Gustave Flaubert
Gustave Flaubert, nado en Ruán o 12 de decembro 1821 e finado en Canteleu (Croisset, Normandía) o 8 de maio de 1880, foi un escritor francés. O seu estilo podería identificarse entre o psicoloxismo de Stendhal e o naturalismo de Émile Zola.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia da pequena burguesía católica e de devanceiros protestantes. Gustave Flaubert é o segundo fillo de Achille Cléophas Flaubert (1784-1846), cirurxián xefe no Hôtel-Dieu (hospital) de Ruán, e da súa esposa, Anne Justine Caroline Fleuriot (1793-1872), fila dun médico de Pont-L'Évêque. Foi o quinto fillo da parella, logo dunha irmá e dous irmáns mortos a unha curta idade, foi afastado en favor do seu irmán máis vello, Achille, brillante alumno admirado pola familia (e que acabou sucedendo o seu pai como cirurxián xefe do Hôtel-Dieu de Ruán). Gustave Flaubert viviu unha infancia sen alegría, marcado polo ambiente sombrío do piso do seu pai no hospital da vila (hoxe en día museo Flaubert e de historia da medicina, pero dulcificada pola súa complicidade coa súa irmá máis nova, Caroline, nada tres anos máis tarde ca el.
Adolescente de exaltacións románticas, sentiuse xa atraído pola escritura durante a súa idade escolar vivida sen entusiasmo como interno no Collège Royal e desde 1832 no instituto de Ruán. Alí coñeceu a Ernest Chevalier, con quen creou en 1834 Art et Progrès, un periódico manuscrito onde fixo aparecer o seu primeiro texto público. En decembro de 1839 foi expulsado por indisciplina, e aprobou o bacharelato por libre en 1840.
O primeiro fito notable na súa xuventude foi cando coñeceu en Trouville-sur-Mer, durante o verán de 1836, a Élisa Schlésinger que deixará unha forte pegada nel ata a fin dos seus días. Trasladou esta paixón muda, coa carga emocional que ela desenvolve nel, na súa novela L'Éducation sentimentale, en particular na famosa páxina da «aparición» de Madame Arnoux ao respecto do mozo Frédéric e do seu último encontro espiñento.
Empezou estudos de dereito pero sen rematalos, pois sufría de epilepsia. No 1848 presenciou a Revolución en París e dende maio dese mesmo ano ata setembro de 1849 viaxou co seu amigo Maxime Ducamp por Exipto, Xerusalén, Constantinopla e Italia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Madame Bovary[1] (1857).
- Salammbô (1862)
- A educación sentimental[2] (1869).
- La Tentation de saint Antoine (1874) - ("A tentación de santo Antonio")
- Tres contos[3][4] ("Un corazón simple", "Herodías" e "A lenda da San Xulián o hospitalario") (Trois contes: "Un cœur simple", "La Légende de Saint Julien l’Hospitalier", "Hérodias") (1877).
- Bouvard e Pécuchet[5] (1881).
- Lettres à la municipalité de Rouen (1872) - ("Cartas ó concello de Rouen")
- Le Candidat (1874) - ("O candidato")
- Le Château des cœurs (1880) - ("O castelo dos corazóns")
- Mémoires d’un fou (1838) - ("Memorias dun tolo")
- À bord de la Cange (1904) - ("A bordo do Cange")
- Par les champs et les grèves (1910) - ("Polas leiras e as folgas")
- Dictionnaire des idées reçues (1913) - ("Dicionario de ideas recibidas")
- Œuvres de jeunesse inédites (1910) - ("Obras de mocidade inéditas")
- Lettres inédites à Tourgueniev (1947) - ("Cartas inéditas a Turgeneiev")
- Lettres inédites à Raoul Duval (1950) - ("Cartas inéditas a Raoul Duval")
- Un coeur simple" (1876) - ("Un corazón simple")
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Traducido ao galego por Antonio Pichel, publicado por Editorial Galaxia en 1994.
- ↑ Traducido ao galego por Isabel Soto, publicado por Editorial Hugin e Munin en 2022.
- ↑ Traducido por Emma Lázare e publicado por Editorial Galaxia en 2007.
- ↑ Ficha Arquivado 10 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.
- ↑ Traducido ao galego por Ana María Galego Gen, publicado por Editorial Toxosoutos en 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gustave Flaubert |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de MSN Encarta en castelán.
- Unha páxina do conto Herodías " O desenlace de Herodías" traducida en galego na hemeroteca La Voz de Galicia.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |