Saltar ao contido

Aitne (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aitne (ou en grego Αίτνη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXI, é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal S/2001 J 11.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Aitne ten uns 3 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,285 millóns de kms, tarda 679,641 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 166° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,393. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003[3], Aitne ou Aitna na mitoloxía grega era a divindade personificada do Monte Etna, Os fillos que tivo con Zeus eran os Palicos, dous irmáns xemelgos, deuses das augas termais e dos geysers (outros autores aseguran quen son fillos de Talía e/ou de Hefesto).

  1. IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
  2. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]