Saltar ao contido

Mesa redonda de Algonquín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dorothy Parker con parte da plana maior da Mesa redonda do Algonquín e outros: Art Samuels (editor de Harper's e, brevemente, do The New Yorker), Charles MacArthur, Harpo Marx e Alexander Woollcott

A Mesa redonda de Algonquín, tamén denominada con ironía o Círculo vicioso de Algonquín, foi un grupo de xornalistas, críticos, escritores, actores e actrices relacionados co mundo do espectáculo e a farándula de Broadway (Nova York) que xantaba e reuníase no hotel Algonquín de Manhattan[1] ao redor de mesas de cribbage, bridge e póker, formando un acedo faladoiro crítico entre 1919 e 1929.[2]

Integrantes

[editar | editar a fonte]

A principal animadora do grupo foi a escritora e crítica teatral Dorothy Parker. Un elemento de unión do grupo era a súa lingua cáustica e velenosa, de forma tal que constituían unha especie de faladoiro Bilis club madrileño consagrado a acuñar maldades, chistes e epigramas ácidos sobre estreas e temas de actualidade nese tempo, durante as súas comidas e partidas de bridge e póker. Tamén xogaban as charadas e a o xogo chamado "podo darte unha frase", que deu lugar á memorable frase de Dorthy Parker usando a palabra horticultura: Podes dirixir unha horticultura, non a podes facer pensar".[3]

Foron integrantes permanentes do faladoiro do Algonquín, á parte de Dorothy Parker, o columnista, poeta e humorista Franklin Pierce Adams, o humorista e actor Robert Benchley, o columnista deportivo Heywood Broun, o dramaturgo Marc Connelly, a feminista Ruth Hale, o dramaturgo e director George S. Kaufman, o produtor de Broadway Brock Pemberton, o editor do The New Yorker Harold Ross, o escritor e dramaturgo Robert E. Sherwood, o publicista John Peter Toohey e o crítico e xornalista Alexander Woollcott.

Outras compoñentes movíanse máis libremente e participaban dun modo máis eventual: as actrices Tallulah Bankhead, Blyth Daly, Eva Le Gallienne, Margalo Gillmore, Estelle Winwood e Peggy Wood, os dramaturgos Noël Coward, Edna Ferber, Donald Ogden Stewart, Beatrice Kaufman; as escritoras Jane de Grant, Margaret Leech e Alice Duer Miller, a ilustradora de revistas Neysa McMein, os humoristas Groucho e Harpo Marx e Frank Sullivan, e o compositor Deems Taylor.[4][5]

No grupo do Algonquín fraguáronse moitas colaboracións literarias e artísticas e foi un venero de creatividade polo menos no terreo da arte dramática.

Partícipes regulares

[editar | editar a fonte]
  • Franklin Pierce Adams, columnista
  • Robert Benchley, humorista e actor
  • Heywood Broun, columnista e xornalista deportivo
  • Marc Connelly, dramaturgo
  • George S. Kaufman, dramaturgo e director de escena

Partícipes irregulares

[editar | editar a fonte]

O documental premiado cun Óscar en 1987[6] The Ten-Year Lunch trata sobre este grupo e La señora Parker y el círculo vicioso (1994) é unha película estadounidense escrita e dirixida por Alan Rudolph que tenta reproducir a época e grupo do Algonquín.[7]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • James R. Gaines; Wit's End: Days and Nights of the Algonquin Round Table, New York: Harcourt, 1977.
  • Nat Benchley e Kevin C. Fitzpatrick; The Lost Algonquin Round Table: Humor, Fiction, Journalism, Criticism and Poetry from America's Most Famous Literary Circle, 2009.
  • Harpo Marx "Harpo fala!"; Seix Barral , 2010
  1. "The Round Table - Restaurant Near Times Square - The Algonquin Hotel". Algonquin Hotel (en inglés). Consultado o 2024-10-13. 
  2. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2016. 
  3. Herrmann, Dorothy (1982). With Malice Toward All: The Quips, Lives and Loves of Some Celebrated 20th-Century American Wits. New York: G. P. Putnam's Sons. ISBN 0-399-12710-0. 
  4. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2016. 
  5. "Algonquin Round Table". Algonquin Round Table (en inglés). 2024-03-19. Consultado o 2024-10-13. 
  6. "Gainesville Sun - Google News Archive Search". archive.ph. 2013-01-24. Consultado o 2024-10-13. 
  7. "La Sra. Parker y el círculo vicioso (1994)" (en castelán). Consultado o 2024-10-13.