Saltar ao contido

Lavr Kornilov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLavr Kornilov

(1916) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Лвов Георгиевич Корнилов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1870 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Ust-Kamenogorsk Uyezd (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte31 de marzo de 1918 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Krasnodar (Rusia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
EducaciónCorpo de cadetes de Omsk
Mikhailovsky Artillery School (en) Traducir
General Staff Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador, diplomático, oficial Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército Imperial Ruso e Infantaría Editar o valor en Wikidata
Rango militarGeneral of the Infantry (en) Traducir
capitán
shtabs-kapitan (en) Traducir
poruchik (en) Traducir
podporuchik (en) Traducir
podpolkovnik (pt) Traducir
major-general (pt) Traducir
Coronel
tenente xeneral
General of the Infantry (Imperial Russia) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Southwestern Front (en) Traducir e Exército Voluntário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra ruso-xaponesa
Primeira guerra mundial
Guerra Civil Rusa
Batalla de Galicia
Batalha de Mukden (pt) Traducir
Ofensiva Brusilov (pt) Traducir
Batalha de Sandepu (pt) Traducir
Marcha de gelo (pt) Traducir
Q4527023 Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Корнилов Лавр Георгиевич)
1922 Encyclopædia Britannica (en) Traducir
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Lavr Georgievich Kornilov (en ruso: Лавр Георгиевич Корнилов), nado en Ust-Kamenogorsk o 18 de xullo de 1870 e finado en Krasnodar o 13 de abril de 1918, foi un xeneral do exército ruso, máis coñecido polo intento de golpe de Estado ó Goberno provisional de Aleksandr Kerenskii, durante a Revolución Rusa de 1917.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Stanitsa Karkaralinskaya (станица Каркаралинская), no seo dunha familia cosaca de Semirechie. Exerceu como militar de profesión no exército do Imperio Ruso. Durante 1890 e 1904 liderou varias expedicións en Xinjiang, Afganistán e Irán e adquiriu coñecemento en diversos idiomas centroasiáticos. Durante a Guerra Ruso-Xaponesa foi condecorado coa Cruz de San Xurxo pola súa afouteza e ascendido ó grao de coronel.

Serviu como agregado militar na China durante 1907-11 e en calidade de Comandante Xeneral dirixiu a división de infantaría ó comezo da primeira guerra mundial, pero en abril de 1915 foi capturado polos austríacos. Fuxindo en 1916, foille concedido o mando do Distrito Militar de Petrogrado e en xullo de 1917 foi nomeado Comandante en Xefe das forzas armadas do goberno provisional.

O Xeneral Kornilov decidiu intervir na caótica situación de Rusia porque, ó igual que a clase media da época, cría que a constante deterioración da nación a convertería nunha anarquía e que unha derrota militar sería desastrosa para o orgullo e honra rusos. Lenin e os seus espías alemáns -dixo Kornilov- deben ser executados, os soviéticos erradicados, a disciplina militar restaurada e o goberno provisional reestruturado.

En agosto de 1917 Kornilov realizou un chamamento a todos os rusos para “salvar as súas terras” e ordenou ás súas tropas avanzar cara Petrogrado. Incerto no número de tropas inimigas, Kerenskii (Líder do Goberno Provisional) viuse obrigado a pedir axuda de todas partes, incluíndo a Garda Vermella bolxevique.

Logo do seu errado golpe de estado en setembro de 1917, Kornilov foi sentenciado a arresto domiciliario. A partir de entón, os bolxeviques fixéronse co poder no territorio ruso. De volta, fuxindo do encarceramento, Kornilov viaxou cara Novorcherkassk, onde xunto ó Xeneral Mikhail Alekseiev colaborou na formación do contra-revolucionario Exército Voluntario. Morreu en Krasnodar en abril de 1918, durante un enfrontamento co Exército Vermello, cando unha granada inimiga explotou no seu cuartel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pipes, Richard (1990). The Russian Revolution. Knopf.
  • Figes, Orlando (1996). A People's Tragedy. Viking.