Helike (lúa)
Helike (en grego antigo Ελίκη), ou Xúpiter XLV, é un satélite irregular retrógrado de Xúpiter. Foi descuberto por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawai dirixidos por Scott S. Sheppard no 2003, e déuselle a designación provisional de S/2003 J 6.[1][2][3]
Helike ten uns 4 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 20,540 millóns de kms, tarda en facer unha órbita 601,402 días, ten unha inclinación de 155° con respecto á eclíptica (156° ao ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade de 0,1375.
Foi bautizado en marzo de 2005 como Helike, unha das ninfas que coidaron de Zeus (Xúpiter) durante a súa infancia, que a pasou na illa de Creta.[4]
Helike pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 millóns de km, con inclinacións duns 150°
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ MPEC 2003-E11: S/2003 J 1, 2003 J 2, 2003 J 3, 2003 J 4, 2003 J 5, 2003 J 6, 2003 J 7 4 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)
- ↑ MPEC 2003-E29: S/2003 J 9, 2003 J 10, 2003 J 11, 2003 J 12; S/2003 J 1, 2003 J 6 3 de abril do 2003 (efemérides revisadas)
- ↑ Green, Daniel W. E. (4 de marzo de 2003). "Satellites of Jupiter". International Astronomical Union Circular (Central Bureau for Astronomical Telegrams) (8087).
- ↑ Green, Daniel W. E. (30 de marzo de 2005). "Satellites of Jupiter [bautizando a lúa]". International Astronomical Union Circular (Central Bureau for Astronomical Telegrams) (8502).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]