Saltar ao contido

Halldis Moren Vesaas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHalldis Moren Vesaas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1907 Editar o valor en Wikidata
Trysil (Noruega) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1995 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Oslo (Noruega) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVinje Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, poesía, translation from French (en) Traducir, translation from German (en) Traducir e translation into Norwegian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, escritora de literatura infantil, poetisa, tradutora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, Literatura infantil e ensaio Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTarjei Vesaas (1934–1970) Editar o valor en Wikidata
FillosOlav Vesaas, Guri Vesaas Editar o valor en Wikidata
PaiSven Moren Editar o valor en Wikidata
IrmánsSigmund Moren
Torleiv Moren Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0895167 Discogs: 2629940 WikiTree: Moren-205 Editar o valor en Wikidata

Halldis Moren Vesaas, nada o 18 de novembro de 1907 e finada o 8 de setembro de 1995, foi unha poeta, tradutora e escritora norueguesa especializada en literatura infantil.[1] Está considerada unha das principais escritoras norueguesas da súa xeración.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vesaas naceu na granxa familiar, preto de Trysil, no condado de Hedmark.[1] O seu pai era o escritor, poeta e dramaturgo Sven Moren (1871-1938).[2] Era a máis vella de cinco irmáns, e a única rapaza. Un dos seus irmáns foi o filólogo Sigmund Moren (1913-1996).[2] Vesaas estudou maxisterio en Elverum entre 1925 e 1928, para logo traballar en Hamar e Oslo.[2] En 1930, mudouse a Suíza, onde foi secretaria durante tres anos.[2] En abril de 1934, casou co novelista noruegués Tarjei Vesaas (1897-1970).[2] Xuntos, trasladáronse a unha granxa en Vinje, condado de Telemark, onde o seu home exerceu o cargo de profesor entre 1941 e 1943.[2]

Faleceu o 8 de setembro de 1995.[2]

En 1929 publicou a súa primeira escolma de poesía, Harpe og dolk ("A arpa e a daga").[1][2] Entre os seus libros, destacan Tung tids tale ("Discurso para tempos convulsos"), Treet ("A árbore"), I ein annan skog ("Noutra fraga") e Livshus ("Casa da vida").[2]

Tamén escribiu e traduciu pezas para teatro, especialmente para o Det Norske Teatret de Oslo.[1] Redactou artigos sobre diversos temas, e foi consultora externa de edición. Entre 1949 e 1969, foi membro da xunta do Riksteatret (1949-1969).[2]

A súa escrita ten moita sona en Noruega pola súa valente e persoal expresión da vida das mulleres en tódalas etapas da vida.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Harpe og dolk ("A arpa e a daga", 1929)
  • Morgonen ("A mañán", 1930)
  • Strender ("As praias", 1933)
  • Lykkelege hender ("As mans felices", 1936)
  • Tung tids tale ("Discurso para tempos convulsos", 1945)
  • Treet ("A árbore", 1947)
  • I ein annan skog ("Noutra fraga", 1955)
  • Livshus ("A casa da vida", 1995)

Literatura infantil

[editar | editar a fonte]
  • Du får gjera det du (1935)
  • Den grøne hatten (1938)
  • Hildegunn (1942)
  • Tidleg på våren (1949)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]