Rhodes University. 2014-09-17. Consultado o 2021-04-19. 
  9. 9,0 9,1 Johnson, M.S.; et al. (2001). "Acropyga and Azteca Ants (Hymenoptera: Formicidae) with Scale Insects (Sternorrhyncha: Coccoidea): 20 Million Years of Intimate Symbiosis". American Museum Novitates (3335): 1–18. doi:10.1206/0003-0082(2001)335<0001:AAAAHF>2.0.CO;2. 
  10. SP290-S-Mealybugs on Ornamentals (Informe). The University of Tennessee Agricultural Extension Service. 2003. SP290S-1.5M-5/03(Rev) E12-4615-00-030-03. 
  11. "Cryptolaemus and lacewings for mealybug and scale control" (PDF). Department of Primary Studies, NSW. New South Wales. Consultado o 25 de maio de 2021. 
  12. López-Madrigal, S., Latorre, A., Porcar, M. et al. Mealybugs nested endosymbiosis: going into the ‘matryoshka’ system in Planococcus citri in depth. BMC Microbiol 13, 74 (2013). https://doi.org/10.1186/1471-2180-13-74
  13. Callier, Viviane (8 de xuño de 2022). "Mitochondria and the origin of eukaryotes". Knowable Magazine. doi:10.1146/knowable-060822-2. Consultado o 18 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jahn, G. C. e J. W. Beardsley (1994). "Big-headed ants, Pheidole megacephala: Interference with the biological control of gray pineapple mealybugs". In D.F. Williams [ed.] Exotic Ants: Biology, Impact and Control of Introduced Species. Boulder, Col.: Westview Press, 199–205. ISBN 9780813386157.
  • Jahn, G. C. e J. W. Beardsley (1998). "Presence/absence sampling of mealybugs, ants, and major predators in pineapple". J. Plant Protection in the Tropics 11(1):73–79.
  • Jahn, Gary C., J. W. Beardsley e H. González-Hernández (2003). "A review of the association of ants with mealybug wilt disease of pineapple". Proceedings of the Hawaiian Entomological Society. 36:9–28.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]