Saltar ao contido

Liga de Campións da UEFA 2002-03

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 2002-03
Imaxe
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2002-2003 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo17 de xullo de 2002 – 28 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata
Número de edición48 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoA.C. Milan (6º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos157 Editar o valor en Wikidata
Goles428 Editar o valor en Wikidata
GolRuud van NistelrooyManchester United FC (12) Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores7.535.491 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor en Wikidata

Estadio Old Trafford de Manchester, escenario da final da Liga de Campións da UEFA 2002-03.

A Liga de Campións da UEFA 2002-03 foi a edición número 48 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2002 e maio de 2003, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.

A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 2002, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en decembro de 2002 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o AC Milán, despois de derrotar nos penaltis ó Juventus FC na final, disputada o 28 de maio no Estadio Old Trafford de Manchester, logo de empatar sen goles no tempo regulamentado. Para os rossonero supuxo a súa sexta conquista da máxima competición europea.

Primeira Fase de Grupos

[editar | editar a fonte]

Segunda Fase de Grupos

[editar | editar a fonte]

A esta segunda fase de grupos pasaron os 2 primeiros equipos de cada grupo da primeira fase.

Os 2 primeiros equipos de cada grupo clasificáronse para disputar os cuartos de final da Liga de Campións.

Eliminatorias

[editar | editar a fonte]
Cuartos de final Semifinais Final
 8/9 de abril - 22/23 de abril  6/7 de maio - 13/14 de maio  28 de maio (Manchester)
                         
       
 Países Baixos Ajax Ámsterdan  0  2
 Italia AC Milán  0  3  
 Italia AC Milan (v)  0  1
   Italia Inter de Milán  0  1  
 Italia Inter de Milán (v)  1  1
 España Valencia CF  0  2  
 Italia AC Milán (p)  0 3
   Italia Juventus FC  0 2
 España Real Madrid  3  3
 Inglaterra Manchester United  1  4  
 España Real Madrid  2  1
   Italia Juventus FC  1  3  
 Italia Juventus FC (pr)  1  2
 España FC Barcelona  1  1  
Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2002-03
Estadio Old Trafford (Manchester)
Capacidade 63.215
Campión AC Milán
Finalista Juventus FC
Resultado 0 - 0 3-2 nos penaltis
Campión


Finalista


O partido final disputouse o 28 de maio de 2003, no Estadio Old Trafford de Manchester. Os dous equipos que a disputaron, Juventus FC e AC Milán, eran dous dos grandes dominadores das competicións europeas ao longo da súa historia. Ámbolos dous eran os equipos máis laureados de Italia, e tiñan 2 e 5 Copas de Europa respectivamente, antes da disputa do encontro. Esta era a primeira ocasión na que se disputaba unha final da Liga de Campións completamente italiana. Do mesmo xeito, esta foi a primeira vez que a final da máxima competición continental tivo lugar no histórico estadio Old Trafford. O AC Milán viña de ser campión de Europa por última vez na tempada 1993-94, mentres que o Juventus FC non sabía o que era iso dende a tempada 1995-96.

O AC Milán erguendo a Copa de Europa en 2003.

O encontro rematou co empate a cero inicial, e na prórroga tampoco houbo goles. Os equipos de Carlo Ancelotti e Marcelo Lippi tiveron que ir ós lanzamentos dende o punto de penalti. A Juventus FC fallou 3 lanzamentos da man de Trezeguet, Zalayeta e Montero, mentres que o AC Milán só fallou 2, lanzados por Seedorf e Kaladze. Deste xeito, foi o equipo rossonero o que se levou a final europea entre equipos italianos.

Era a sexta vez que o AC Milán gañaba o título de campión de Europa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]