Pobo arapaho
Pobo arapaho | |
---|---|
Bandeira da nación Arapaho recoñecida oficialmente | |
Poboación | |
Poboación total: 10 861[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos (Colorado, Oklahoma, Wyoming) | 10 861 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Arapaho, sinais dos indios das chairas e inglés |
Relixión | Cristianismo e outras |
Grupos relacionados | Cheyennes e outros pobos algonquinos |
Os arapaho,[2] coñecidos tamén como Gens-de-Vache ("xente do bisonte"), son unha tribo de indios nos estados de Colorado e Wyoming (Estados Unidos).
Eran estreitos aliados dos cheyenne e aliados dos síux. A lingua arapaho é unha das linguas algonquinas moi próxima ó atsina ou gros ventre, con quen os arapaho compartiran unha longa afiliacición cultural. A lingua cheyenne e a lingua dos pés negros eran as outras linguas algonquinas das Grandes Pradeiras pero eran bastante diferentes do arapaho. Cara a 1850 as bandas arapaho separáronse en dúas tribos: os arapaho do norte e os do sur. Os arapaho do norte levan vivindo dende 1878 na Reserva de Wind River, Wyoming, a terceira maior reserva dos Estados Unidos. A tribo dos arapaho do Sur vive xunto ós cheyenne en Oklahoma.
O seu nome vén do pawnee tirapihu ("comerciantes"), ou ben do crow alappahó ("xente con moitas tatuaxes", polo costume que tiñan de gravar círculos cerimoniais na cara). Eles chámanse a si mesmos inu-na ina ("o noso pobo"). O idioma divídese en tres dialectos ou divisións: o basanwūnema; o atsina ou gros ventre (que se converteu nunha tribo independente); e o na’’wathinahana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2010 Census CPH-T-6. American Indian and Alaska Native Tribes in the United States and Puerto Rico: 2010" (PDF). census.gov.
- ↑ Definición de arapaho no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo arapaho |