Saltar ao contido

Lingua chickasaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chickasaw
Chikashsha
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
Rexións: Centro de Oklahoma
Total de falantes: 75 (2017)[1]
Familia: Muskogee
 Occidental
  Chickasaw
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: cic
Mapa

En azul o territorio histórico dos falantes de chickasaw. En verde o territorio actual onde hai algúns falantes.
Status

O chickasaw está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua chickasaw (Chikashshanompa) é unha lingua da familia muskogee tradicionalmente falada polo pobo nativo americano chickasaw, do sueste dos Estados Unidos. É unha lingua aglutinante estreitamente relacionada, mais non completamente intelixible, co choctaw. É falada por só 75 membros da tribo chickasaw, residentes no sueste de Oklahoma, e todos eles teñen máis de 55 anos.[1]

Rexurdir da lingua

[editar | editar a fonte]

O programa de revitalización da lingua chickasaw, creado no 2007, emprega os alfabetos de Munro-Willmond e Humes alphabets. Debido a que o chickasaw é unha lingua falada, "non hai xeito correcto ou incorrecto de deletrear o chickasaw."[3] Chickasaw ten actualmente programas de aprendizaxe individualizados,[4] de comunidades, e de autoestudo.[3]

A aplicación "Chickasaw Language Basic" está dispoñible en iPhone, iPad, e outros dispositivos iOS.[5]

  1. 1,0 1,1 "Chickasaws Are On the Move." Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine. Linguistics Society of America Committee on Endangered Languages and their Preservation. Consultado o 9 de abril de 2012.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Lingua". The Official Site of the Chickasaw Nation. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2012. 
  4. [1] Consultado o 9 de abril de 2012.
  5. "App Shopper: Chickasaw Language Basic for iPhone/iPod Touch (Education)". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gordon, Matthew. (2004). "A phonological and phonetic study of word-level stress in Chickasaw". International Journal of American Linguistics, 70 (1), 1-32.
  • Gordon, Matthew; Munro, Pamela; Ladefoged, Peter (2000). Some phonetic structures of Chickasaw. Anthropological Linguistics 42. pp. 366–400. 
  • Gordon, Matthew; Munro, Pamela; Ladefoged, Peter (2001). Illustrations of the IPA: Chickasaw. Journal of the International Phonetic Association 31. pp. 287–290. doi:10.1017/s0025100301002110. 
  • Munro, Pamela (2005). "Chickasaw". En Hardy, Heather K.; Scancarelli, Janine. Native Languages of the Southeastern United States. Lincoln, Nebraska: University of Nebraska Press. pp. 114–156. 
  • Munro, Pamela; Willmond, Catherine (1994). Chickasaw: An analytical dictionary. Norman: University of Oklahoma Press.
  • Munro, Pamela; Willmond, Catherine (2008) Let's Speak Chickasaw = Chikashshanompa' Kilanompoli'. Norman: University of Oklahoma Press.
  • "The Chickasaw People." www.utm.edu. 2017.