Casa da Aduana da Coruña
Casa da Aduana | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Avenida da Mariña, 23 15001, A Coruña |
Coordenadas | 43°22′10″N 8°24′02″O / 43.36944444, -8.40055556 |
Uso(s) | Sede da subdelegación do goberno na Coruña |
Remodelación | Faustino Domínguez Domínguez |
Dimensións | |
Plantas | 3 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Pedro Martín Cermeño |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Aduana Real é un edificio de estilo clasicista situado no barrio da Pescaría da Coruña.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1761 instalouse na Coruña a Real Intendencia de Rendas, nun edificio alugado na avenida da Mariña. Considerado axeitado o lugar decidiuse comprar o local e os edificios contiguos.[1]
O edificio foi construído como sede da Aduana Real en 1768, segundo o deseño de Pedro Cermeño.[1] Debería formar un conxunto coas casas de Paredes, mais o proxecto quedou inacabado.[2]
A mediados do século XX pasou acoller o Goberno Civil da provincia da Coruña, convertido en 1997 en subdelegación do goberno.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]A aduana real é un edificio de cantería que dá a tres rúas con dúas fachadas. A máis monumental é a da rúa Real, con pilastras xónicas. A fachada lateral, probablemente de Faustino Domínguez Domínguez, é do século XIX.[2]
No século XX engadiuse un andar, destruíndose as bufardas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 La Real Aduana y las Casas de Paredes
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
- ↑ "Ley 6/1997, de 14 de abril, de Organización y Funcionamiento de la Administración General del Estado". Boletín Oficial del Estado (90): 11755–11773. 15 de abril de 1997. Consultado o 24 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |