Saltar ao contido

IPV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
IPV
TipoSociedade Anónima
Fundación1965
LocalizaciónAvda. de Villaodrid, SN 27720 A Pontenova, Lugo Galicia Galiza
ProdutosCamións 4x4
editar datos en Wikidata ]

IPV (Investigación y Proyectos de Vehículos Especiales SA) foi unha marca galega de camións 4x4 con sede na Pontenova, provincia de Lugo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa compañía matriz, Mafsa (Miranda, Alonso y Fernadez), comezou no 1965 coma un consorcio de tres talleres de automoción que estiveran durante anos arranxando pequenos camións 4x4 lixeiros italianos herdados da guerra civil española, e incorporándolles motores diésel.

O primeiro modelo Mafsa foi un camión de eixo estreito equipados con motores Barreiros ou Perkins. Estaban especificamente deseñados para a industria madeireira galega e foron alcumados carroceta.

Coma Mafsa non tiña distribuidores, as carrocetas vendíanse só na fábrica. Porén o éxito permitiulle a Mafsa expandirse cara a camións 4x4 multiúsos, que estaban moi demandados daquela para usos contra o lume e na construción. Foi daquela cando estableceron unha rede de distribuidores e se consolidaron coma marca, que no 1972 foi renomeada IPV.

A gama IPV medrou ata os vehículos de 270cv e 24 toneladas, namentres que os motores OEM foron substituídos por motores MAN. Tamén as cabinas foron redeseñadas e modernizadas. Tamén concibiron algúns modelos especiais coma un camión bimodal estrada-camiño de ferro e un tractor de peirao para empurrar por semi-trailers.

IPV presentou suspensión de pagos en agosto de 2006, se ben en momento ningún parou a súa produción. A empresa pechou en febreiro de 2013.[1]

  1. "IPV de A Pontenova cierra de forma definitiva y deja 31 desempleados". El Progreso de Lugo (en castelán). 2013-02-21. Consultado o 2020-03-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]