KLM
Koninklijke Luchtvaart Maatschappij Royal Dutch Airlines | ||
---|---|---|
IATA KL | OACI KLM | Indicativo KLM |
Fundación | 7 de outubro de 1919 | |
Inicio das operacións | 17 de maio de 1920 | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam | |
Subsidiarias | KLM Cityhopper, Martinair, Transavia.com | |
Frota | 156 | |
Destinos | 145 | |
Holding | Air France-KLM | |
Eslogan da compañía | Journeys of Inspiration | |
Sede | ||
Páxina web: http://www.klm.com/ |
KLM é o acrónimo de Koninklijke Luchtvaart Maatschappij (literamente do holandés Compañía Real de Aviación) para a aeroliña nacional dos Países Baixos. É parte da empresa Air France-KLM dende maio do ano 2004 e está establecida no aeroporto de Schiphol, preto de Ámsterdam. KLM fai operacións nuns 90 destinos de todo o mundo, tanto de pasaxeiros coma de carga. Pertence á alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance. Fundada no ano 1919, trátase da aeroliña máis antiga do mundo que aínda opera baixo o seu nome orixinal.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]En 1919 un aviador novo, o tenente Albert Plesman, patrocinou a exhibición aérea ELTA en Ámsterdam. A exhibición foi un grande éxito; despois do seu peche varios intereses comerciais neerlandeses intentaron crear unha aeroliña no país, na que Plesman foi nomeado para dirixir.[1] En setembro de 1919 a raíña Guillermina I outorgou a KLM, que aínda non nacera, o seu predicado "Real" ("Koninklijke").[2] O 7 de outubro de 1919 oito empresarios neerlandeses, incluído Frits Fentener van Vlissingen, fundaron KLM como unha das primeiras aeroliñas comerciais do mundo. Plesman converteríase no seu primeiro administrador e director.[1]
O primeiro voo de KLM tivo lugar o 17 de maio 1920. O primeiro piloto da aeroliña, Jerry Shaw, voou dende o aeroporto de Croydon en Londres ata Ámsterdam.[2] O voo foi realizado usando un de Haviland DH-16 arrendado a Aircraft Transport and Travel,[2] con rexistro G-EALU, que transportou a dous xornalistas británicos e algúns xornais. En 1920 KLM levou 440 pasaxeiros e 22 toneladas de carga. E abril de 1921, despois de parar durante o inverno, KLM retomou os seus servizos usando pilotos propios e avións Fokker F.II e Fokker F.III.[2] Ese ano a aeroliña comezou a realizar servizos regulares.
O primeiro voo intercontinental de KLM engalou o 1 de outubro de 1924.[2] O destino final era Iacarta (entón chamada 'Batavia'), Xava, nas Indias Orientais Neerlandesas; o voo usou un Fokker F.VII[2] con rexistro H-NACC e estaba pilotado por Van der Hoop.[3] En setembro de 1929 comezaron os servizos regulares entre Ámsterdam e Batavia. Ata o estoupido da segunda guerra mundial en 1939, este foi o servizo regular en avión máis longo do mundo.[2] En 1926 a compañía ofrecía voos a Ámsterdam, Rotterdam, Bruxelas, París, Londres, Bremen, Copenhague e Malmö, usando principalmente Fokker F.II e Fokker F.III.
En 1930 KLM transportou 15 143 pasaxeiros. O Douglas DC-2 foi introducido no servizo de Batavia en 1934. O primeiro voo transatlántico experimental de KLM foi entre Ámsterdam e Curaçao en decembro de 1934 usando o Fokker F.XVIII "Snip".[2] O primeiro Douglas DC-3 da aeroliña foi entregado en 1936; estes substituíron os DC-2 no servizo a Sydney vía Batavia. KLM foi a primeira aeroliña en servir ao novo aeroporto de Ringway de Manchester, comezando a voar en xuño de 1938. KLM foi a única aeroliña civil en recibir o Douglas DC-5; a compañía usou dous deles nas Indias Orientais e vendou dous ao seu goberno, sendo así a única aeroliña en usar todos os modelos DC de Douglas agás o DC-1.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Cando Alemaña invadiu os Países Baixos o 10 de maio de 1940 varios avións de KLM, principalmente DC-3 e un feixe de DC-2, estaban en ruta cara ou dende Extremo Oriente, ou estaban operando servizos en Europa. Cinco DC-3 e un DC-2 foron levados a Inglaterra. Durante a guerra eses avión e tripulantes realizaron voos regulares de pasaxeiros entre Bristol e Lisboa con rexistro de BOAC.
O Douglas DC-3 PH-ALI "Ibis", entón rexistrado como G-AGBB, foi atacado pola Luftwaffe o 15 de novembro de 1942, o 19 de abril de 1943, e finalmente o 1 de xuño de 1943 cando realizaba o voo 777 de BOAC, matando a todos os pasaxeiros e tripulantes.[4] Algúns avións e tripulantes de KLM acabaron na rexión de Australia-Indias Orientais Neerlandesas, onde axudaron a tranportar refuxiados da agresión xaponesa a esa área.
Posguerra
[editar | editar a fonte]Despois do final da guerra en agosto de 1945 KLM comezou inmediatamente a reconstruír a súa rede. Como as Indias Orientais estaban en estado de revolta, a prioridade de Plesman era restablecer a ruta a Batavia. Este servizo volveu comezar cara finais de 1945.[1] Os voos domésticos e europeos reiniciáronse en setembro de 1945, inicialmente cunha frota de Douglas DC-3 e Douglas DC-4.[2] O 21 de maio de 1946 KLM foi a primeira aeroliña da Europa continental en comezar voos transatlánticos regulares entre Ámsterdam e Nova York usando Douglas DC-4.[2] En 1948 KLM reestruturou a súa rede e servizos cara África, Norteamérica e Suramérica, e retomou os do Caribe.[1]
A finais dos anos 40 uníronse á frora de KLM Lockheed Constellation[5] e Douglas DC-6[6] presurizados de longo alcance; o Convair 240, bimotor presurizado de curto alcance, comezou a realizar voos europeos para a compañía a finais de 1948.
Durante o período de posguerra o goberno neerlandés expresou interese por obter a maioría das accións de KLM e así nacionalizala. Plesman quría que KLM permanecese como unha compañía privada baixo control privado; Plesman permitiu ao goberno mercar unha participación minoritaria na aeroliña.[1] En 1950 KLM transportou 356 069 pasaxeiros. A expansión da rede continuou nos anos 50 engadindo varios destinos no oeste de Norteamérica. A frota de KLM aumentou coa chegada de novas versións do Lockheed Constellation e do Lockheed Electra, sendo a primeira aeroliña europea en voar este último.[1]
O 31 de decembro de 1953, o fundador e presidente de KLM, Albert Plesman, morreu con 64 anos.[7][8] Foi substituído como presidente por Fons Aler.[9] Tras a morte de Plesman a compañía e outras aeroliñas entraron nun período de dificultades financeiras. A conversión a avións a reaccións representou unha carga financeira adicional para KLM. O goberno neerlandés aumentou a súa participación na compañía ata os dous terzos, nacionalizándoa. O consello de administración permaneceu baixo o control de accionistas privados.[1]
O 25 de xullo de 1957 a aeroliña introduciu o seu simulador de voo para o Douglas DC-7C, o derradeiro avión con motores de pistón de KLM, que abriu a ruta traspolar dende Ámsterdam a Toquio vía Anchorage o 1 de novembro de 1958.[2] Cada tripulación que realizaba a ruta traspolar sobre o Ártico estaba equipada cun kit de supervivencia de inverno que incluía unha carabina de fogo selectivo AR-10 de 7,62 mm para usar contra osos polares, no caso de que o avión se vise forzado a aterrar no xeo polar.
Era dos reactores
[editar | editar a fonte]O catrimotor turbohélice Vickers Viscount 800 foi introducido en rutas europeas en 1957. En setembro de 1959 KLM incorporou o tamén catrimotor turbohélice Lockheed L-188 Electra nalgunhas das súas rutas en Europa e Oriente Medio. En marzo de 1960 a aeroliña introduciu o primeiro reactor Douglas DC-8 na súa frota.[2] En 1961 informou do seu primeiro ano de perdas.[1] Ese ano o presidente da aeroliña Fons Aler foi substituído por Ernst van der Beugel. Porén, este troco non cambiou os problemas financeiros de KLM. Van der Beugel renunciou á presidencia en 1963 debido a razóns de saúde.[10] Horatius Albarda foi nomeado para substituír a Ernst van der Beugel como presidente de KLM ese mesmo ano. Alberda iniciou unha reorganización da compañía que levou á redución do persoal e dos servizos aéreos.[1] En 1965 Alberda morreu nun accidente aéreo e foi sucedido por Gerrit van der Wal.[11][12] Van der Wal chegou a un acordo co goberno neerlandés para que KLM fose dirixido novamente como unha compañía privada. En 1966 a participación do goberno reducíuse ao 49,5%.[1] Ese mesmo ano KLM introduciu o Douglas DC-9 nas rutas de Europa e Oriente Medio.
Os novos edificios das terminais no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol inauguráronse en abril de 1967, e en 1968 entrou en servizo o alongado Douglas DC-8-63 ("Super DC-8").[2] Con 244 asentos, era o avión de pasaxeiros máis grande da época. KLM foi a primeira aeroliña en usar o Boeing 747-200B, impulsado por motores Pratt & Whitney JT9D, en febreiro de 1971;[13] este modelo iniciou o uso de avións de fuselaxe ancha por parte de KLM.[2] En marzo de 1971 KLM inaugurou a súa actual sede en Amstelveen.[2] En 1972 a compañía mercou o primeiro de varios McDonnell Douglas DC-10, a resposta de McDonnell Douglas ao Boeing 747.[1]
En 1973 Sergio Orlandini foi nomeado para suceder a Gerrit van der Wal como presidente de KLM.[1][14] Na época, KLM, ao igual que outras aeroliñas, tivo que lidar co exceso de capacidade. Orlandini propuxo converter os 747 de KLM en "combis" que puidesen levar unha combinación de pasaxeiros e carga nunha configuración mixta na cuberta principal do avión.[1] En novembro de 1975 o primeiro deses Boeing 747-200B Combi foi engadido á frota de KLM. A xa aeroliña operara anteriormente o DC-8 cunha configuración combinada para pasaxeiros e carga.
A crise do petróleo de 1973, que causou dificultades financeiras, levando a KLM a buscar axuda no goberno para organizar o financiamento da débeda. A compañía aérea emitiu accións adicionais de accións ao goberno a cambio dos seus cartos. A finais dos 70 a participación do goberno aumentou ata ter unha maioría do 78%, renacionalizanfo a aeroliña.[1] A xestión da compañía permaneceu baixo o control de accionistas privados.[2]
Anos 80 e 90
[editar | editar a fonte]En 1980 KLM transportou 9 715 069 pasaxeiros. En 1983 chegou a un acordo con Boeing para converter dez dos seus 747-200 nunha configuración coa cuberta superior alongada. Os traballos comezaron en 1984 na fábrica de Boeing en Everett, Washington, e remataron en 1986. Os avións convertidos foron chamados Boeing 747-200SUD ou 747-300, operando a aeroliña ademais tres Boeing 747-300 de nova construción. En 1983 KLM recibiu o primeiro dos seus 10 Airbus A310.[1] Sergio Orlandini retirouse en 1987 e foi substituído por Jan de Soet.[15] En 1986 a participación do goberno neerlandés en KLM reducíuse ao 54,8%.[1] Agardábase que esa porcentaxe baixase aínda máis durante a década.[1] O Boeing 747-400 foi introducido na frota da compañía en xuño de 1989.[2]
Coa liberalización do mercado europeo, KLM comezou a desenvolver o seu centro de conexións no aeroporto de Ámsterdam-Schiphol alimentando a súa rede con tráfico de aeroliñas afiliadas.[1] Como parte do seu desenvolvementi dunha rede global, KLM mercou un 20% das accións de Northwest Airlines en xullo de 1989.[2] En 1990 KLM transportou 16 000 000 pasaxeiros. Jan de Soet retirouse a finais dese ano e foi substituído en 1991 por Pieter Bouw.[16] No mes de decembro KLM foi a primeira aeroliña europea en introducir un programa de fidelidade para pasaxeiros frecuentes, bautizado como Flying Dutchman.[2]
Proxecto conxunto
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1993 o Departamento de Transporte dos Estados Unidos concedeu a KLM e Northwest Airlines inmunidade antimonopolio, permitíndolles intensificar a súa asociación.[2] En setembro de 1993 as aeroliñas operaban os seus voos entre os Estados Unidos e Europa como parte dun proxecto conxunto.[2] En marzo de 1994 KLM e Northwest Airlines introduciron a World Business Class nas rutas intercontinentais.[2] A participación de KLM en Northwest Airlines aumentou ata o 25% en 1994.[1]
KLM introduciu o Boeing 767-300ER en xullo de 1995.[2] En xaneiro de 1996 KLM mercou un 26% de participación en Kenya Airways, a aeroliña nacional de Kenya.[2] En 1997 Pieter Bouw renunciou como presidente de KLM e foi sucedido por Leo van Wijk. En agosto de 1998 KLM comprou todas as accións regulares do goberno neerlandés para que KLM volvese a ser unha compañía privada. O 1 de novembro de 1999 KLM fundou AirCares, unha plataforma de comunicación e recadación de fondos que apoia causas centrándose nos nenos desfavorecidos.[2]
KLM renovou a súa frota intercontinental substituíndo os Boeing 767, Boeing 747-300, e finalmente os McDonnell Douglas MD-11, con Boeing 777-200ER e Airbus A330-200. O MD-11 estivo en servizo ata outubro de 2014.[17][18] O primeiro Boeing 777 chegou o 25 de outubro de 2003, mentres que o primeiro Airbus A330-200 foi introducido o 25 de agosto de 2005.[2]
Fusión Air France-KLM
[editar | editar a fonte]O 30 de setembro de 2003 Air France e KLM acordaron un plan de fusión no cal as dúas aeroliñas se farían subsidiarias dunha compañía nai chamada Air France-KLM. Ámbalas dúas aeroliñas manterían as súas marcas, e tanto o aeroporto de París-Charles de Gaulle como o aeroporto de Ámsterdam-Schiphol serían centros de conexións claves.[19] En febreiro de 2004 a Comisión Europea e o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos aprobaron a proposición de fusión das aeroliñas.[20][21] No mes de abril tivo lugar unha oferta de intercambio na que os accionistas de KLM intercambiaron as súas accións de KLM por accións de Air France.[22] Dende o 5 de maio de 2004 Air France-KLM foi listada na bolsa Euronext en París, Ámsterdam e Nova York. En setembro completouse a fusión coa creación da compañía nai Air France-KLM. A operación deu como resultado o grupo de aeroliñas máis grande do mundo e debería aforrar entre 400 e 500 millóns anuais de custos.[23]
Non semella que a longa asociación entre KLM e Northwest Airlines, que se fusionou con Delta Air Lines en 2008, se vise afectada pola fusión con Air France. KLM e Northwest uníronse á alianza SkyTeam en setembro de 2004. Tamén en 2004, a alta dirección recibiu críticas por outorgarse bonos controvertidos despois da fusión, mentres se perdían 4 500 postos de traballo en KLM. Tras presións externas a dirección renunciou a eses bonos.[24]
En marzo de 2007 KLM comezou a usar o sistema de reservas Amadeus, xunto co seu socio Kenya Airways. Tras 10 anos como presidente da aeroliña Leo van Wijk renunciou á súa posición e foi sucedido por Peter Hartman.[25]
Anos 2010
[editar | editar a fonte]Comezando en 2010, KLM integrou a división de pasaxeiros de Martinair en KLM, transferindo todo o persoal e rutas. En novembro de 2011 Martinair só estaba formada pola división de carga e de mantemento.[26] No mes de marzo de 201, KLM e InselAir chegaron a un acordo para cooperar nos destinos de InselAir, aumentando así os seus servizos de pasaxeiros. Comezando o 27 de marzo de 2011, os pasaxeiros de KLM poderían voar a todos os destinos de InselAir a través dos seus centros de conexión en Curaçao e Sint Maarten.[27][28] Esta cooperacións ampliouse cun acordo de código compartido en 2012.[29] A principios de 2018 a cooperación rematou despois de que InselAir comezase a ter problemas financeiros que forzaron á aeroliña a vender parte da súa frota e a cancelar algunhas rutas.[30]
O 20 de febreiro de 2013 KLM anunciou que Peter Hartman renunciaría como presidente e CEO da compañía o 1 de xullo. Foi substituído por Camiel Eurlings. Hartman seguiu traballando para a aeroliña ata o seu retiro o 1 de xaneiro de 2014.[31] O 15 de outubro de 2014 KLM anunciou que Eurlings, en consulta conxunta co consello de supervisión, decidiu dimitir inmediatamente como presidente e CEO. A partir desta data, foi sucedido por Pieter Elbers.[32] O 19 de xuño de 2012 KLM realizou o primeiro voo transatlántico usando parcialmente biocombustible ata Río de Xaneiro. Este foi a maior distancia dun avión usando este tipo de combustible.[33]
Frota
[editar | editar a fonte]En novembro de 2020 a frota de KLM (excluíndo as súas filiais KLM Cityhopper, Transavia e Martinair) estaba formada polos seguintes avións:[34][35][36]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros[36] | Notas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
B | E+ | E | Total | ||||
Airbus A330-200 | 8 | — | 18 | 36 | 214 | 268 | Van ser retirados en 2025.[37] |
Airbus A330-300 | 5 | — | 30 | 40 | 222 | 292 | |
Boeing 737-700 | 16 | — | 20 | 6 | 106 | 132 | Van ser retirados en 2022.[38] |
Boeing 737-800 | 31 | — | 20 | 6 | 150 | 176 | |
Boeing 737-900 | 5 | — | 28 | 18 | 138 | 184 | |
Boeing 777-200ER | 15 | — | 34 | 40 | 242 | 316 | |
Boeing 777-300ER | 14 | 2 | 34 | 40 | 334 | 408 | |
Boeing 787-9 | 13 | — | 30 | 48 | 216 | 294 | |
Boeing 787-10 | 5 | 10[39] | 38 | 36 | 270 | 344 | |
Frota de KLM Cargo | |||||||
Boeing 747-400ERF | 3 | — | Carga | Operados por Martinair para KLM Cargo. | |||
Total | 115 | 12 |
Histórica
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia KLM operou os seguintes modelos:
Avión | Total | Introducido | Retirado | Notas |
---|---|---|---|---|
Airbus A310-200 | 11 | 1983 | 1997 | |
BAC 1-11-301AG | 1 | 1968 | 1968 | Alugado a British Eagle. Operou na ruta Rotterdam - Londres coa librea de KLM. |
Boeing 737-200 | 3 | 1988 | 1995 | |
Boeing 737-300 | 19 | 1986 | 2011 | |
Boeing 737-400 | 19 | 1989 | 2011 | |
Boeing 747-200B | 5 | 1971 | 1991 | |
Boeing 747-200M | 7 | 1975 | 1986 | |
Boeing 747-200B/SUD | 3 | 1985 | 2003 | |
Boeing 747-200/SUD/SF | 2 | 1998 | 2003 | Convertidos a partir de dous Boeing 747-200M/SUD. |
Boeing 747-200M/SUD | 7 | 1985 | 2003 | |
Boeing 747-300M | 3 | 1983 | 2003 | |
Boeing 747-400 | 5 | 1989 | 2020 | Retirados antes pola pandemia da COVID-19. |
Boeing 747-400M | 20 | 1989 | 2020 | 3 avións regresaron como cargueiros e retiráronse en outubro de 2020. |
Boeing 767-300ER | 12 | 1995 | 2007 | |
Carley Werkspoor Jumbo | 1 | 1930 | 1940 | Só se fabricou 1 avión, con rexistro PH-AFI. |
Convair 240 | 12 | 1948 | 1959 | |
Convair 340 | 13 | 1953 | 1964 | |
De Havilland DH.9 | 4 | 1921 | 1926 | |
De Havilland DH.16 | 4 | 1920 | 1924 | Alugados a Aircraft Transport and Travel. |
Douglas C-54 Skymaster | 2 | 1945 | 1959 | |
Douglas C-54A Skymaster | 16 | |||
Douglas C-54B Skymaster | 3 | |||
Douglas DC-2 | 19 | 1934 | 1946 | |
Douglas DC-3 | 58 | 1936 | 1964 | |
Douglas DC-4 | 6 | 1946 | 1958 | |
Douglas DC-5 | 4 | 1940 | 1941 | |
Douglas DC-6 | 9 | 1948 | 1963 | |
Douglas DC-6A | 2 | 1953 | 1961 | |
Douglas DC-6B | 7 | 1952 | 1963 | |
Douglas DC-7C | 15 | 1953 | 1966 | |
Douglas DC-8 | 23 | 1960 | 1983 | |
Douglas DC-8-63 | 11 | 1967 | 1985 | |
Douglas DC-9-10 | 6 | 1966 | 1989 | |
Douglas DC-9-30 | 12 | 1967 | 1989 | |
Douglas DC-9-30C | 6 | |||
Fokker F.II | 2 | 1920 | 1927 | |
Fokker F.III | 14 | 1921 | 1930 | |
Fokker F.VII | 5 | 1924 | 1936 | |
Fokker F.VIIa | 15 | 1925 | 1940 | |
Fokker F.VIIb/3m | 10 | 1928 | 1936 | |
Fokker F.VIII | 7 | 1927 | 1940 | |
Fokker F.IX | 2 | 1930 | 1936 | |
Fokker F.XII | 8 | 1931 | 1936 | |
Fokker F.XVIII | 5 | 1932 | 1946 | |
Fokker F.XX | 1 | 1933 | 1936 | |
Fokker F.XXII | 3 | 1935 | 1939 | |
Fokker F.XXXVI | 1 | 1935 | 1939 | |
Ilyushin Il-62 | 7 | 1971 | 1972 | Operaron conxuntamente con Aeroflot. Usados para a ruta Toquio - Moscova - Ámsterdam.[40] |
Koolhoven FK-33 | 1 | 1925 | 1927 | |
Koolhoven FK-40 | 1 | 1929 | 1936 | Só se fabricou 1 avión, con rexistro PH-AES. |
Koolhoven FK-43 | 9 | 1932 | 1940 | |
Koolhoven FK-48 | 1 | 1934 | 1940 | Usado como avión de adestramento. |
Lockheed L-049 Constellation | 6 | 1946 | 1950 | |
Lockheed L-749 Constellation | 13 | 1953 | ||
Lockheed L-749A Constellation | 7 | 1960 | ||
Lockheed L-1049C Super Constellation | 13 | 1953 | 1966 | |
Lockheed L-1049G Constellation | 6 | 1966 | ||
Lockheed L-1049H Constellation | 3 | 1966 | ||
Lockheed L-188C Electra | 12 | 1959 | 1969 | |
Lockheed Super Electra-14 | 5 | 1938 | 1948 | |
McDonnell Douglas DC-10-30 | 12 | 1972 | 1995 | |
McDonnell Douglas MD-11 | 10 | 1993 | 2014 | Foi o derradeiro operador do modelo de pasaxeiros. |
Stearman Hammond Y-1S | 1 | 1937 | 1939 | Usado como avión de adestramento. |
Vickers V.803 Viscount | 9 | 1957 | 1966 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 "History of Koninklijke Luchtvaart Maatschappij, N.V. – FundingUniverse". www.fundinguniverse.com (en inglés). Consultado o 2018-12-02.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 "History - KLM Corporate" (en neerlandés). Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "H-NACC". www.aviacrash.nl. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Tragic final flight of the Dakota / DC-3 IBIS (BOAC flight 777), 1 June 1943 - The Dakota Hunter". The Dakota Hunter (en inglés). 2014-10-16. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "A Gracious Lady - The Lockheed Constellation". KLM Blog (en inglés). 2014-09-21. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "History, Travel, Arts, Science, People, Places | Air & Space Magazine". 2015-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2015. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "The Flying Dutchman is Forty". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "The Netherlands' Aviation Industry – KLM Royal Dutch Airlines". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "Civil Aviation – To Succeed Dr. Plesman". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "KLM Directors Resign". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "Death of KLM president". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "New KLM president". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "Aircraft owner's and operator's guide: 747-200/-300" (PDF). Aircraft Commerce. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2011. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "TCA-KLM: History (1969-1978)". 2013-07-05. Archived from the original on 05 de xullo de 2013. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "News Scan – KLM Royal Dutch Airlines"". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "KLM Names New MD". Flight International. Consultado o 2018-12-03.
- ↑ Reed, Ted. "Good Bye MD-11 -- Too Bad Nobody Ever Loved You". Forbes (en inglés). Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "KLM Operates Last MD-11 Passenger Flight". KLM Operates Last MD-11 Passenger Flight (en inglés). Consultado o 2018-12-03.
- ↑ "Air France and KLM get close". The Economist (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "European Commission - PRESS RELEASES - Press release - Commission clears merger between Air France and KLM subject to conditions". europa.eu (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "2004". 2013-02-08. Archived from the original on 08 de febreiro de 2013. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "KLM ROYAL DUTCH AIRLINES 425 FILING". www.sec.gov. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "Air France-KLM A global airline market leader" (PDF). Air France-KLM. Archived from the original on 23 de xuño de 2013. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "KLM senior managers forgo controversial bonuses | Eurofound" (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "People: 5 December 2006". Flightglobal.com (en inglés). 2006-12-05. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "Laatste passagiersvlucht Martinair". blikopnieuws.nl. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2011. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "InselAir and KLM sign agreement". www.facebook.com. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ 2018, UBM (UK) Ltd. "InselAir to Offer Regional Flights for KLM". Routesonline (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "KLM and InselAir To Initiate Code-Sharing". KLM and InselAir To Initiate Code-Sharing (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "KLM ends cooperation with InselAir - Curaçao Chronicle". curacaochronicle.com (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "Camiel Eurlings Appointed KLM President & CEO". Camiel Eurlings Appointed KLM President & CEO (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "Pieter Elbers appointed President and CEO of KLM, replacing Camiel Eurlings.". Pieter Elbers appointed President and CEO of KLM, replacing Camiel Eurlings. (en inglés). Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "KLM Takes Care - Biofuel flight to Rio". KLM Takes Care (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-04.
- ↑ "KLM Fleet". www.airfleets.net. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ "KLM Royal Dutch Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-15.
- ↑ 36,0 36,1 "All types of aircraft in the KLM fleet - KLM.com" (en inglés). Consultado o 2020-12-15.
- ↑ Woerkom, Klaas-Jan van (5 de novembro de 2019). "KLM neemt definitief afscheid van Airbus A330-vloot". Luchtvaartnieuws (en neerlandés). Consultado o 15 de decembro de 2020.
- ↑ Ouden, Huib den (2 de xullo de 2018). "KLM/VNC-deal van start gegaan". www.fnvcabine.nl (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2020.
- ↑ "The Air France - KLM group takes a next step in optimization of the long haul fleet". Newsroom KLM. Consultado o 15 de decembro de 2020.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020.