Saltar ao contido

Matacandil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matacandil
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: Coprinus
Especie: C. comatus
Nome binomial
Coprinus comatus
(O.F.Müll.) Pers. (1797)
Sinonimia[1]
  • Agaricus cylindricus Schaeff. (1774)
  • Agaricus comatus O.F.Müll. (1780)
  • Agaricus vaillantii J.F.Gmel. (1792)

O matacandil (Coprinus comatus), tamén coñecido como barbuda, é un cogomelo da orde dos Agaricales.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O sombreiro é de cor branca-sepia, con escamas imbricadas algo máis escuras. O diámetro é de 3 a 8 cm., e a altura de até 20 cm. As lamelas son primeiro brancas, logo rosadas e ó final negras.

O é longo, liso e oco cun anel baixo. Sepárase facilmente do chapeu e pode alcanzar 20 cm. de altura.

As esporas son de cor verde.

Hábitat e época

[editar | editar a fonte]

Medra en pasteiros ben abonados, parques, bordos de camiños, terreos removidos e vertedoiros, desde primavera até finais de outono.

Comestibilidade

[editar | editar a fonte]

Considérase un comestible excelente, aínda que ten que consumirse o mesmo día que se colleita.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ. (en castelán)
  • Shelley Evans, Geoffrey Kibby, 2004: Guías de bolsillo. Hongos. Ed. Omega. ISBN 84-282-1089-6. (en castelán)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Coprinus comatus (O.F. Müll.) Pers. 1797". MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 2012-03-03.