Mike Hawthorn
(1958) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1929 Mexborough, Reino Unido (pt) |
Morte | 22 de xaneiro de 1959 (29 anos) Guildford, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | morte accidental, accidente de coche |
Educación | Ardingly College (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
John Michael Hawthorn, nado o 10 de abril de 1929 e finado o 22 de xaneiro de 1959, foi un piloto británico de automobilismo, campión do mundo da tempada de 1958 logo do cal anunciou a súa retirada logo de verse profundamente afectado pola morte do seu compañeiro de equipo e amigo Peter Collins, dous meses antes no Gran Premio de Alemaña de 1958. Hawthorn tamén gañou as 24 Horas de Le Mans en 1955, pero viuse cuestionado pola súa implicación no accidente da traxedia de Le Mans de 1955 que empañou a carreira. Hawthorn morreu nun accidente de tráfico seis meses logo da súa retirada, sufría dunha enfermidade terminal.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nado en Mexborough (West Riding of Yorkshire, Inglaterra) fillo de Leslie e Winifred (de solteira Symonds) Hawthorn,[1] estudou no Ardingly College, West Sussex, seguindo estudos na universidade técnica de Chelsea e unha aprendizaxe cun fabricante de vehículos comerciais.[2] O seu pai era dono do Tourist Trophy Garage en Farnham, concesionario de varias marcas de alta gama como Jaguar e Ferrari.[3] O seu pai correu en motocicletas e apoiou a carreira deportiva do seu fillo; cando o pai morreu nun accidente de tráfico, en 1954, Mike Hawthorn herdou o negocio.[4]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Mike Hawthorn fixo a súa debut na competición no seu Riley Ulster Imp, KV 9475 de 1934, gañando a clase de 1100 C.C. de autos deportivos nas probas de velocidade Brighton o 2 de setembro de 1950..[5] En 1951, pilotando un 1½ litros TT Riley, participou no Motor Sport Brooklands Memorial Trophy, gañando por un punto.[6] Tamén gañou o Ulster Trophy Handicap en Dundrod e o Leinster Trophy en Wicklow nese ano.[7]
Para 1952, cambiouse aos monoprazas e durante esa tempada gañou a súa primeira carreira nun Cooper-Bristol T20 de Fórmula 2 en Goodwood. Seguido doutros éxitos que chamaron á atención de Enzo Ferrari que lle ofreceu unha unidade de fábrica. Fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Bélxica de 1952 no lendario circuíto de Spa-Francorchamps, terminando en cuarta posición. Cara ao final da tempada, xa conseguira o seu primeiro podio, cun terceiro lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1952 [8] e un par de cuartas posicións pilotando un Cooper.[9]
Na Scuderia Ferrari na tempada de 1953, Hawthorn mostrou de inmediato a súa valía cunha vitoria, no seu noveno intento, no Gran Premio de Francia de 1953 no circuíto de Reims-Gueux, superou na táctica a Juan Manuel Fangio na que alcumouse como "a carreira do século", segundo as crónicas cambiaron o liderado en case todas as curvas do circuíto de Reims. Ademais, logo de 500 km de carreira, os catro coches de cabeza tiñan menos de 5 segundos de diferenza.[10] Este e putros dous podios axudáronlle a terminar a tempada cuarto na xeral.[11] Tamén gañou o BRDC International Trophy [12] e o Ulster Trophy [13] así como as 24 Horas de Spa Francorchamps co seu compañeiro de equipo en Ferrari Giuseppe Farina.[14]
Hawthorn tivo menos sorte en 1954, sufrindo queimaduras graves nun accidente durante o Gran Premio de Siracusa, pero terminou o ano con tres segundos postos e unha vitoria no final de tempada en España, quedando terceiro no campionato de pilotos.[15] Trala morte do seu pai, Hawthorn deixou Ferrari para competir co equipo Vanwall de Tony Vandervell, xa que tiña que pasar máis tempo no concesionario da familia que herdara, pero logo de dúas carreiras volveu a Ferrari.
24 Horas de Le Mans de 1955
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1955, Hawthorn uniuse ao equipo de carreiras de Jaguar, en substitución de Stirling Moss, que marchara a Mercedes..[16] Hawthorn gañou as 24 Horas de Le Mans de 1955. Logo do que foi descrito como unha pilotaxe inspirada na que estableceu a marca de volta de 196´340 km/h durante un duelo de tres horas con Fangio nas primeiras etapas. A carreira viuse empañada polo peor desastre na historia do automobilismo, un accidente no que morreron 84 espectadores e o piloto Pierre Levegh, logo de que Hawthorn freara de súpeto diante do Healey de Lance Macklin logo de alcanzalo para entrar en boxes, causando que Macklin desviárase cara á traxectoria do Mercedes de Levegh. Logo de chocar co Healey, o Mercedes saltou o terraplén de terra que separaba a área dos espectadores e a pista, envorcou e rebotou no extremo das bancadas dos espectadores, entón golpeou a estrutura dunha escaleira de formigón. O impacto desintegrou a parte dianteira e lanzou o coche en alto, dando voltas e lanzando restos sobre a multitude. A carrozaría dianteira caeu directamente sobre a multitude. A suspensión dianteira, motor, e outros restos voaron pola zona dos espectadores deixando franxas de destrución fronte ás tribunas. O resto do coche aterrou no terraplén de terra e estalou en chamas. Oito horas máis tarde, cando lideraba a carreira 1´5 voltas por diante do equipo Jaguar, o equipo Mercedes retirouse da carreira, aparentemente como un sinal de respecto polos falecidos no accidente; o equipo Jaguar foi invitado a unirse a eles, pero negouse.[17] A prensa francesa realizou fotografías de Hawthorn e Ivor Bueb celebrando a súa vitoria coa champaña habitual, pero tratáronos con desprezo. A investigación oficial sobre o accidente determinou que Hawthorn non era responsable do accidente, e que non era máis que un incidente de carreira. A morte dos espectadores atribuíuse ás normas de seguridade inadecuadas para o deseño da pista. As zonas de tribuna e boxes demolironse e reconstruíronse pouco despois. O número de mortos levou á prohibición dos deportes de motor en Francia, España, Suíza, Alemaña e outras nacións, ata que as pistas lograron un mellor nivel de seguridade.
Campionato do mundo de 1958
[editar | editar a fonte]Outro cambio de equipo en 1956, esta vez co equipo BRM, foi un fracaso, e o seu único podio chegou en Arxentina, onde a non participación de BRM permitiulle pilotar un Maserati 250F.[18]
En 1957, Hawthorn volveu co equipo Ferrari de fábrica, e pronto fíxose amigo de Peter Collins, un compatriota e piloto do equipo Ferrari. Durante as tempadas 1957 e 1958, os dous ingleses engancharonse nunha feroz rivalidade con Luigi Musso, outro piloto de Ferrari, polos premios en efectivo. Hawthorn gañou o Gran Premio de Francia de 1958 en Reims, no que Musso resultou ferido mortal cando ía no segundo lugar.[19]
Hawthorn gañou o campionato de 1958 de Fórmula 1. Unha vitoria, no Gran Premio de Francia, e sete podios permitíronlle vencer ao seu compatriota Stirling Moss, a pesar de que este logrou catro triunfos e nove podios. Lideraba facilmente no Gran Premio de Mónaco de 1958 cando explotou o motor do seu 246,[20] mentres que en Monza estaba un minuto por diante de Tony Brooks cando o seu embrague obrigoulle a reducir a velocidade para quedar na segunda posición.[21]
Hawthorn beneficiouse enormemente da cabaleirosidade de Moss, como se demostrou no Gran Premio de Portugal de 1958 en Porto. Hawthorn foi descualificado por arrincar o seu coche parado costa abaixo en dirección contraria, no camiño a un segundo posto. Moss intercedeu a favor de Hawthorn e a decisión foi revertida en última instancia.[22] Logo dunha parada en boxes a media carreira, Hawthorn acelerou de novo a través da pista para gañar un punto extra pola volta máis rápida. Moss non respondeu, posiblemente dubidando de que Hawthorn puidera facer a volta rápida cos seus freos de tambor danados. Este punto adicional no campionato do mundo máis os puntos do segundo lugar contribuíron a que Hawthorn gañara o campionato cun total na tempada de só un punto máis que Moss. Na última carreira, o Gran Premio de Marrocos de 1958, Hawthorn fixo unha carreira táctica conservadora co obxectivo de manterse diante dos compañeiros de Moss en Vanwall. O coche de Brooks rompeu e Stuart Lewis-Evans no terceiro Vanwall estrelouse logo dun intento desesperado por adiantar a Hawthorn polo terceiro posto, Evans morreu logo de sufrir queimaduras. Nas últimas voltas, o segundo clasificado Phil Hill desacelerou e deixou pasar a Hawthorn para lograr os puntos suficientes para gañar o campionato, foi a primeira vez que gañou un piloto inglés..[2][23]
Logo de gañar o título mundial, Hawthorn anunciou inmediatamente a súa retirada da Fórmula Un. O 22 de xaneiro de 1959, faleceu traxicamente nun accidente de coche. Unha das rúas de Farnham, a cidade onde viviu ata o final da súa vida, leva o seu nome.
Hawthorn caracterizouse por levar unha gravata de lazo cando corría,[24][25] en Francia foi alcumado como ‘Le Papillon’ (A bolboreta).[2]
A rivalidade con Luigi Musso
[editar | editar a fonte]Moitos anos logo da morte de Mike Hawthorn, Fiamma Breschi, a noiva de Luigi Musso no momento da súa morte, revelou a natureza da rivalidade de Musso con Hawthorn e Collins no documental de televisión, A vida secreta de Enzo Ferrari. Breschi recordou que o antagonismo entre Musso e os dous pilotos ingleses animou aos tres a tomar máis riscos:
"Os ingleses (Hawthorn e Collins) tiñan un acordo", dixo ela. "Se calquera deles gañaba, compartían as ganancias por igual. Eran eles dous contra Luigi, que non formaba parte do acordo. A unión facía a forza, e uníronse na súa contra. Este antagonismo en realidade era favorable e non prexudicial para Ferrari. Canto máis rápido ían os pilotos, máis probable era que gañara un Ferrari." Breschi contou que Musso tiña débedas no momento da súa morte, e o diñeiro por gañar o Gran Premio de Francia de 1958 (tradicionalmente o maior premio monetario da tempada), era o máis importante para el. Logo de visitar o mortalmente ferido Musso no hospital, Breschi xa de volta no seu hotel, foi informada xunto co resto do equipo Ferrari polo director do equipo, de que Musso morrera esa tarde.[26]
Aos trinta días Collins tamén morreu, e Hawthorn morreu no xaneiro seguinte. Breschi non puido reprimir un sentimento de liberación. "Eu odiábaos", dixo, "en primeiro lugar porque era consciente de certos feitos que non estaban ben, e tamén porque cando saín do hospital e regresei ao hotel, atopeinos na praza do hotel, rindo e xogando un partido de fútbol cunha lata de cervexa baleira. Así que cando morreron, tamén, foi liberador para min. Pola contra tería sentimentos desagradables cara a eles para sempre. Deste xeito puiden atopar un sentimento de paz".[19][27]
Outra versión di que Hawthorn, quedou de feito, profundamente afectado pola morte de Musso. Musso correra imprudentemente porqué necesitaba desesperadamente o diñeiro do premio para pagar aos seus acredores. Confiou as súas preocupacións financeiras a Collins, con miras á obtención de axuda; Collins consultouno con Hawthorn, pero Hawthorn negouse. A súa negativa non era un xesto egoísta, xa que en caso de gañar, o diñeiro do premio iría para a súa noiva Delaunay, a nai do seu fillo. Cando saíron do hospital en Reims, Hawthorn limitouse a patear unha lata de cervexa que estaba tirada no chan; Collins pateouna no rebote.[28]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Mike Hawthorn nunca casou, pero tivo un fillo, Michael Arnaud Delaunay, cunha moza que coñeceu en Reims logo de gañar o Gran Premio de Francia de 1953. Pero no momento da súa morte saía coa modelo de moda Jean Howarth, quen máis tarde casou con outro piloto de carreiras, Innes Ireland, en 1992.[29]
Morte
[editar | editar a fonte]O 22 de xaneiro de 1959, apenas uns meses despois da súa retirada, Hawthorn morreu nun accidente de tráfico na estrada A3, na circunvalación de Guildford, cando conducía o seu modificado Jaguar 3.4 litros berlina de 1954 (agora coñecido como o 3.4 Mk 1) VDU 881 a Londres. Aínda que as circunstancias do accidente están ben documentadas, a causa exacta permanece descoñecida.[30]
O accidente ocorreu nun punto negro da estrada, escenario de 15 accidentes graves (dous mortais) nos dous anos anteriores; O asfalto tamén estaba mollado nese momento. Conducía á unha velocidade estimada segundo unha testemuña de 130 km/h, Hawthorn adiantou a un coche Mercedes-Benz 300SL 'ás de gaivota' deportivo conducido por un famoso, o director do equipo de carreiras Rob Walker. Ao entrar nunha curva á dereita pouco despois de pasar ao Mercedes, Hawthorn recortou un bolardo "Keep Left" que dividía as dúas calzadas, o que lle fixo perder o control. O Jaguar foise de fronte a un camión Bedford que se achegaba en dirección contraria antes de vlver de novo ao seu carril e sairse para chocar contra unha árbore á beira do camiño, arrincándoo de raíz. O impacto causou lesións mortais a Hawthorn e o lanzou ao asento traseiro.
Houbo inevitables especulacións de que Hawthorn e Walker estiveran competindo entre eles, orixinadas pola persistente negativa de Walker á investigación do xuíz de instrución para estimar a velocidade do seu propio coche nese momento.[31] Nunha entrevista co piloto de carreiras de motor Eoin Young e o escritor Eric Dymock en 1988, Walker admitiu que estivera correndo con Hawthorn, pero fora aconsellado por un policía que investigaba o accidente para non facer ningunha mención para non incriminarse.[32]
As posibles causas do accidente inclúen un erro do piloto, un síncope, ou fallo mecánico, aínda que o exame dos restos non revelaron ningún fallo. Hai evidencia que Hawthorn sufrira recentemente desmaios, quizais debidos á falta dun ril.[33] En 1955, Hawthorn xa perdera un ril por unha infección, e comezara a sufrir problemas co outro. Tiña unha esperanza de vida de só tres anos máis.[34]
Na vista xudicial o 26 de xaneiro o xurado resolveu un veredicto de morte accidental.[35]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Resultados completos en Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Carreiras en negra indica pole position, cursiva volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | LD Hawthorn | Cooper T20 | Bristol I6 | SUI |
500 |
BEL 4 |
RU 3 |
ALE |
HOL 4 |
ITA Ret |
5º | 10 | ||||
AHM Bryde | Cooper T20 | Bristol I6 | FRA Ret |
|||||||||||||
1953 | Scuderia Ferrari | Ferrari 500 | Ferrari I4 | ARX 4 |
500 |
HOL 4 |
BEL 6 |
FRA 1 |
RU 5 |
ALE 3 |
SUI 3 |
ITA 4 |
4º | 19 (27) | ||
1954 | Scuderia Ferrari | Ferrari 625 | Ferrari I4 | ARX DSC |
500 |
BEL 4* |
RU 2 |
ALE 2* |
SUI Ret |
ITA 2 |
3º | 24´64 | ||||
Ferrari 553 | Ferrari I4 | FRA Ret |
ESP 1 |
|||||||||||||
1955 | Vandervell Products Ltd. | Vanwall | Vanwall I4 | ARX |
MON Ret |
500 |
BEL Ret |
NC | 0 | |||||||
Scuderia Ferrari | Ferrari 555 | Ferrari I4 | HOL 7 |
ITA 10 |
||||||||||||
Ferrari 625 | Ferrari I4 | RU 6* |
||||||||||||||
1956 | Owen Racing Organisation | Maserati 250F | Maserati I6 | ARX 3 |
BEL NTS |
12º | 4 | |||||||||
BRM P25 | BRM I4 | MON NTS |
500 |
RU Ret |
ALE |
ITA |
||||||||||
Vandervell Products Ltd. | Vanwall | Vanwall I4 | FRA 10* |
|||||||||||||
1957 | Scuderia Ferrari | Lancia-Ferrari D50A | Lancia V8 | ARX Ret |
MON Ret |
500 |
4º | 13 | ||||||||
Ferrari 801 | Lancia V8 | FRA 4 |
RU 3 |
ALE 2 |
PES |
ITA 6 |
||||||||||
1958 | Scuderia Ferrari | Ferrari Dino 246 | Ferrari V6 | ARX 3 |
MON Ret |
HOL 5 |
500 |
BEL 2 |
FRA 1 |
RU 2 |
ALE Ret |
POR 2 |
ITA 2 |
MOR 2 |
1º | 42 (49) |
* Indica monopraza compartido
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Anor | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. na xeral |
Pos. por clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Scuderia Ferrari | Giuseppe Farina | Ferrari 340 MM Pininfarina Berlinetta | S5.0 | 12 | DSC (repostaxe ilegal) | |
1955 | Jaguar Cars Ltd. | Ivor Bueb | Jaguar D-Type | S5.0 | 307 | 1º | 1º |
1956 | Jaguar Cars Ltd. | Ivor Bueb | Jaguar D-Type | S5.0 | 280 | 6º | 3º |
1957 | Scuderia Ferrari | Luigi Musso | Ferrari 335 S | S5.0 | 56 | Ret (Motor) | |
1958 | Scuderia Ferrari | Peter Collins | Ferrari 250 TR 58 | S3.0 | 112 | Ret (Embrague) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Index entry". FreeBMD. ONS. Consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Bailey Skilleter, “Mike Hawthorn: Golden Boy" (PJ Publishing Ltd., ISBN 978-1-908658-06-7, 2015)
- ↑ "Mike Hawthorn - a Tribute ... The Tourist Trophy Garage:Standard Atlas Van Project". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ "Mike Hawthorn - A tribute". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2008. Consultado o 20 September 2014.
- ↑ Motor Sport, October 1950, Page 493; Motor Sport, August 1951, Page 379.
- ↑ Motor Sport, September 1951, Page 432.
- ↑ Motor Sport, January 1952, Page 11.
- ↑ "British GP, 1952 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Results 1952 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "French GP, 1953 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 11,0 11,1 "Results 1953 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 12,0 12,1 "Formula 2 1953 - International Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1953 - Ulster Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 January 2016.
- ↑ 15,0 15,1 "Results 1954 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ A letter from Mike Hawthorn Arquivado 27 de setembro de 2013 en Wayback Machine.. Mike-hawthorn.org.uk. Retrieved on 2013-08-16.
- ↑ "Mike Hawthorn & the 1955 24 Hours of Le Mans: The Cause and the Effect". ConceptCarz.com. Consultado o 15 de abril de 2013.
- ↑ "Argentine GP, 1956 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 19,0 19,1 "French GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Monaco GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Italian GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Portuguese GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Morocco GP, 1958 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ Daley, Robert (15 de abril de 2005). The Cruel Sport: Grand Prix Racing 1959-1967. St. Paul, MN USA: MotorBooks International. p. xv. ISBN 978-0-76032-100-3. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2013.
The world champion that year was the Ferrari driver Mike Hawthorn, a tall, blond young man who always wore a bow tie when racing. Always. He considered this important. It was his style.
- ↑ Salmon, Dick (1 de maio de 2007). Brm: A Mechanic's Tale. Dorchester, UK: Veloce Publishing. p. 58. ISBN 978-1-84584-082-2. Consultado o 4 de febreiro de 2013.
Invariably he would greet his friend Peter Collins with the words 'mon ami, mate' and was famous for his bow tie, which earned him the nickname 'Le Pappilon' (sic), meaning the butterfly.
[Ligazón morta] - ↑ Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 January 2004
- ↑ Williams, Richard, Richard Williams Talks to Fiamma Breschi, the Woman Behind Enzo Ferrari, The Guardian, 22 de xaneiro de 2004
- ↑ Shaw, D. (2012). One Glorious Hour: A True Story: July 1958-January 1959. D B Publishing, 2012. ISBN 978-1-78091-043-7
- ↑ Nixon, C. (1991). Mon Ami Mate. Transport Bookman Publications. 400 pages. ISBN 978-0-85184-047-5
- ↑ "Mike Hawthorn's fatal accident". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2014.
- ↑ Farnham Herald, 30 de xaneiro de 1959. How Mike Hawthorn met his death. (Report of coroner's inquest, Guildford Town Hall).[1] Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Dymock, E. (2011). Mike Hawthorn & Rob Walker. Books and eBooks on Cars and Motoring, 31 de outubro de 2011. Dove Publishing Ltd. [2] Arquivado 20 de xuño de 2013 en Archive.is
- ↑ Mike Hawthorn - 1958 World Champion Tribute Arquivado 28 de xullo de 2013 en Wayback Machine.. Mike-hawthorn.org.uk. Retrieved on 2013-08-16.
- ↑ Deadliest Crash:the Le Mans 1955 Disaster BBC Four documentary, broadcast 16 de maio de 2010
- ↑ "Open University - Surrey Constabulary Archives". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2014.
- ↑ "Leinster Trophy". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1952 - Lavant Cup". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 38,0 38,1 "1952 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 January 2016.
- ↑ Allen Brown. "Goodwood, 14 Apr 1952 « International Libre « OldRacingCars.com". www.oldracingcars.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1952 - National Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1952 - Ibsley". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ Allen Brown. "Dundrod, 7 Jun 1952 « International Libre « OldRacingCars.com". www.oldracingcars.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "British Empire Trophy". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1952 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1952 - Daily Mail Trophy". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Silverstone International". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1952 - Grand Prix of Switzerland". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of France". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Spa 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "12 h Pescara". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 51,0 51,1 "1953 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1953 - Pau GP". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1953 - Rouen GP". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1953 - Buenos Aires City GP". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of Switzerland". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Supercortemaggiore". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Tourist Trophy". Racing Sports Cars. Consultado o 26 January 2016.
- ↑ "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Spain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Monsanto". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1954 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Sebring 12 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Le Mans 24 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1955 London Trophy". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Supercortemaggiore". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Oulton Park International". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1955 International Gold Cup". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1956 Silverstone International Trophy". touringcarracing.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Supercortemaggiore". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1956 Formula Libre Races". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "12 h Reims". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1956 Formula 1 Grand Prix of Argentina". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Sveriges Grand Prix". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1956 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1957 Silverstone International Trophy". touringcarracing.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1957 Naples GP". Chicane F1. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1957 Formula 1 Grand Prix of Germany". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "GP Venezuela". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Sebring 12 Hours". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Nürburgring 1000 Kilometres". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1957 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1957 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Season". F1 Fansite. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1958 Glover Trophy". Chicane F1. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1958 Silverstone International". touringcarracing.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ http://www.f1-fansite.com/f1-results/results-1958-formula-1-grand-prix -of-france/
- ↑ "Nürburgring 1000 Kilometres". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Belgium". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Great Britain". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Portugal". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Morocco". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1958 Formula 1 Grand Prix of Argentina". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Targa Florio". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "500 Millas de Monza (Monzanapolis) 1958 standings". Driver Database. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mike Hawthorn |
Predecesor: Juan Manuel Fangio |
Campión da Fórmula 1 1958 |
Sucesor: Jack Brabham |
{{ORDENAR:Hawthorn, Mike}