Nicolas Chuquet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1440 ↔ 1455 París, Francia |
Morte | c. 1488 Lión, Francia |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas |
Ocupación | matemático |
Alumnos | Estienne de La Roche (pt) |
Nicolas Chuquet foi un matemático francés do século XV, autor da primeira aritmética "moderna".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se sabe moito da súa vida. Só se sabe, porque o di el mesmo no seu Tripartito, que é de París, que se licenciou en Medicina e que escribiu a súa obra en 1484 en Lión.[1]. Polos rexistros fiscais da cidade de Lión, sábese que vivía ao lado doutro matemático francés: Estienne de La Roche,[2] pero non se sabe as relacións que tiñan.
Obras
[editar | editar a fonte]Chuquet é o autor da aritmética máis orixinal escrita desde a época grega:[3] Le Triparty en la Science des Nombres. A obra nunca se publicou até 1880 e polo tanto non tivo influencia; agás o feito de que Estienne de La Roche publicou unha pequena parte dela como súa: L'arismetique nouvellement composee (Lión, 1520).
O traballo de Chuquet consta de dúas grandes partes: a primeira, propiamente chamada Triparty en la Science des Nombres, e a segunda, denominada Applications des Rigles du Triparty, que é unha colección de problemas resoltos cos procedementos establecidos na primeira parte.
O Triparty ten tres partes:[4]
- No primeiro trata sobre os números enteiros, os números rotos, as súas operacións, as progresións e a regra de tres .
- No segundo trata sobre as raíces e como operar con elas.
- No terceiro fálase de potencias e ecuacións e de como resolvelas.
Aínda que as achegas de Chuquet á álxebra son escasas, a súa orixinalidade e audacia no desenvolvemento da linguaxe alxébrica e do cálculo é indiscutible.[5]
Foi o introdutor do termo billón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ L'Huillier 1976, p. 348.
- ↑ L'Huillier 1976, p. 349-350.
- ↑ Malet e Paradís 1984, p. 71.
- ↑ Malet e Paradís 1984, p. 72.
- ↑ Malet e Paradís 1984, p. 88.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Malet, Antoni; Paradís, Jaume (1984). Els orígens i l'ensenyament de l'àlgebra simbòlica: 1478-1545 (en catalán). Edicions Universitat de Barcelona. p. 71 e seguintes. ISBN 9788475281278.
- L'Huillier, Hervé (1976). "Eléments nouveaux pour la biographie de Nicolas Chuquet". Revue d'histoire des sciences (en francés). Vol. 29 (4): 347-350. ISSN 1969-6582. doi:10.3406/rhs.1976.1432.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O'Connor, John J.; Robertson, Edmund F. «Nicolas Chuquet». MacTutor History of Mathematics archive. School of Mathematics and Statistics, Universidade de St Andrews, Escocia. (en inglés)
- Itard, Jean. Nicolas Chuquet. Complete Dictionary of Scientific Biography. 2008. Encyclopedia.com. Consultado o 15 de setembro de 2013 <http://www.encyclopedia.com>. (en inglés)