Luigi Taveri
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1929 ![]() Horgen (Suíza) ![]() |
Morte | 1 de marzo de 2018 ![]() Suíza ![]() |
Causa da morte | ictus ![]() |
Residencia | Samstagern (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, emprendedor ![]() |
Deporte | Motociclismo de velocidade ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() |
Luigi Taveri, nado en Horgen o 19 de setembro de 1929 e finado o 1 de marzo de 2018 nun hospital do cantón de Zúric, foi un motociclista suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou no mundo do motociclismo profesional en 1953 en 350cc pilotando unha AJS. En 1962 venceu o mundial de 125cc cunha Honda. Tamén conquistou seis grandes premios: Francia, Irlanda, Bélxica, Ulster, Alemaña Oriental e Holanda totalizando 48 puntos na clasificación xeral. En 1964 conseguiu o seu segundo mundial, tamén en 125cc, cun total de 46 puntos. En 1966 con cinco vitorias conseguiu o segundo posto. Ó remate desa temporada retirouse da alta competición.