Hans Hollein
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
Hans Hollein, nado en Viena o 30 de marzo de 1934 e finado o 24 de abril de 2014, foi un arquitecto e deseñador austríaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hollein foi alumno de Clemens Holzmeister na Academia de Belas Artes de Viena. Máis tarde ampliou os seus estudos no IIT de Chicago e na Universidade de California, Berkeley. Entre os anos 1963 e 1966 foi mestre nos Estados Unidos. Logo, entre 1967 e 1976, ensinou na Academia de Belas Artes de Düsseldorf. Dende 1976 foi mestre na Universidade de Artes Aplicadas de Viena, ocupando o cargo de mestre emérito dende o ano 2002.
O seu proxecto para o Museo Abteiberg en Mönchengladbach consagrouno coma unha das figuras da Arquitectura posmoderna. No ano 1985 recibiu o máximo galardón no eido da arquitectura, o Premio Pritzker.
Principais proxectos
[editar | editar a fonte]- Remodelación do Museo Albertina - Viena
- Hotel Hilton- Viena
- Niederösterreichisches Landesmuseum, Sankt Pölten
- Centro Europeo de vulcanoloxía, Auvernia
- Sede central do Interbank, Lima.
- Oficinas no Donaukanal, Viena.
- Embaixada austríaca, Berlín.
- Proxecto para un Museo Guggenheim, Salzburgo.
- Shedhalle, Sankt Pölten.
- Ganztagsschule Köhlergasse, Viena
- Edificio Haas, Viena
- Museo do cristal e a cerámica, Teherán.
- Museo de Arte Moderna de Frankfurt, Frankfurt
- Museo Abteiberg, Mönchengladbach
- Galería Feigen en Nova York
- Comercio Retti, Viena
- Escola Donaucity, Viena.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hans Hollein |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]