Mofo
O mofo ou balor[1] é un fungo filamentoso que medra sobre a materia orgánica, tanto ao aire libre como en interiores. Existen moitas especies de fungos; estímase que pode haber decenas de miles, quizais máis de trescentas mil.[Cómpre referencia]
Características
[editar | editar a fonte]O mofo crece mellor en condicións cálidas e húmidas pero tamén o fai en condicións adversas, como no interior dun frigorífico. De feito, as esporas do mofo poden sobrevivir en condicións ambientais moi variables, mesmo en extrema sequidade, aínda que non favorecen o crecemento normal do mofo. O mofo medra no pan e noutros tipos de alimentos, facéndoos ás veces incomestibles para a xente en xeral[2] e os alérxicos en particular.[3]
Ademais, algúns tipos de mofo, como Penicillium roqueforti e Penicillium camemberti, son fundamentais na produción de queixos como o queixo azul, o queixo Roquefort e o queixo Camembert[4].
Os fungos son un grupo de organismos bastante comúns que teñen unha importante función nos ecosistemas.[5]
A penicilina, un antibiótico que salvou moitas vidas, obtense a partir do mofo Penicillium.[6] Outro grupo de microorganismos ascomicetos, como os mofos, son os lévedos, entre as que se pode cita-lo fermento.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "balor". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Mold allergy-Mold allergy - Symptoms & causes". Mayo Clinic (en inglés). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ CDC (2024-06-23). "Fungal Diseases". Fungal Diseases (en inglés). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Why Cheese Has Mold". The Spruce Eats.[Ligazón morta]
- ↑ 5,0 5,1 "Mold". Encyclopedia Britannica.
- ↑ "The Fungus Among Us: Why the Treatment of Fungal Infections Is So Problematic". Frontiers for Young Minds (en inglés). doi:10.3389/frym.2020.557533/full. Consultado o 2024-07-04.
----
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |