Kiri Te Kanawa
Dame Kiri Te Kanawa (ˌkɪri ti- ˈkɑːnəwə), DBE, nada en Gisborne (Illa Norte, Nova Zelandia) o 6 de marzo de 1944, rexistrada ao nacer co nome Claire Mary Teresa Rawstron, é unha cantante de ópera (de tesitura soprano) neozelandesa-irlandesa-maorí.[1] A soprano é considerada unha suprema expoñente da súa xeración en papeis de Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Strauss, con incursións de éxito no repertorio de Giuseppe Verdi, Georg Friedrich Händel e a música francesa. De gran beleza física e porte que a fixo ideal para encarnar princesas, condesas e personaxes nobres, a súa voz, de textura e timbre facilmente recoñecibles convertérona nunha das máximas divas dos anos oitenta.
Estímase que en 1981 foi vista e escoitada por uns 600 millóns de persoas en todo o mundo cando interpretou a aria "Let the Bright Seraphim", de Händel, na voda de Carlos, Príncipe de Gales e Lady Diana Spencer.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Te Kanawa foi adoptada por unha familia maorí cando aínda era unha nena, e pouco se sabe dos seus pais biolóxicos: só que, por unha banda, a súa nai adoptiva e a súa nai biolóxica son da mesma orixe: irlandesas, e que, pola outra, o seu pai adoptivo e o seu pai biolóxico son do mesma orixe: maorís.
Na súa adolescencia e primeira mocidade, Te Kanawa foi unha popular cantante de entretemento en Nova Zelandia. A súa gravación de Nun's Chorus, de Casanova, a opereta composta por Ralph Benatzky en 1928 con música de Johann Strauss (fillo), gañou o primeiro disco de ouro de Nova Zelandia.[2]
Estudou no seu país de orixe cunha relixiosa, sor Mary Leo, e en 1965 gañou un concurso de canto e recibiu unha bolsa para estudar en Londres. En 1966 inscribiuse no London Opera Centre, onde estudou con Vera Rozsa.
Te Kanawa comezou a súa carreira como mezzosoprano, pero máis tarde, por consello do director de orquestra Richard Bonynge, converteuse en soprano. Tras participar en pequenos papeis nas óperas Don Carlos, Boris Godunov, Parsifal, Die Zauberflöte e Rigoletto, foi descuberta por Sir Colin Davis en audicións para Le nozze di Figaro en 1969.
En 1971, Te Kanawa fixo un soado debut no Royal Opera House (Covent Garden) como a Condesa Almaviva, en Le nozze di Figaro, de Mozart, e cantou logo coa Ópera de Escocia, coa Ópera de Berlín, no festival de Glyndebourne, na Ópera de San Francisco e na Ópera de Santa Fe, onde cantara meses antes do debut londiniense a súa primeira condesa mozartiana.
Seguiu un sensacional debut no Metropolitan Opera en 1974, substituíndo a Teresa Stratas como Desdémona na ópera de Verdi Otello xunto a Jon Vickers, dirixidos por James Levine.
Nos anos seguintes, actuou na Ópera Lírica de Chicago, na Ópera de París, na Ópera de Sydney, na Ópera de Viena, na Scala de Milán, na Ópera de San Francisco, na Ópera de Múnic e na Ópera de Colonia, e engadiu as personaxes de Mozart Dona Elvira, Pamina e Fiordiligi, ademais de personaxes italianas, como Mimi, de La Bohème.
Te Kanawa destacou nas heroínas máis líricas de Richard Strauss: Marschallin, de Der Rosenkavalier; a Condesa, de Capriccio, e a protagonista de Arabella, así como en Vier letzte Lieder do compositor, e en certos papeis de Verdi, como Amelia, de Simón Boccanegra; Violeta, en La traviata, e Desdémona, en Otello.
En 1979 foi Donna Elvira no filme Don Giovanni sobre a ópera de Mozart, dirixido por Joseph Losey.
En 1982 cantou a súa única Tosca, de Giacomo Puccini, en París, e agregou ao seu repertorio Elizabeth de Valois, de Don Carlo, de Verdi.
Destacou tamén como intérprete de comedia musical en versión de concerto e de crossover.
Retirouse do escenario da ópera en 2004 con Vanessa, de Samuel Barber, nos Ánxeles e en Washington, mais continuou a actuar esporadicamente en concertos, pasando a maior parte do seu tempo na súa residencia de Bay of Isles, en Nova Zelandia.
Honras
[editar | editar a fonte]Entre as honras recibidas, foi nomeada Dame Commander da Orde do Imperio Británico en 1982, investida coa Orde de Australia en 1990 e condecorada coa prestixiosa Orde de Nova Zelandia en 1995. Tamén recibiu títulos honoríficos de universidades como: Cambridge, Oxford, Nottingham, Durham, Dundee, Warwick, Chicago, Auckland e Waikato, así como membro honorario do Somerville College, Oxford e do Wolfson College, Cambridge.
En 2009 foi engadida ao Hollywood Hall of Fame.
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Fundou a organización que leva o seu nome para promover os mozos cantantes do seu país.
Vida privada
[editar | editar a fonte]En 1967 casou con Desmond Park, con quen adoptou dous nenos (Antonia e Thomas) e de quen se divorciou en 1997. É tamén unha ávida golfista e cazadora.
Discografía de referencia
[editar | editar a fonte]- Bizet, Carmen (Micaela) (1975) Georg Solti
- Bernstein, West Side Story (1985) Leonard Bernstein
- Gay, The Beggar's Opera (1981) Richard Bonynge
- Gounod, Faust (1986) Colin Davis
- Händel, Messiah (1984) Georg Solti
- Mozart, Don Giovanni (1972) Colin Davis
- Mozart, Così fan tutte (1977) Alain Lombard
- Mozart, Die Zauberflöte (1978) Alain Lombard
- Mozart, Le nozze di Figaro (1981) Georg Solti
- Mozart, Così fan tutte (1988) James Levine
- Mozart, Le nozze di Figaro (1990) James Levine
- Mozart, Der Schauspieldirektor (1990) John Pritchard
- Mozart, Die Zauberflöte (1989) Neville Marriner
- Puccini, Tosca (1985) Georg Solti
- Puccini, La rondine (1982) Lorin Maazel
- Puccini, Manon Lescaut (1987) Riccardo Chailly
- Puccini, La Bohème (1994) Kent Nagano
- Johann Strauss II, Die Fledermaus (1990) André Previn
- Richard Strauss, Arabella (1986) Jeffrey Tate
- Richard Strauss, Der Rosenkavalier (1990) Bernard Haitink
- Richard Strauss, Vier letzte Lieder (1991) Georg Solti
- Richard Strauss, Vier letzte Lieder (1978) Andrew Davis
- Richard Strauss, Capriccio (1996) Ulf Schirmer
- Tchaikovsky, Eugene Onegin (1992) Charles Mackerras
- Verdi, Simon Boccanegra (1989) Georg Solti
- Verdi and Puccini Arias (1982) John Pritchard
- Verdi, Otello (1991) Georg Solti[3]
- Verdi, La traviata (1992) Zubin Mehta
- Wagner, Tannhäuser (1993) Marek Janowski (cantou o papel de Elisabeth nunha gravación de estudio coa Orquestra Philharmonia e o Coro Ambrosiano; banda sonora do filme Meeting Venus, dirixido por István Szabó)[4]
- Wagner, Siegfried, (cantou o papel do paxaro do bosque) (1992) Bernard Haitink
Recitais, crossover, música popular
[editar | editar a fonte]- Ave Maria (1984), colección de pezas relixiosas coa Orquestra de Cámara Inglesa e o coro da catedral de San Paulo de Londres
- Beethoven, Sinfonía n.º 9, Eugen Jochum
- Berlioz, Les Nuits d'Été, Daniel Barenboim
- Brahms, Ein deutsches Requiem, Georg Solti
- Come To The Fair - Folk Songs & Ballads, Gamsley
- Christmas with Kiri (1984)
- South Pacific (1986), Mauceri
- My Fair Lady (1987), Mauceri
- Kiri Sings Gershwin (1987), John McGlinn
- Heart To Heart (1991)
- The Kiri Selection (1991)
- Kiri Sings Kern (1991)
- Kiri Sings Michel Legrand
- Kiri Sings Cole Porter
- Paul McCartney, Liverpool Oratorio, Carl Davis (1992)
- Kiri Sidetracks (1992)
- Mozart, Gran misa en dó menor
- French Songs and Arias (1997)
- Maori Songs (1999)
- Kiri - The Best of (2001)
- The Very Best of (2003)
- Kiri Sings Karl (2006) – Karl Jenkins
DVD
[editar | editar a fonte]- Ópera
- Mozart, Don Giovanni, Lorin Maazel (filme de Losey)
- Mozart, Le nozze di Figaro, Glyndebourne, John Pritchard
- Puccini, Manon Lescaut, Covent Garden, Giuseppe Sinopoli
- Puccini, Tosca, París, Seiji Ozawa
- J.Strauss, Die Fledermaus, Plácido Domingo
- Strauss, Arabella, Met, Christian Thielemann
- Strauss, Der Rosenkavalier, Met, James Levine
- Strauss, Der Rosenkavalier, Londres, Georg Solti
- Strauss, Capriccio, San Francisco, Donald Runnicles
- Strauss, Kiri and Solti
- Verdi, Otello, Covent Garden, Georg Solti
- Verdi, Otello, Arena di Verona, Daniel Oren
- Verdi, Simon Boccanegra, Covent Garden, Georg Solti
- Verdi, Simon Boccanegra, Met, James Levine
- Recitais
- An Evening with Kiri Te Kanawa
- Kiri Te Kanawa: A Celebration Live at the Royal Albert Hall
- Christmas With Kiri Te Kanawa - Michael George
- Kiri Te Kanawa - Home & Afar
- Kiri Te Kanawa - Opera in the Outback
- The Making of West Side Story - Leonard Bernstein
- Dame Kiri and Friends - The Gala Concert
- Metropolitan Opera Gala - James Levine's 25th Anniversary
- Metropolitan Opera: Centennial Gala
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrada na Enciclopedia Británica en liña sobre Kiri Te Kanawa ((en inglés)) (consultada o 31 de xullo de 2012)
- ↑ Blog sobre Casanova, opereta de Ralph Benatzky inspirado en música de Johann Strauss II (en inglés)
- ↑ Páxina de iTunes con datos do disco Otello, de Giuseppe Verdi, con Luciano Pavarotti e Kiri Te Kanawa e a Chicaco Symphony Orchestra & Chorus, dirixidos por Sir Georg Solti
- ↑ Datos en Amazon.ca da banda sonora de Meeting Venus (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Entrevista con Kiri Te Kanawa e Sir John Pritchard por Bruce Duffie (19 de decembro de 1987).
- LaBlanc, Michael L. (1990). Contemporary musicians. Volume 2: profiles of the people in music. Detroit, Mich.: Gale Research. ISBN 9781414412856.
- 1000 makers of the millennium. DK Publishing, Inc. (1st American ed ed.). New York: DK Pub. 1999. ISBN 9780789447098. OCLC 41076136.
- Harris, Norman (1966). Kiri: music and a Maori girl. Wellington [N.Z.]: A.H. & A.W. Reed.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Le nozze di Figaro en 1973
- Kiri Te Kanawa cantanto unha canción maorí tradicional
- Official Artist's at IMG ArtistsArquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Enciclopedia Británica (en inglés)
- Te Kanawa Foundation website (en inglés)
- Famous New Zealanders: Kiri Te Kanawa". Christchurch City Libraries (en inglés)
- "Nun's Chorus" de Casanova, de Ralph Benatzky con música de Johann Strauss II