Saltar ao contido

Hakeem Olajuwon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHakeem Olajuwon

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Lagos, Nixeria Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAmán Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Houston Editar o valor en Wikidata
Altura213 cm Editar o valor en Wikidata
Peso116 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata - 2002 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porHouston Rockets, 1º (1984) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Toronto Raptors
1981–1984 Houston Cougars men's basketball (Pivote)
1981–1984 Houston Cougars men's basketball
1984–2001 Houston Rockets (Pivote)
Participou en
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAbi Olajuwon Editar o valor en Wikidata
IrmánsTaju Olajuwon
Afis Olajuwon Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0645927 Twitter: DR34M Instagram: thedr34m WikiTree: Olajuwon-1 Editar o valor en Wikidata

Hakeem Abdul Olajuwon, coñecido como Akeem durante os primeiros anos de NBA, nado en Lagos (Nixeria) o 21 de xaneiro de 1963, é un ex xogador de baloncesto nacionalizado estadounidense, cuxos días de gloria foron cos Houston Rockets da NBA.

Con 2,13 m de estatura, Olajuwon está considerado un dos mellores pivotes da historia xunto con George Mikan, Bill Russell, Wilt Chamberlain, Kareem Abdul-Jabbar, Patrick Ewing, Shaquille O'Neal e David Robinson. Foi alcumado "Hakeem the Dream" por saír de Nixeria e en tan só uns anos alcanzar o soño americano de gran deportista e gañador de títulos.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

De ascendencia yoruba, o nixeriano Olajuwon foi a Estados Unidos e xogou na Universidade de Houston, compartindo equipo con Clyde Drexler para formar o "Phi Slamma Jamma". Xogou co nome de "Akeem" nas costas, para cambialo máis tarde por "Hakeem".

Olajuwon axudou a que os Cougars chegasen ás finais da NCAA dous anos consecutivos, pero perderon primeiro contra North Carolina State en 1983 e Georgetown en 1984. Drexler fíxose profesional en 1983, deixando a Olajuwon só no equipo.

As Torres Xemelgas de Houston (1984-1987)

[editar | editar a fonte]

Foi considerado o número 1 do Draft da NBA de 1984 por encima de Michael Jordan, Charles Barkley e John Stockton, posteriormente estrelas da NBA, e foi elixido primeiro polos Houston Rockets. Nos días previos da lotaría a primeira selección foi elixida tirando unha moeda ao aire, e un golpe de sorte colocou a Houston Rockets por encima de Portland Trail Blazers.

Os Rockets tiveron un éxito inmediato durante a tempada como novato de Olajuwon e compartiu equipo co Rookie do Ano de 1984, Ralph Sampson, para formar o dúo orixinal da NBA coñecido como as "Torres Xemelgas". Levaron a Houston ás finais da NBA de 1986 onde perderon contra os Boston Celtics. Olajuwon fixo unha media de 20,6 puntos, 11,9 rebotes e 2,68 tapóns na súa primeira tempada. Terminou como subcampión na votación do rookie do ano de 1985 tras Michael Jordan.

Anos de transición (1987-1993)

[editar | editar a fonte]

Tras perder a Sampson primeiro por lesión e máis tarde ao ser traspasado, Olajuwon prosperou. Converteuse nun fixo no Primeiro Equipo da NBA e converteuse en cidadán estadounidense en 1993.

Olajuwon estableceuse como un gran xogador, perfeccionou un conxunto de fintas e movementos baixo o aro que foron coñecidos como "Dream Shake". Tivo intensas rivalidades con outros grandes pivotes da época, especialmente con Patrick Ewing e David Robinson, así como o seu rival Karl Malone, onde nas finais contra Orlando Magic forxou a súa principal rivalidade, con Shaq, o cal se convertería no seu sucesor.

Anos de campionatos (1993-1995)

[editar | editar a fonte]

Olajuwon gañou a reputación de ser un gran xogador de equipo e xunto con David Robinson foi aclamado como o mellor pivote da súa xeración. Adoitaba superar a pivotes como Ewing, Dikembe Mutombo e O'Neal (nos seus primeiros anos), e outros grandes defensores como Dennis Rodman ou Malone. As súas batallas máis difíciles foron co seu rival David Robinson, onde normalmente Olajuwon superábao nas estatísticas individuais. Os dous xogaban para franquías texanas distintas, pero Olajuwon perdía 12-30 contra Robinson en liga regular, aínda que en playoffs superábao cunha marca de 4-2.

Olajuwon (34) ante os Knicks.

Os Rockets de Olajuwon finalmente gañaron o título en 1994, nunha serie épica de sete partidos contra os New York Knicks, o equipo dun dos seus perennes rivais, Patrick Ewing. Tras cinco partidos, os Knicks tomaron vantaxe por 3-2. Os Rockets defendían unha vantaxe de 86-84 nos últimos segundos do sexto partido. No último segundo, o beirado tirador dos Knicks John Starks (quen anotara 27 puntos até entón) tiraba por un triplo que lles valese as finais, pero Olajuwon fixo unha das mellores xogadas defensivas de todos os tempos e taponou o disparo. No sétimo partido, Olajuwon dominou o xogo, o seu dobre-dobre con 25 puntos e 10 rebotes foron suficientes para vencer aos Knicks, traendo o primeiro título a Houston desde que os Houston Oilers gañasen a AFL en 1961.

Hakeem estaba no cume da súa carreira. Nese ano converteuse no único xogador da historia da NBA en gañar o MVP, MVP das Finais e o Xogador Defensivo do Ano na mesma tempada. A fama de Olajuwon foi ben merecida, xa que os Rockets foron probablemente o campión con menos posibilidades de todos os tempos. Ningún dos outros xogadores do equipo titular (Robert Horry, Otis Thorpe, Vernon Maxwell e Kenny Smith) nin o Sexto Home Sam Cassell eran considerados estrelas, feito que se comproba ao ver que Olajuwon foi o único All-Star dos Rockets dese ano.

Os Rockets gañaron o título de novo en 1995, outra vez con Olajuwon como estrela. Máis notoriamente en 1995, cando os Rockets enfrontáronse aos Spurs na serie, o candidato a MVP Robinson foi superado por Olajuwon nos puntos por 35-24. Nin sequera Rodman, un dos xogadores que mellor defendían e máis rebotes capturaba puido axudarlle. Robinson díxolle á revista Life Magazine "Hakeem? You don't solve Hakeem." ("Hakeem? Non podes facer nada contra Hakeem."). Os Rockets gañaron todos os partidos desa serie. Na final da NBA, os Rockets varreron aos Orlando Magic, liderados por un mozo Shaquille O'Neal. O mundo enteiro do baloncesto agardara polo enfrentamiendo entre os dous grandes pivotes, e foi Olajuwon quen superou a O'Neal por 33-28 puntos por partido, elevando a súa propia marca de puntos por partido da liga regular en cinco puntos, mentres que O'Neal baixou nun. Como nota, Hakeem foi de novo o único xogador All-Star dos Rockets dese ano.

É un do catro xogadores da historia da NBA que conseguiu un cuádruplo-dobre. Concretamente, o 29 de marzo de 1990, contra Milwaukee Bucks, tras anotar 18 puntos, 16 rebotes, 10 asistencias e meter 11 tapóns. De feito existiu unha histórica polémica respecto diso, xa que só vinte e seis días antes, noutra actuación antolóxica contra os Golden State Warriors logrou outro cuádruplo-dobre con 29 puntos, 18 rebotes, 9 asistencias e 11 tapóns, aínda que lle terminaron quitando unha asistencia das estatísticas (o elemento o baloncesto do que cabe máis interpretación subxectiva, a diferenza dos puntos, rebotes ou tapóns).

Período post-campionato (1995-2000)

[editar | editar a fonte]

A gloria dos Rockets acabou axiña que como Michael Jordan volveu da súa retirada, e as súas Chicago Bulls dominaron a liga durante o tres anos seguintes, aínda que os Rockets fixeron historia,non puideron bater aos Bulls liderados por Jordan. De todos os xeitos nunca se atoparon en playoffs porque os Rockets eran un equipo da Conferencia Oeste e os Bulls da Conferencia Leste: a única forma de atoparse en post-tempada era nas finais da NBA, pero os Rockets fallaron no intento nos seguintes anos a pesar do esforzo de Olajuwon, Drexler, Barkley e Scottie Pippen, adquirido na campaña 98-99.

Toronto Raptors (2001-2002)

[editar | editar a fonte]

Houston comezouse a reconstruír mediante a adquisición de mozas os beirados Cuttino Mobley e Steve Francis, os Co-Rookies do Ano de 2000. O 8 de agosto de 2001 Hakeem foi traspasado aos Toronto Raptors, onde xogaría a súa última tempada na NBA, facendo unha media de 7,1 puntos e 6,0 rebotes por partido (as máis baixas da súa carreira) antes de retirarse como un dos mellores pivotes de todos os tempos. Pouco despois da súa retirada, o número 34 foi retirado dos Houston Rockets.

Estatísticas na NBA

[editar | editar a fonte]
Tempada regular
[editar | editar a fonte]
Temp. Idade Equipo Liga P TIT MIN TC TCA %TC 3P 3PA %3P TL TLA %TL R.OF. R.DEF. REB ASIS ROU TAP PER FP PTS
1984 22 Houston NBA 82 82 35.5 8.3 15.3 .538 0.0 0.0 4.1 6.7 .613 5.4 6.5 11.9 1.4 1.2 2.7 2.9 4.2 20.6
1985 23 Houston NBA 68 68 36.3 9.2 17.5 .526 0.0 0.0 5.1 7.9 .645 4.9 6.6 11.5 2.0 2.0 3.4 2.9 4.0 23.5
1985 24 Houston NBA 75 75 36.8 9.0 17.8 .508 0.0 0.1 .200 5.3 7.6 .702 4.2 7.2 11.4 2.9 1.9 3.4 3.0 3.9 23.4
1987 25 Houston NBA 79 79 35.8 9.0 17.5 .514 0.0 0.1 .000 4.8 6.9 .695 3.8 8.3 12.1 2.1 2.1 2.7 3.1 4.1 22.8
1988 26 Houston NBA 82 82 36.9 9.6 19.0 .508 0.0 0.1 .000 5.5 8.0 .696 4.1 9.4 13.5 1.8 2.6 3.4 3.4 4.0 24.8
1989 27 Houston NBA 82 82 38.1 9.8 19.6 .501 0.0 0.1 .167 4.7 6.5 .713 3.6 10.4 14.0 2.9 2.1 4.6 3.9 3.8 24.3
1990 28 Houston NBA 56 50 36.8 8.7 17.1 .508 0.0 0.1 .000 3.8 4.9 .769 3.9 9.8 13.8 2.3 2.2 3.9 3.1 3.9 21.2
1991 29 Houston NBA 70 69 37.7 8.4 16.8 .502 0.0 0.0 .000 4.7 6.1 .766 3.5 8.6 12.1 2.2 1.8 4.3 2.7 3.8 21.6
1992 30 Houston NBA 82 82 39.5 10.3 19.5 .529 0.0 0.1 .000 5.4 7.0 .779 3.5 9.6 13.0 3.5 1.8 4.2 3.2 3.7 26.1
1993 31 Houston NBA 80 80 41.0 11.2 21.2 .528 0.1 0.2 .421 4.9 6.8 .716 2.9 9.1 11.9 3.6 1.6 3.7 3.4 3.6 27.3
1994 32 Houston NBA 72 72 39.6 11.1 21.5 .517 0.0 0.2 .188 5.6 7.5 .756 2.4 8.4 10.8 3.5 1.8 3.4 3.3 3.5 27.8
1995 33 Houston NBA 72 72 38.8 10.7 20.8 .514 0.0 0.2 .214 5.5 7.6 .724 2.4 8.4 10.9 3.6 1.6 2.9 3.4 3.4 26.9
1996 34 Houston NBA 78 78 36.6 9.3 18.3 .510 0.1 0.2 .313 4.5 5.7 .787 2.2 7.0 9.2 3.0 1.5 2.2 3.6 3.2 23.2
1997 35 Houston NBA 47 45 34.7 6.5 13.5 .483 0.0 0.1 .000 3.4 4.5 .755 2.5 7.3 9.8 3.0 1.8 2.0 2.7 3.2 16.4
1998 36 Houston NBA 50 50 35.7 7.5 14.5 .514 0.1 0.3 .308 3.9 5.4 .717 2.1 7.4 9.6 1.8 1.6 2.5 2.8 3.2 18.9
1999 37 Houston NBA 44 28 23.8 4.4 9.6 .458 0.0 0.0 .000 1.6 2.5 .616 1.5 4.8 6.2 1.4 0.9 1.6 1.7 2.0 10.3
2000 38 Houston NBA 58 55 26.6 4.9 9.8 .498 0.0 0.0 .000 2.1 3.4 .621 2.1 5.3 7.4 1.2 1.2 1.5 1.4 2.4 11.9
2001 39 Toronto NBA 61 37 22.6 3.2 6.9 .464 0.0 0.0 .000 0.8 1.4 .560 1.6 4.4 6.0 1.1 1.2 1.5 1.6 2.4 7.1
Total NBA 1238 1186 35.7 8.7 17.0 .512 0.0 0.1 .202 4.4 6.2 .712 3.3 7.8 11.1 2.5 1.7 3.1 3.0 3.5 21.8
Temp. Idade Equipo Liga P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROU TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST
1985 22 Houston NBA 5 187 42 88 0 0 22 46 33 65 7 7 13 11 22 106 .477 .478 37.4 21.2 13.0 1.4
1986 23 Houston NBA 20 766 205 387 0 1 127 199 101 236 39 40 69 43 87 537 .530 .000 .638 38.3 26.9 11.8 2.0
1987 24 Houston NBA 10 389 110 179 0 1 72 97 39 113 25 13 43 36 44 292 .615 .000 .742 38.9 29.2 11.3 2.5
1988 25 Houston NBA 4 162 56 98 0 1 38 43 20 67 7 9 11 9 14 150 .571 .000 .884 40.5 37.5 16.8 1.8
1989 26 Houston NBA 4 162 42 81 0 0 17 25 14 52 12 10 11 10 17 101 .519 .680 40.5 25.3 13.0 3.0
1990 27 Houston NBA 4 161 31 70 0 0 12 17 15 46 8 10 23 11 19 74 .443 .706 40.3 18.5 11.5 2.0
1991 28 Houston NBA 3 129 26 45 0 1 14 17 12 44 6 4 8 8 11 66 .578 .000 .824 43.0 22.0 14.7 2.0
1993 30 Houston NBA 12 518 123 238 0 1 62 75 52 168 57 21 59 45 37 308 .517 .000 .827 43.2 25.7 14.0 4.8
1994 31 Houston NBA 23 989 267 514 2 4 128 161 55 254 98 40 92 83 82 664 .519 .500 .795 43.0 28.9 11.0 4.3
1995 32 Houston NBA 22 929 306 576 2 4 111 163 44 227 98 26 62 69 95 725 .531 .500 .681 42.2 33.0 10.3 4.5
1996 33 Houston NBA 8 329 75 147 0 1 29 40 17 73 31 15 17 29 28 179 .510 .000 .725 41.1 22.4 9.1 3.9
1997 34 Houston NBA 16 629 147 249 0 3 76 104 46 174 54 33 41 46 61 370 .590 .000 .731 39.3 23.1 10.9 3.4
1998 35 Houston NBA 5 190 39 99 0 1 24 33 9 54 12 5 16 13 18 102 .394 .000 .727 38.0 20.4 10.8 2.4
1999 36 Houston NBA 4 123 23 54 0 0 7 8 5 29 2 5 3 5 18 53 .426 .875 30.8 13.3 7.3 0.5
2002 39 Toronto NBA 5 86 12 22 0 0 4 6 9 19 2 7 4 6 9 28 .545 .667 17.2 5.6 3.8 0.4
Total NBA 145 5749 1504 2847 4 18 743 1034 471 1621 458 245 472 424 562 3755 .528 .222 .719 39.6 25.9 11.2 3.2
O 34 de Olajuwon, retirado polos Cougars.
  • Dous campionatos da NBA (1994, 1995)
  • Dúas veces MVP das Finais da NBA (1994, 1995)
  • MVP da NBA (1994)
  • Dúas veces Defensor do Ano da NBA (1993, 1994)
  • Seis veces membro do Primeiro Equipo da NBA (1987, 1988, 1989, 1993, 1994, 1997)
  • Tres veces membro do Segundo Equipo da NBA (1986, 1990, 1996)
  • Tres veces membro do Terceiro Equipo da NBA (1991, 1995, 1999)
  • Cinco veces membro do Equipo Defensivo da NBA (1987, 1988, 1990, 1993, 1994)
  • Doce veces All-Star
  • Medallista de ouro olímpico (1996)
  • Un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" (1996)
  • Único xogador da NBA en gañar o MVP, MVP das finais e Xogador Defensivo do Ano nunha mesma tempada (1994)
  • Un dos catro xogadores da NBA en acabar un partido cun cuádruplo-dobre.
  • Olajuwon tamén gañou os títulos de reboteador e taponador, converténdose no terceiro xogador (tras Abdul-Jabbar e Bill Walton) en liderar a liga en ambas as categorías na mesma tempada.
  • Líder de todos os tempos en tapóns, pasando ao segundo lugar a Kareem Abdul-Jabbar (Nota: a NBA non gardou estatísticas de tapóns ata que Abdul-Jabbar estivo na liga varios anos).
  • Olajuwon tamén está no top ten de tapóns, anotación, rebotes e roubos. É o único xogador da historia da NBA en estar no top ten do catro categorías.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]