Saltar ao contido

Haría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHaría
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 29°08′49″N 13°29′53″O / 29.14681, -13.49819
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaLas Palmas Editar o valor en Wikidata
CapitalHaría (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.507 (2023) Editar o valor en Wikidata (51,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie106,58 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude270 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Mariano Torres Stinga Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal35520 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE35010 Editar o valor en Wikidata

Sitio webayuntamientodeharia.com… Editar o valor en Wikidata

Haría é un concello canario da illa de Lanzarote, na provincia das Palmas. Ten unha extensión de 106,58 km² e unha poboación de 5.203 habitantes en 2011.

Desde época prehispánica o municipio de Haría ten numerosos asentamentos aborixes distribuídos por todo o territorio municipal. Atopamos así hábitats dispersos con estruturas pouco elaboradas como as de Tinache (Haría) ou en covas naturais (Malpaís de La Corona) ligadas a actividades de pastoreo e marisqueo.

Praia da Garita, en Arrieta.

Froito dos asentamentos na zona de Malpaís de La Corona foi a creación das Queseras de Bravo: estrutura radial en forma de queixeira esculpida en pedra volcánica, única no arquipélago e da que aínda se descoñece a súa utilidade e significado.

O nome de Haría atópase relacionado coa toponimia do lugar. Sábese que o val de Haría era coñecido polos aborixes co nome de "Faria", polo que esta denominación puido ser unha derivación da palabra aborixe "Chafariz" que significa fonte ou manancial de auga.

Tras a conquista en 1492 por Juan de Bethencourt e Gadifer de la Salle no val de Haría séguese mantendo un asentamento de poboación polas particularidades xeográficas e climáticas da zona, que a converten nun dos lugares máis fértiles da illa.

As continuas razzias durante as séculos XVI e XVII e os anos de seca provocaron fortes oscilacións na poboación do municipio, pero a pesar diso segue sendo o segundo núcleo de poboación máis habitado da illa logo de Teguise. Unha das incursións dos piratas máis nefastas para o municipio foi a que realizou o alxeriano Morato Arráez, cando ao mando de 600 homes atacou o 1 de agosto de 1586, o pobo de Faría, aprovisionándose de aves, cabras e verduras, queimando a continuación as colleitas e o palmeiral.

A Cueva de los Verdes xogou un papel fundamental na defensa da poboación insular ante os continuas ataques sufridos pola illa de Lanzarote, antes e logo da conquista.

Desde 1585 o beneficiado de Teguise concédelle a Haría pila bautismal e cura, dependentes deste beneficiado. Nestes momentos Haría é o único núcleo de poboación ao que se lle concede este privilexio, pois a distancia de Teguise e o alto número de veciños fai necesario que estes conten con estes servizos relixiosos.

En 1811 as Cortes de Cádiz derrogan por Decreto as illas de señorío quedando xa que logo a administración civil baixo a Coroa. En 1812 e tamén por decreto, distribúese a administración insular en municipios. Para 1835 xa se atopa configurado o mapa municipal de Lanzarote formando Haría parte dos oito municipios creados nese entón.

O desenvolvemento turístico dos anos 70/80 provocou cambios na economía. As zonas máis fértiles do municipio son a veiga de Máguez e o val de Haría, e nestes lugares atopamos plantacións de papas, legumes, cereais, hortalizas etc. No resto do municipio atopamos pequenas plantacións adaptadas ao medio e salteadas por árbores froiteiras e viñas.

A riqueza pecuaria viña dada pola existencia de gando caprino e ovino, que adoitaban localizarse na zona do Malpaís de la Corona e debaixo do risco, sendo o seu traslado estacional.

A única industria coa que contou o municipio foron as salinas, destinada á produción de sal para abastecer o mercado interinsular. As Salinas do Risco son as máis antigas das Canarias, do século XV. As de Orzola foron construídas nos anos 40 e estiveron funcionando ata os anos 70.

O cambiou de capitalidade en 1852 a favor de Arrecife relega ao pobo de Haría a unha situación de menor categoría.

A economía da illa estivo sempre suxeita ás fluctuaciones do mercado internacional. A seca e a importación máis barata de grans e fariñas estranxeiras provoca a caída do mercado municipal o que trouxo consigo a diáspora cara a Cuba, Venezuela e o Uruguai. Ao pouco aparece o nopal (cochinilla) pero a finais de século a aparición dos colorantes artificiais volve provocar a emigración dos veciños do municipio a Gran Canaria, Tenerife, Cuba e Venezuela.

Miradoiro do Río

Demografía e organización territorial

[editar | editar a fonte]

O municipio de Haría atópase situado ao norte da illa de Lanzarote ocupando 107 km. A maior parte do seu perímetro, concretamente 42 km, está ocupado por zonas costeiras, sendo a zona setentrional máis acantilada que a oriental onde a costa é máis suave permitindo a formación de praias. Presenta unha superficie de 106,6 km² dos cales un 30% aproximadamente é Espazo Natural Protexido. O municipio atópase conformado actualmente por dez núcleos de poboación: Haría, Máguez, Guinate, Ye, Órzola, Punta Mujeres, Arrieta, Tabayesco, Mala e Charco del Palo, cunha poboación de 4.500 habitantes.

En 1900 o municipio de Haría contaba cunha poboación de feito de 3.101 e de dereito de 3.189 persoas. En 1979, debido a factores económicos, os índices de poboación descenden pasando a ter unha poboación de feito de 2.897 e de dereito de 2.899 persoas. Na actualidade o municipio conta cun censo de poboación de 5.049 persoas (INE, 2007).

Tradicións

[editar | editar a fonte]

Artesanía

A palmeira proporciona a materia prima necesaria para a realización da cestería, así como do traballo de palma (esteiras, vasoiras, sombreras de palmeira anana trenzado, empleitas para o queixo, bolsos etc.)

Máguez e Haría presentan a particularidade de ataviar as vasoiras de palma coa vestimenta tradicional da illa.

En Máguez, a principios do século XX, desenvolveuse a artesanía do atillo, que aínda se segue mantendo. O atillo extráese da pitera.

Festas

As festas máis destacadas son as de San Xoán en Haría, por ser o patrón de municipio. Marca o inicio do verán. É tradicional festexala coa celebración dunha gran fogueira onde se queima a Facundo o día 23 pola noite. Esta manifestación está vinculada con algúns ritos propios da cultura prehispánica relacionados coa recollida das colleitas.

Outras festas destacadas son os Entroido é en Haría, Santa Bárbara en Máguez e El Pino en Punta Mujeres.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]