Kash Patel
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Kashyap Pramod Patel 25 de febreiro de 1980 (44 anos) Garden City, Estados Unidos de América |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Universidade de Richmond - grao en Artes Facultade de Dereito da Universidade Pace - Juris Doctor University College de Londres |
Actividade | |
Ocupación | avogado, funcionario |
Sitio web | fightwithkash.com |
Kashyap "Kash" Patel, nado en Garden City (Nova York) o 25 de febreiro de 1980[1] é un avogado estadounidense e antigo fiscal federal do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos[2]. Foi xefe de gabinete do secretario de Defensa dos Estados Unidos durante a primeira presidencia de Trump [3] serviu como funcionario do Consello de Seguridade Nacional dos Estados Unidos e asesor principal do Director en funcións de Intelixencia Nacional [4] [5]. En novembro de 2024 o presidente electo Donald Trump designouno para suceder a Christopher A. Wray como director do FBI [6].
Membro do Partido Republicano, Patel foi asistente principal do congresista Devin Nunes durante o seu mandato como presidente do Comité de Intelixencia da Cámara[7]. Mentres traballaba con Nunes, Patel xogou un papel fundamental para axudar os republicanos nas investigacións sobre Trump e a interferencia rusa nas eleccións de 2016[8] [9]. En 2018 Patel foi fundamental na elaboración do coñecido como memorando Nunes, que alegaba erros na solicitude do FBI para unha orde de vixilancia do asistente de campaña de Trump en 2016[10].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Kash Patel naceu nunha localidade de Long Island de pais indios gujaratis que emigraran aos Estados Unidos dende o Canadá procedentes de África Oriental [11]; seu pai traballaba como oficial financeiro nunha empresa de aviación e a familia criou a seu fillo nos valores hindús, Patel realizou a súa educación secundaria no Garden City High School[12].
En 2002 licenciouse en historia e xustiza penal na Universidade de Richmond[13], logrou o Juris doctorate na Facultade de Dereito da Pace University, Nova York en 2005, e obtivo un certificado en dereito internacional na University College London de Inglaterra en 2004 [14] [15] [11].
Carreira xurídica
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Despois da facultade de dereito, Patel aveciñouse en Florida e pasou oito anos como defensor público, primeiro na oficina do defensor público do condado de Miami-Dade e máis tarde como defensor público federal[16].
En 2014, Patel entrou a traballar como avogado litigante na División de Seguridade Nacional do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos, e asemade actuou como enlace xurídico co Comando Conxunto de Operacións Especiais[16]. En 2017 logrou un posto como conselleiro en contraterrorismo no Comité de Intelixencia da Cámara de Representantes [16] [14].
Axudante de Devin Nunes
[editar | editar a fonte]En abril de 2017 converteuse no asistente principal do presidente do Comité de Intelixencia da Cámara, Devin Nunes [17] [8]e Patel xogou un papel destacado na oposición republicana ás investigacións sobre Donald Trump e a inxerencia rusa nas eleccións de 2016 [8] [9]
Segundo The New York Times, Patel foi o autor principal do memorando coñecido como Nunes memo[18] que se fixo público o 2 de febreiro de 2018 no que se alegaba unha mala conduta do FBI ao solicitar unha orde do Tribunal de Vixilancia de Intelixencia Estranxeira (FISC) para a vixilancia electrónica do antigo axudante da campaña de Trump, Carter Page[10]. Esa afirmación cuestionouna o director do comité de persoal e un voceiro de Nunes. Patel non comentou en público o asunto. The New York Times opinou que se rexeitou o memorando polo seu nesgo e por conter "feitos escollidos", pero "galvanzou aos aliados do presidente Trump e converteu ao señor Patel nun heroe entre eles" [19].
Despois dos demócratas tomaren o control da Cámara de Representantes en xaneiro de 2019 [20] traballou durante aproximadamente un mes como avogado principal no Comité de Supervisión e Responsabilidades da Cámara[21].
Poder executivo
[editar | editar a fonte]Posicións
[editar | editar a fonte]O Consello de Seguridade Nacional (NSC) contratouno en febreiro de 2019 durante a etapa do presidente Donald Trump, e traballou no Directorio de Organizacións e Alianzas Internacionais[22] e en xullo de 2019 converteuse en director principal do Directorio Antiterrorista, [23] un novo posto creado para el [22]. Segundo The Wall Street Journal Patel dirixiu unha misión secreta a Damasco a principios de 2020 para negociar a liberación de Majd Kamalmaz e do xornalista Austin Tice, ambos os dous detidos polo goberno sirio [16].
En febreiro de 2020 comezou a traballar na Oficina do Director de Intelixencia Nacional (ODNI) [24], converténdose en adxunto principal [25] do Director Interino Richard Grenell. Máis tarde ese mes formou parte do séquito de Trump durante a visita de estado á India, e informes de prensa sinalárono como un dos dous estadounidenses de orixe india que acompañaron ao presidente[26] [27].
Escándalo Trump-Ucraína
[editar | editar a fonte]Aos poucos meses do nomeamento de Patel no NSC, xurdiron sospeitas que Patel asumira o papel de informador oficioso do presidente, o que se consideraba potencialmente prexudicial para a política estadounidense en Ucraína. Os sinais de alarma soaron cando Trump se referiu a Patel como "un dos seus principais especialistas en política en Ucraína" e, como tal, desexou "discutir documentos con el"[19], por canto o verdadeiro encargo de Patel eran cuestións antiterroristas, e non Ucraína. Pensábase que operaba independentemente como canle irregular e informal de Rudy Giuliani. Testemuñas da investigación informaron do que sabían de Patel. Fiona Hill díxolles aos investigadores que parecía que "Patel se estaba involucrando indebidamente na política de Ucraína e enviaba información ao Sr. Trump"[19] mais Gordon Sondland e Kent testemuñaron que non se atoparon con Patel durante o seu traballo[19].
Nunha reportaxe de outubro de 2019 Politico, por medio dunha fonte anónima que traballara na Casa Branca, informou que Patel tiña "acceso único" a Trump e que lle proporcionaba consellos "fóra do seu ámbito" sobre a política dos Estados Unidos en Ucraína [22] [28]. Patel negou esa información e, ao mes seguinte, demandou a Politico por difamación, e solicitou 25 millóns de dólares por danos [28].
O 3 de decembro de 2019, o informe do Comité de Intelixencia da Cámara incluía rexistros telefónicos, logrados mediante citacións a AT&T e/ou Verizon, no que se incluía unha chamada telefónica de 25 minutos entre Patel e Giuliani o 10 de maio de 2019[29] :58. A chamada produciuse despois de Giuliani e Patel intentaran infrutuosamente chamarse durante varias horas, e menos dunha hora despois dunha chamada entre Giuliani e Kurt Volker [29] :58. Cinco minutos despois da chamada de 25 minutos entre Giuliani e Patel, un número de teléfono non identificado chamou a Giuliani durante máis de 17 minutos, despois do cal Giuliani chamou ao seu asociado Lev Parnas durante aproximadamente 12 minutos [29] :58. Nunha declaración a CBS News o 4 de decembro de 2019, Patel negou formar parte da rede de informadores confidenciais de Giuliani en Ucraína, dicindo que "nunca foi unha vía de información para o presidente Trump sobre os asuntos de Ucraína, para nada, nunca" [30], e que a súa chamada con Giuliani fora "persoal" [31].
Proposto para dirixir o FBI ou a CIA
[editar | editar a fonte]Trump propuxo a Patel como potencial dirixente para o FBI ou a CIA a principios de 2021 tras as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2020. Trump considerara instalar a Patel como subdirector da CIA ou como director interino, o que requiriría despedir á directora da época Gina Haspel[32]. Esta proposta enfrontouse a unha resistencia importante, incluíndo o fiscal xeral William Barr, quen escribiu nas súas memorias que Patel se convertería en director do FBI só "por riba do seu cadáver"[33] [34] [32].
Departamento de Defensa dos EUA
[editar | editar a fonte]En novembro de 2020, Trump nomeouno xefe de gabinete do secretario de Defensa en funcións Christopher C. Miller, logo do cesamento do ata entón secretario de Defensa Mark Esper[35], Patel argumentou que Esper lle fora desleal a Trump ao negarse a despregar tropas militares en Washington para sufocar as protestas pola morte de George Floyd[8].Patel permaneceu no Pentágono tres meses[13]. A revista Foreign Policy relacionou a medida coa "negativa de Trump a aceptar os resultados das eleccións"[36]. Fundamentándose en entrevistas con expertos en defensa, Alex Ward de Vox suxeriu que o nomeamento de Patel "non foi desafortunado", "non cambiou moito" e mesmo puido servir para acelerar a retirada das tropas estadounidenses de Afganistán[37].
Despois das eleccións de novembro de 2020, Patel supostamente impediu que algúns funcionarios do Departamento de Defensa axudasen á transición á administración de Biden, segundo a NBC[17]. Como xefe de persoal, Patel dirixiu a coordinación do Departamento de Defensa coa transición presidencial de Joe Biden, e tamén apoiou unha iniciativa departamental para separar a Axencia de Seguridade Nacional do Comando Cibernético dos Estados Unidos[9][38].
Participación na investigación de documentos de Trump
[editar | editar a fonte]A axencia gobernamental Arquivos Nacionais e Administración de Documentos (NARA) descubriu en 2021 que Trump levara documentos presidenciais á súa casa en Florida tras deixar o cargo. Logo de Trump devolver algúns deses documentos, a NARA decatouse que aínda faltaban outros, mesmo algúns con información confidencial e remitiu o asunto ao FBI, e despois de varias solicitudes e unha citación para devolver os documentos que non se atenderan, o FBI entrou na casa de Trump cunha orde de rexistro para recuperalos. Patel afirmou publicamente que Trump desclasificara series enteiras de documentos sensibles antes de abandonar a Casa Branca. En outubro de 2022 Patel recibiu unha citación dun gran xurado federal que investigaba o asunto, pero rexeitou responder ás preguntas invocando o seu dereito a acollerse á Quinta Emenda contra da autoincriminación. Representouno o avogado Stanley Woodward [39] [40]. O Departamento de Xustiza intentou sen éxito persuadir un xuíz federal para obrigar a Patel a testemuñar. Os fiscais do Departamento de Xustiza concedéronlle unha inmunidade xurídica limitada, despois de Patel declarar o 4 de novembro de 2022 [40] [41].
Carreira posgobernamental
[editar | editar a fonte]Diversas organizacións informativas describírono como un "leal a Trump" [17] [9] [42]. Dende 2020, Patel invocou a súa asociación con Donald Trump en diversas "empresas que promoveu baixo o logotipo 'K$H'[13]. En abril de 2022 converteuse en membro do consello de administración do Trump Media & Technology Group, propietario da plataforma de medios Truth Social[43]. Tamén é o autor dunha triloxía de libros ilustrados para nenos, o primeiro titulado The Plot Against the King, no que afirma que se utilizou o expediente Steele como proba para iniciar as investigacións sobre a inxerencia rusa nas eleccións dos Estados Unidos de 2016. Ilustrado por Laura Vincent, o libro saíu ao prelo en abril de 2022 editado por Brave Books [44]. En agosto dese ano saíu o segundo volume da triloxía The Plot Against the King 2000 Mules e en setembro de 2024 o terceiro The Plot Against the King 3: The Return of the King[45].
O 19 de xuño de 2022 Trump enviou unha carta aos Arquivos Nacionais sinalando a Patel e John Solomon como "representantes para o acceso aos rexistros presidenciais da miña administración" [46]. En 2022 Patel creou Fight With Kash, unha organización benéfica acollida á sección 501(c)(3) do título 26 do Código dos Estados Unidos (exenta de impostos), para recadar doazóns coa fin de "axudar persoas" necesitadas, e máis concretamente para reunir os "patriotas de America First " e "axudar na loita contra o Estado profundo". Segundo a propia organización proporciona axuda financeira e defensa legal os seus membros, pero testemuñas de Donald Trump no subcomité de armamento da comisión xudicial da Cámara afirmaron que Patel pagara os seus honorarios legais[47]. Durante unha aparición en decembro de 2023 no podcast "War Room" de Steve Bannon, Patel concordou coas afirmacións de Bannon de que Donald Trump afirmara "totalmente en serio" a súa intención de se vingar dos inimigos políticos se fose elixido en 2024. Esas declaracións producíronse asemade aparecían noticias en The New York Times sobre "unha serie de plans de Trump e os seus aliados que alterarían os elementos fundamentais da gobernanza, a democracia, a política exterior e o estado de dereito estadounidenses de recuperar a Casa Branca". Axios informou días despois de que Patel estaba a ser considerado para un posto de máxima seguridade nacional nunha segunda administración de Trump. [48] [49].
Designación como director do FBI
[editar | editar a fonte]En novembro de 2024 Trump designou a Patel como director do Federal Bureau of Investigation para suceder a Christopher A. Wray [50][51]. De confirmarse, Patel sería o noveno director do FBI e o seu primeiro indioamericano, así como o seu director máis novo. [6]
Trump citou o papel de Patel para desacreditar o engano do Rusia, Rusia, Rusia, isto é a investigación do Departamento de Xustiza sobre os esforzos rusos para influír nas presidenciales de 2016 a favor de Trump, a súa defensa da "verdade, a responsabilidade e a Constitución" ao anunciar a súa designación[50]. Pouco despois Patel foi o obxectivo de hackers iranianos, que accederon a algunhas das súas comunicacións [52].
Posicións políticas
[editar | editar a fonte]Patel cre na teoría da conspiración do Estado profundo[53]. En 2023, publicou o libro Government Gangsters: The Deep State, the Truth, and the Battle for Our Democracy, que Trump eloxiou como unha "folla de ruta para acabar co reinado do Estado profundo".
Patel tamén promoveu varias teorías conspirativas relacionadas coas vacinas contra a COVID-19, as eleccións presidenciais estadounidenses de 2020 e os empregados do goberno federal [54] e promoveu activamente a teoría da conspiración de Qanon. En Truth Social, Patel promoveu unha conta, @Q, que distribuía mensaxes relacionadas co movemento conspirador. Segundo Media Matters compartiu unha imaxe cun Q en chamas e participou en varios programas de Qanon para instar os membros a unirse a Truth Social [55]. Patel afirmou en 2022 que Truth Social estaba tentando incorporar a Qanon "no noso esquema xeral de mensaxería para captar audiencias" e que a figura do movemento Qanon "debería recibir crédito por todas as cousas que logrou" [56] [57].
Patel asinou dez exemplares do seu libro infantil sobre "King Donald" co lema de Qanon "WWG1WGA" ("onde imos, imos todos"). Tamén promoveu o hashtag #WWG1WGA en Truth Social [58] [55] e tamén nesa rede promoveu o uso de pílulas, comercializadas como Nocovidium, que segundo afirmaba revertían os efectos das vacinas contra a COVID-19[59] [60].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Who is Kash Patel, Trump's Indian-Origin Loyalist Chosen to Run FBI?". Republic. 1 de decembro de 2024.
- ↑ "Five Things to Know About Kash Patel, Trump’s Pick to Lead the F. B. I.". The New York Times. 5 de decembro de 2024.
- ↑ Lippman, Daniel (20 de febreiro de 2020). "NSC aide who worked to discredit Russia probe moves to senior ODNI post". Politico.
- ↑ "Trump loyalist Kash Patel's tax-exempt charity raises questions, experts say". ABC News. 8 de marzo de 2023.
- ↑ "Reports: Trump aide Kash Patel offered immunity in Mar-a-Lago documents probe". USA Today. 2 de novembro de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "Trump picks loyalist ex-aide as FBI director". BBC. 30 de novembro de 2024.
- ↑ "Kashyap Patel, Main Author of Secret Memo, Is No Stranger to Quarrels". The New York Times. 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 "White House National Security Council Aide Is Named to Top Pentagon Post". The Wall Street Journal. 10 de novembro de 2020.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Kash Patel, recently installed Trump loyalist, now leading Pentagon transition". Politico. 24 de novembro de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 "How Kash Patel rose from obscure Hill staffer to key operative in Trump's battle with the intelligence community". The Washington Post. 16 de abril de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 "Kash Patel’s rise as FBI chief sparks joy in Gujarati diaspora". The Times of India. 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Kash Patel. Federal Bureau of Investigation (Jan. 2025-), Director Nominee". legistorm.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 "Swift Rise Puts Trump Loyalist in the Spotlight: Bluster Masks Lack of Experience, Foes Say. Eager Loyalist Rises Quickly Despite Lack of Experience". The New York Times. 14 de outubro de 2024.
- ↑ 14,0 14,1 "Who is Kashyap 'Kash' Patel?". The Indian Express. 3 de febreiro de 2018.
- ↑ "Who is Kashyap Patel, Indian-American official named as source for Ukraine info at Trump impeachment". Gulf News. 22 de novembro de 2019.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 "Indian-American named Chief of Staff to Acting US Defence Secretary". The Times of India. 11 de novembro de 2020.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 "Trump loyalist Kash Patel blocking some Pentagon officials from helping Biden transition". NBC News. 5 de decembro de 2020.
- ↑ Oficialmente o seu título é Foreign Intelligence Surveillance Act Abuses at the Department of Justice and the Federal Bureau of Investigation
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 "White House Aides Feared That Trump Had Another Ukraine Back Channel". The New York Times. 23 de outubro de 2019.
- ↑ "Election Results Give Split Decision: Democrats Win House & GOP Keeps Senate Majority". NPR. 6 de novembro de 2018.
- ↑ "Kash Patel". www.legistorm.com.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 "Nunes protégé fed Ukraine info to Trump". Politico. 23 de outubro de 2019.
- ↑ "Nunes Ally Kash Patel Who Fought Russia Probe Gets Senior White House National Security Job". The Daily Beast. 31 de xullo de 2019.
- ↑ "NSC aide who worked to discredit Russia probe moves to senior ODNI post". POLITICO. 20 de febreiro de 2020.
- ↑ "Kashyap P. Patel, Esq". defense.gov.
- ↑ "Trump’s visit: Two Indian-Americans part of US President’s 16-member delegation". The Indian Express. 23 de febreiro de 2020.
- ↑ "US President’s delegation to India may include several Indian American officials". The Economic Express. 15 de febreiro de 2020.
- ↑ 28,0 28,1 "Devin Nunes’ lawyer files another defamation lawsuit, this time for White House official". The Fresno Bee. 21 de novembro de 2019.
- ↑ 29,0 29,1 29,2 "Report of the House Permanent Select Committee on Intelligence, Pursuant to H. Res. 660 in Consultation with the House Committee on Oversight and Reform and the House Committee on Foreign Affairs" (PDF)" (PDF). United States House Permanent Select Committee on Intelligence. 3 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2019. Consultado o 04 de decembro de 2024.
- ↑ "CBS News Exclusive: White House staffer Kash Patel denies he was back channel to Trump on Ukraine". CBS News. 5 de decembro de 2019.
- ↑ "NSC staffer: Call with Giuliani listed in impeachment report was personal". Axios. 9 de febreiro de 2021.
- ↑ 32,0 32,1 Jonathan Swan, Jonathan (18 de xaneiro de 2021). "Episode 5: The secret CIA plan". Axios.
- ↑ "Trump Says He Will Nominate Kash Patel to Run F.B.I.". The New York Times. 30 de novembro de 2024.
- ↑ "The President Threw Us Under the Bus”: Embedding With Pentagon Leadership in Trump’s Chaotic Last Week". Vanity Fair. 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Indian-American Kash Patel Named Chief Of Staff To Acting US Defence Secretary". Press Trust of India. 20 de novembro de 2020.
- ↑ "More Top Pentagon Officials Out After Trump Sacks Esper". Foreigh Policy. 10 de novembro de 2020.
- ↑ "Why Trump is suddenly replacing Pentagon officials with loyalists". Vox. 11 de novembro de 2020.
- ↑ "Defense Officials Push Proposal to Separate NSA, Cyber Command". The Wall Street Journal. 20 de decembbro de 2020.
- ↑ "Meet the legal nerd who MAGA bigwigs are turning to for help". POLITICO. 30 de novembro de 2022.
- ↑ 40,0 40,1 "Top Trump adviser granted immunity testifies in Mar-a-Lago papers case". The Guardian. 4 de novembro de 2022.
- ↑ "Trump Aide, Granted Immunity, Set to Testify at Grand Jury Probing Mar-a-Lago Documents". The Wall Street Journal. 2 de novembro de 2022.
- ↑ "Scoop: Gina Haspel threatened to resign over plan to install Kash Patel as CIA deputy". Axios. 15 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Trump Media adds former Devin Nunes aides, Donald Jr. and ‘Apprentice’ contestant as officer". The New York Times. 25 de marzo de 2022.
- ↑ "Former Trump official Kash Patel writes children’s book repeating false claim over Steele dossier". The Guardian. 16 de maio de 2022.
- ↑ "Books by Patel, Kash". bookscouter.
- ↑ "The curious timing of Trump naming two allies to access his records". The Washington Post. 15 de agosto de 2022.
- ↑ "Jim Jordan’s first FBI whistleblowers face scrutiny from skeptical Democrats". 2 de marzo de 2023.
- ↑ "How Trump Plans to Wield Power in 2025: What We Know". The New York Times. 4 de decembro de 2023.
- ↑ "Bannon, Patel say Trump ‘dead serious’ about revenge on media: ‘We’re going to come after you’". The Hill. 12 de aio de 2023.
- ↑ 50,0 50,1 "Trump Says He Will Nominate Kash Patel to Run F.B.I.". 30 de novembro de 2024.
- ↑ "Donald Trump nomme Kash Patel à la tête du FBI". Le Figaro. 1 de decembro de 2020.
- ↑ "Kash Patel, Trump’s pick to lead FBI, has been targeted in an Iranian hack, sources say". CNN. 3 de decembro de 2024.
- ↑ "Defense Officials Push Proposal to Separate NSA, Cyber Command". The Guardian. 1 de decembro de 2024. ISSN 0261-3077.
- ↑ "Who is Kash Patel? 5 things to know about Donald Trump's firebrand pick to lead the FBI". USA Today. 1 de decembro de 2024.
- ↑ 55,0 55,1 "How Kash Patel, Trump’s FBI Pick, Embraced the Unhinged QAnon Movement". Mother Jones. 1 de decembro de 2024.
- ↑ "Kash Patel is pushing conspiracies and his brand. He’s poised to help lead a Trump administration". The Associated Press. 9 de xullo de 2024.
- ↑ "Trump’s Evolution in Social-Media Exile: More QAnon, More Extremes". The New York Times. 28 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Trump Loyalist Kash Patel Touts QAnon Greeting In His 'King Donald' Children's Book". HuffPost. 25 de setembro de 2022.
- ↑ "From ‘King Donald’ kids’ books to pills claiming to reverse Covid vaccine: Kash Patel’s MAGA merch ventures". The Independent. 2 de decembro de 2024.
- ↑ "The Man Who Will Do Anything for Trump". The Atlantic. 26 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Vídeo da Canle de Youtube Timcast Irl de Tim Pool do 28 de maio de 2024 con Kash Patel e Donald Tramp