Joint venture
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Unha joint venture (JV) ou empresa conxunta é un tipo de empresa na cal as partes acordan desenvolver, por un tempo limitado, unha nova entidade e uns novos activos mediante a achega de accións. Estas exercen control sobre a empresa e por consecuencia comparten ingresos, custos e activos. Existen outros tipos de empresas semellantes como son as JV limitadas por garantía e as JV limitadas por garantía con socios titulares de accións.
No Dereito da Unión Europea, o termo joint venture (ou joint undertaking) é un concepto xurídico impreciso, mellor definido segundo as regras do Dereito de Sociedades. En galego, joint venture denomínase Empresa Conxunta; en Francia ten diversas traducións: association d’entreprises, entreprise conjointe, coentreprise ou entreprise commune; e en Alemaña, joint venture tradúcese por «unha mestura de empresas» (Konzern).
Cando dúas ou máis persoas forman unha sociedade mercantil personalista temporal coa intención de realizar un proxecto particular, dita sociedade pode chamarse joint venture, cuxas partes son coventurers.
A empresa pode ter como obxectivo unha relación comercial continua ou un proxecto único e específico, en cuxo caso a JV recibe o nome de consorcio, (como a construción do Eurotúnel). O consorcio JV (tamén denominado acordo de cooperación) fórmase cando unha das partes busca experiencia tecnolóxica ou acordos de servizos técnicos, contratos de franquía ou de uso de marca, contratos de xestión, contratos de arrendamento ou contratos ocasionais. Cando se consegue o obxectivo a JV disólvese.
Dow Corning, Miller Coors, Sony Ericsson, Penske Truck Leasing, Norampac e Owens-Corning son exemplos de grandes joint ventures.
Unha joint venture créase cando dúas das partes se reúnen para emprender un proxecto. Ambas as partes invisten cartos, tempo e esforzo de igual maneira no proxecto. Aínda que as joint ventures en xeral son proxectos pequenos, as grandes empresas empregan este método para diversificarse. Este tipo de empresa pode asegurar o éxito dos pequenos proxectos tanto para aqueles que están comezando no mundo empresarial como para sociedades xa establecidas. Como o custo de comezar novos proxectos adoita ser alto, a joint venture permite a ambas as partes compartir as responsabilidades do proxecto, así como os beneficios resultantes.
Dado que unha joint venture implica un investimento de cartos, é preciso dispor dun plan estratéxico. En resumo, ambas as partes deben comprometerse a centrarse no futuro da sociedade, no canto de só en obter beneficios. Basicamente, resulta tan importante acadar éxito a longo prazo como facelo a curto prazo. Co fin de acadar este éxito son necesarias a honestidade, a integridade e a comunicación.
Organización
[editar | editar a fonte]Para desenvolver unha JV é necesario seguir certos pasos, que requiren un grande esforzo de traballo e precisión: fixar os obxectivos, estruturar de maneira organizada a forma da JV sen esquecer a cantidade de investimento, os acordos sobre o financiamento e a débeda.
Escolla dos socios
[editar | editar a fonte]A continuación ofrécense algúns consellos que se deben seguir no proceso de formación dunha JV cun socio comprometido, aínda que moitas veces é difícil determinar se os compromisos proceden dunha parte coñecida e diferenciábel ou dun intermediario. En particular, isto ocorre cando existe unha barreira lingüística e non se ten coñecemento dos costumes locais, en especial no que atinxe á administración, que moitas veces é o organismo decisivo para a formación dunha JV ou para a resolución de litixios.
O proceso ideal para a selección dun socio xorde de:
- Investigación dos antecedentes dos posíbeis socios.
- Breve listado dos posíbeis socios e algún tipo de clasificación.
- Dilixencia debida: comprobar as credenciais da outra parte.
- Dispoñibilidade de propiedades valorizadas ou desvalorizadas para achegar á joint venture.
- A estrutura e a oferta máis apropiadas.
- Un investidor estranxeiro que merque unha participación nunha empresa local.
As empresas tamén se denominan JV nos casos en que existen socios dominantes, xunto coa participación da administración pública. Tamén poden darse casos nos que a participación pública sexa elevada, mais nos que os socios fundadores manteñan a súa identidade. Estas empresas poden ser «públicas» ou «privadas». Excepto para comentar que hai moitas na India, estaría fóra de lugar describilas.
Outro aspecto relevante é a creación dunha nova entidade xurídica desde cero. Ás veces, dita empresa denomínase unha «JV constituída», un «paquete» de contratos tecnolóxicos (especialización, patentes, marcas rexistradas e dereitos de autor), servizos técnicos e contratos de abastecemento asistido.
O consorcio (tamén denominado acordo de cooperación) fórmase cando unha das partes busca experiencia tecnolóxica ou acordos de servizo técnico, contratos de franquía ou de uso de marcas, contratos administrativos, contratos de arrendamento, contratos ocasionais (para proxectos da construción, por exemplo). Cando acadou o seu obxectivo, a JV disólvese.
Constitución da sociedade
As joint venture poden constituírse principalmente a través dos seguintes procesos:
- Un investidor estranxeiro que merca unha participación nunha empresa local.
- Unha empresa local que adquire unha participación nunha empresa estranxeira.
- Empresarios locais e estranxeiros únense para formar unha nova empresa.
- Débeda bancaria e/ou do capital público.
No Reino Unido e na India, e en moitos países que se rexen pola Common Law, unha empresa conxunta ou calquera empresa formada por un grupo de individuos, debe presentar unha escritura de asociación, denominada Memorandum of Association ante a autoridade apropiada. Trátase dun documento legal no que se informa ó público da súa existencia. Pódese consultar unha mostra en Wikimedia.org. Son, xunto cos estatutos, ou Articles of Association, a forma de documentación necesaria para a «constitución» dunha empresa neses países.
Os estatutos regulan a interacción entre os accionistas e o Consello de Administración dunha empresa e poden ser documentos de máis de 700 000 páxinas, nas que se establecen os poderes conferidos ós membros do Consello de Administración por parte dos accionistas e tamén os retidos por estes, especialmente a aceptación de resolucións ordinarias, resolucións especiais e a celebración de Xuntas Xerais de Accionistas para poñer en práctica as decisións dos conselleiros.
Nos Estados Unidos (en cada estado), así como noutros países que seguen un sistema semellante, requírese un documento semellante para constituír unha corporation, o denominado Certificate of Incorporation ou Articles of Incorporation (estatutos). Nos EUA, a «constitución» é un único documento que, como no caso anterior, permite ós accionistas regular a actuación do Consello de Administración da sociedade.
Debido á súa constitución, a joint venture constitúe unha nova entidade coas seguintes implicacións:
- É legalmente independente dos seus fundadores, que tanto poden ser empresas grandes, como atoparse entre os países en vías de desenvolvemento.
- A JV pode contratar e adquirir dereitos (como o de comprar novas empresas) no seu propio nome e ter unha responsabilidade limitada independente da dos seus fundadores, excepto polo capital investido.
- Pode demandar (ou ser demandada) nos tribunais para a súa defensa ou para perseguir os seus obxectivos.
No recibo do Certificate of Incorporation unha empresa pode iniciar os seus negocios.
O acordo dos accionistas
Esta é unha área legal, e así como as leis cambian duns países a outros, está repleta de dificultades, en particular na aplicación dos Heads of Agreement ou do acordo dos accionistas. Debido a algúns motivos legais tamén se lle chama Memorandum of Understanding e lévase a cabo en paralelo con outras actividades cando se forma unha JV. Aínda que o acordo dos accionistas é breve, algunhas cuestións deben tratarse nun preámbulo do debate. Tamén hai outras cuestións que non están nos estatutos cando unha empresa se constitúe ou deixa de existir. Ademais, unha JV pode decidir si permanecer como unha única JV en «quasi partnerhip» para así evitar calquera revelación innecesaria de cara ó goberno ou ó público.
Algunhas das cuestións do acordo dos accionistas son:
- A valoración dos dereitos intelectuais, é dicir, a valoración do Dereito de Propiedade Intelectual dun dos socios e, por así dicilo, o verdadeiro estado do outro/a verdadeira situación do outro.
- O control da empresa sobre o número de conselleiros ou sobre o seu financiamento.
- O número de conselleiros e os dereitos dos fundadores para designar conselleiros que mostren se un accionista domina ou comparte a igualdade.
- As decisións sobre a xestión (se as leva a cabo a xunta ou un fundador).
- A transmisión das participacións (asignación dos dereitos dos fundadores a outros membros da empresa).
- A política de dividendos (a porcentaxe de ganancias a declarar cando hai beneficio).
- A liquidación (as condicións e notificación ós membros).
- A confidencialidade do coñecemento fundamental e do acordo dos fundadores, e as sancións por revelación.
- O dereito de tanteo (os dereitos de compra e de contraoferta dun fundador).
Existen moitas características que se deben incorporar no acordo dos accionistas, que é totalmente privado para as partes mentres estas se constitúen. En xeral non é necesaria ningún tipo de submisión ante ningunha autoridade.
O outro documento básico que se debe articular é o dos estatutos, que é publicado e coñecido polos membros.
Isto repítese no acordo dos accionistas en canto ó número de conselleiros que cada fundador pode designar á xunta de conselleiros para ver se ten o control a xunta ou os fundadores. A toma de decisións lévase a cabo por maioría simple (50%+1) dos presentes ou o 51% ou 75% da maioría con todos os conselleiros presentes; o despregue dos fondos da empresa; a ampliación da débeda; a parte de beneficio que se pode declarar como dividendos etc. Outro dato importante é o que acontece se a empresa se disolve ou un dos socios morre ademais do dereito de tanteo se a empresa é vendida, que ás veces ofrece opcións financeiras de compra e venda (puts and calls).
A miúdo, as JV máis exitosas son aquelas que teñen unha partnership equilibrada (50:50), tendo cada parte o mesmo número de conselleiros, mais rotando o control sobre a empresa ou os dereitos para designar ó presidente e vicepresidente da empresa. Ás veces unha parte pode ofrecerlle a unha persoa independente da empresa mais de confianza que vote no seu lugar nas reunións do Consello por motivos de ausencia.
Recentemente, nun caso importante no Tribunal Supremo da India declarouse que o Memorandum of Understanding, cuxos detalles non están nos Articles of Association, son «inconstitucionais», o que lle dá máis transparencia ás empresas.
Liquidación
[editar | editar a fonte]A JV non é unha estrutura permanente e pode disolverse cando se dá algunha das seguintes situacións:
- Os obxectivos da original venture converxen.
- Os obxectivos da original venture se opoñen.
- Ningunha das dúas partes desenvolve novos obxectivos.
- Ningunha das partes segue a estar de acordo cos obxectivos da joint venture.
- O paso do tempo ditaminou que é hora de que a joint venture expire a súa actividade.
- O tempo acordado para a actividade da joint venture xa expirou.
- Problemas legais ou financeiros.
- As condicións do desenvolvemento dos mercados significa que a joint venture xa non é apropiada ou relevante.
- Unha parte adquire a outra.