Saltar ao contido

Franklin Pierce Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFranklin Pierce Adams

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 1960 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteLibrary of the World's Best Literature
Collier's New Encyclopedia Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Adams-18014

Franklin Pierce Adams, nado en Chicago en 1881 e finado en Nova York en 1960, foi un xornalista e escritor norteamericano. Always in Good Humour e The Conning Tower foron os títulos das súas columnas diarias na prensa neoiorquina, asinadas como FPA.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar no Chicago Journal en 1903, pero xa en 1904 pasou ao New York Evening Mail , onde traballou ata 1913, cando pasou ao New York Tribune.
Durante a primeira guerra mundial traballou no xornal do exército norteamericano Stars and Stripes en Washington DC e en Francia como capitán do servizo de intelixencia, despois da guerra volveu a Nova York. En 1921 estivo no New York World, en 1931 no New York Herald Tribune , en 1937 no New York Post ata 1941.
En 1938 participa no programa de radio Information, Please

  • Tobogganing on Parnasus, tradución de poemas de Horacio e outros autores clásicos, 1910
  • By and Large, 1914
  • Something Else Again, 1920
  • So Much Velvet, 1924
  • Cristopher Columbus and Other Patriotic Verses, 1935
  • The Melancholy Lute: Selected Songs of Thirty Years , 1936.