OSSA (Orpheo Sincronic Sociedad Anónima) é unha marca de motocicletas e equipamento cinematográfico catalá. A empresa foi fundada en 1940 e desapareceu como fabricante en 1984. En 2010 anunciou a súa volta ao mercado, en 2014 fusionouse co fabricante Gas Gas. En 2017 a empresa volveu ao mercado como marca de bicicletas eléctricas.
As orixes da empresa están no ano 1928 na familia Giró adicada á industria téxtil. A marca española OSSA xurdiu como fabricante de material cinematográfico e dende 1940 motocicletas e outros produtos. Ossa foi a primeira marca española en fabricar un proxector comercial completo. Coa axuda de Ricardo Soriano a familia mercou a fábrica de automóbiles Nacional Pescara, onde fabricou as primeiras motocicletas. No ano 1942 presentaron o primeiro prototipo cun motor DKW de 125 cc. O primeiro modelo comercial foi cun motor de 125 cc en 1951. A súa presentación fora na Feira Internacional de Mostras de Barcelona de 1948.