Saltar ao contido

Mutazilismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O mutazilismo, mutacilismo, motazilismo ou motacilismo, foi unha escola de pensamento teolóxico musulmá que apareceu no século VIII, ao mesmo tempo que o sunnismo e o xiísmo, aínda que independente deles, e que desapareceu definitivemente no século XIII, esencialmente venciada, ou absorbida, polo sunnismo . A teoloxía mutazilita desenvólvese a partir da lóxica e o racionalismo, inspirados na filosofía grega e na razón (logos), conceptos que trata de combinar coas doutrinas islámicas, demostrando así a súa compatibilidade.

Este procerso, repetido en diversas formas por outras correntres musulmás, ás veces non sen reticencias, declina netamente a partir do século XIII entre os sunnitas, que consideraban que a revelación divina non debe someterse á crítica humana. Así, segundo Averroes, constátase "a perda do predicamento da filosofía en beneficio da mística,[1] O enfoque filosófico herdado do mutazilismo mantense hoxe, utilizado polos xiítas, pero unicamente nalgúns puntos concretos.

A palabra "mutazilismo" (en árabe al-muʿtazila, المعتزلة ) ten dúas orixes (e sentidos) posíbeis.

A interpretación máis común é que o seu fundador, Wasil ibn Ata deixou o madhab [2] oficial porque as súas ideas se opoñían á tradición islámica ortodoxa e, polo tanto, o nome da escola deriva dun verbo que significa "retirarse" (en árabe, iʿtazala, اعتزل). Segundo outra interpretación, "algúns teólogos da cidad de Basora negáronse a tomar partido nas loitas polo poder, tras o asasinato de Uthman Ibn Affan (ou Otmán)", que ensangrentaron e dividiron a comunidade musulmá e, polo tanto, o nome significaría "os que se absteñen".[3]

  1. Dominique Urvoy, "La philosophie, entre raison et révélation", en Les textes fondamentaux de la pensée en Islam, número especial de Le Point, novembro-decembro de 2005, p. 59.
  2. Termo polo que se coñecen no islam as diferentes escolas ou correntes de interpretación da xurisprudencia islámica ou fiqh.
  3. Roger Arnaldez, "Le mutazilisme, théologie de la liberté", en Les textes fondamentaux de la pensée en Islam, número especial de Le Point]], novembro-decembro de 2005, p. 35.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.