La Aldea de San Nicolás
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | La Aldea de San Nicolás (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.449 (2024) (60,28 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 123,58 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 33 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose Miguel Rodriguez Rodriguez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35470 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35020 | ||||
Sitio web | laaldeasanicolas.es |
La Aldea de San Nicolás, ata 2005 denominada San Nicolás de Tolentino, é un municipio español pertencente á provincia das Palmas, nas illas Canarias. Está situado ao oeste da illa de Gran Canaria. A capital municipal chámase La Aldea de San Nicolás de Tolentino, aínda que os aldeáns coñécena popularmente como La Aldea.
O punto máis elevado do municipio é a montaña de Inagua, con máis de 1.300 metros de altura.
Polo Acordo de 28 de xullo de 2005 do Cabido Insular de Gran Canaria, publicado no Boletín Oficial da Provincia das Palmas nº136 de 24 de outubro de 2005, aprobouse cambiar o nome do municipio de San Nicolás de Tolentino a La Aldea de San Nicolás.
Localidades
[editar | editar a fonte]Artejevez, Barranquillo hondo, Casco, Castañeta, Cercadillos, El Albercón, El Cruce, El Hoyo, El Pinillo, El Polvorín, El Ribanzo, El Taharalillo, Jerez, La Cardonera, La Cruz, La Hoyita, La Ladera, La Playa, Ladera del Palomar, Las Marciegas, Las Tabladas, Lomo del Carmen, Los Cardones, Los Caserones, Los Espinos, Los Pasitos, Mederos, Molino de Agua, Molino de Viento, Tasarte, Tasartico e Tocodomán.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Sitio arqueolóxico de Los Caserones
- El Charco (Praia de San Nicolás)
- Muíño de La Ladera
- Varias casas de Patrimonio Histórico Cultural no casco do pobo
- O Peirao Vello
- Praia de Güi-Güi
- Cactualdea
Festas
[editar | editar a fonte]- San Isidro (15 de maio)
- San Luís Gonzaga (21 de xuño)
- San Xoán Bautista (24 de xuño)
- San Pedro (29 de xuño)
- A nosa Señora do Carme (16 de xullo)
- San Nicolás de Tolentino (10 de setembro), día do patrón do pobo. Realízase unha romaría. Ao día seguinte, o 11 de setembro, ten lugar a festa do Charco.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Aldea de San Nicolás |