Issam Alnagm Azzam
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1948 (76 anos) Damasco, Siria |
Alcalde de Muras | |
1991 – 2015 – Manuel Requeijo → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Issam Alnagm Azzam, nado en Damasco (Siria) o 24 de xullo de 1948, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa traxectoria política empezou aos 16 anos en Siria, onde xa militaba nun partido. Chegou a España en 1968 para estudar Medicina. Matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e casou cunha compañeira de estudos. Chegou a Muras en 1989 como médico do Centro de Saúde. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 en Muras encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, maioría que perdeu nas eleccións municipais de 2015. En 2016 foi acusado e condenado por inxurias ao alcalde do BNG Manuel Requeijo ao que acusou de quedar con cartos que eran para os xitanos.[1]
Predecesor: José López Soto |
Alcalde de Muras 1991 - 2015 |
Sucesor: Manuel Requeijo Arnejo |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Noticia en El Progreso
- Entrevista en El Progreso