Pinacoteca do Estado de São Paulo
Aparencia
Pinacoteca do Estado de São Paulo | |
---|---|
![]() | |
![]() Sede da institución. | |
![]() | |
Coordenadas | 23°32′04″S 46°38′02″O / -23.534444444444, -46.633888888889 |
País | Brasil |
Cidade | São Paulo e Luz (bairro de São Paulo) |
Tipo | Museo de arte |
Inauguración | 1905 |
Visitantes | 425.575 (2014) [1] |
Na rede | |
https://www.pinacoteca.org.br/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Pinacoteca do Estado de São Paulo é unha institución cultural brasileira dependente da Secretaría de Cultura do Estado de São Paulo.[2] A súa sede principal encóntrase no Jardim da Luz, na Cidade de São Paulo. Ademais, usa tamén un espazo chamado Estación Pinacoteca, antiga sede do DOPS, e un edificio no Parque do Ibirapuera.
Caracterízase como un dos máis importantes espazos museísticos de arte do Brasil e xunta no seu acervo máis de 6.000 obras, como pinturas, esculturas, collages, debuxos, tapices e obxectos de porcelana. A colección comprende a historia da pintura brasileira entre os séculos XIX e XX.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Edison Veiga (4 de abril do 2015). «Diretor do Museu de Arte do Rio quer inverter eixo cultural da cidade». O Estado de S. Paulo. Consultado o 27 de febreiro do 2017 (en portugués)
- ↑ 2,0 2,1 «Pinacoteca do Estado de São Paulo» Arquivado 21 de xuño de 2009 en Wayback Machine.. Ministério da Cultura. Consultado o 27 de febreiro de 2017 (en portugués)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pinacoteca do Estado de São Paulo ![]() |