Parque de Vioño
Aparencia
Parque de Vioño | |
---|---|
Tipoloxía | Parque urbano municipal |
Localización | |
Localidade | A Coruña |
Como chegar | |
Bus | |
O parque de Vioño é unha zona verde municipal na cidade da Coruña. Foi inaugurado en decembro de 2006 cunha superficie de 37 049 metros cadrados.[1]
Leva o nome da aldea derrubada no mesmo lugar para a construción do propio parque así como da urbanización que se xestou arredor do mesmo. Asemade, foron conservados algúns dos hórreos xa existentes no lugar, que ficaron integrados dentro da zona verde.
O seu perímetro está delimitado polas rúas Revolución Francesa, José María Rivera Corral, Isaac Peral e Pasteur. Cara ao suroeste do parque atópase o polígono industrial da Agrela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El parque de Vioño ya está abierto al público". 20minutos.es (en castelán). 18.12.2006. Consultado o 2017-08-23.