Gran Premio de Mónaco de 1989
Nome oficial | XLVII Monaco Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1989 |
Distancia do evento | 77 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 7 de maio de 1989 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Alain Prost |
O Gran Premio de Mónaco de 1989 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 7 de maio de 1989 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1989.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Ferrari decidiu non presentar un segundo coche para substituír a Gerhard Berger, que resultou ferido nun accidente en Imola. Tyrrell tiña uns novos coches que parecían prometedores. Ayrton Senna estaba na pole cun segundo sobre o seu compañeiro de equipo Alain Prost, e Thierry Boutsen compartía a segunda fila co sorprendentemente competitivo Brabham de Martin Brundle. Nigel Mansell, foi seguido polo quinto Derek Warwick, Riccardo Patrese, Stefano Modena, Alex Caffi e Andrea De Cesaris. O equipo Coloni conseguiu clasificar os seus dous coches nunha carreira por única vez, o que permitiu pilotar a Pierre-Henri Raphanel para facer o seu debut nun Gran Premio. No inicio Senna saíu con brillantez e Prost non puido facer nada. Os McLaren adiantáronse na pista como de costume, mentres que detrás deles os Williams tiñan todo tipo de problemas, xa que ambos Boutsen e Patrese tiveron que deterse debido as novas ás traseiras. Nigel Mansell abandonou na volta 30 con problemas na caixa de cambios do seu Ferrari. un dos temas de conversación da carreira chegou na volta 33, cando De Cesaris intentou pasar a Nelson Piquet na pinza de Loews. Produciuse o predicible accidente e os dous pilotos intercambiaron algunhas palabras, amais de causaren un grande atoamento de tráfico. Brundle ía ben ata que tivo que parar por culpa da batería caendo ata o sétimo posto. Senna continuou dominando, Prost demorárase no incidente de Piquet-De Cesaris, e gañou o seu segundo Gran Premio de Mónaco por diante de Prost. Isto a pesar de que Senna perdera a primeira e a segunda marcha durante a carreira e disimulou da mellor maneira para que Prost non se decatase e o presionase para tomar a dianteira. Módena terminou en terceiro lugar, anotando os seus primeiros puntos na Fórmula Un e o último podio de Brabham. Alex Caffi, Michele Alboreto, e Brundle, que logrou á sexta posición na última volta como consecuencia da retirada de Ivan Capelli, completaron as posicións puntuables. Caffi logrou os primeiros puntos tanto para el como para seu Dallara.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pre cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferncia |
---|---|---|---|---|---|
1 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:26.957 | |
2 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:27.098 | +0.141 |
3 | 32 | Pierre-Henri Raphanel | Coloni-Ford | 1:27.590 | +0.633 |
4 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:27.774 | +0.817 |
5 | 18 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Ford | 1:27.795 | +0.838 |
6 | 36 | Stefan Johansson | Onyx-Ford | 1.27.821 | +0.864 |
7 | 17 | Nicola Larini | Osella-Ford | 1:28.555 | +1.598 |
8 | 34 | Bernd Schneider | Zakspeed-Yamaha | 1:28.610 | +1.653 |
9 | 37 | Bertrand Gachot | Onyx-Ford | 1:28.897 | +1.940 |
10 | 33 | Gregor Foitek | Euro Brun-Judd | 1:29.423 | +2.466 |
11 | 39 | Volker Weidler | Rial-Ford | 1:29.498 | +2.541 |
12 | 35 | Aguri Suzuki | Zakspeed-Yamaha | 1:30.528 | +2.571 |
13 | 41 | Joachim Winkelhock | AGS-Ford | 1:32.274 | +4.317 |
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:24.126 | 1:22.308 | |
2 | 2 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:24.671 | 1:23.456 | +1.148 |
3 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:25.540 | 1:24.332 | +2.024 |
4 | 7 | Martin Brundle | Brabham-Judd | 1:26.970 | 1:24.580 | +2.272 |
5 | 27 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:25.363 | 1:24.735 | +2.427 |
6 | 9 | Derek Warwick | Arrows-Ford | 1:26.606 | 1:24.791 | +2.483 |
7 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:27.138 | 1:25.021 | +2.713 |
8 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:27.598 | 1:25.086 | +2.778 |
9 | 21 | Alex Caffi | Dallara-Ford | 1:27.894 | 1:25.481 | +3.173 |
10 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:26.617 | 1:25.515 | +3.207 |
11 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:28.469 | 1:26.288 | +3.980 |
12 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | No Time | 1:26.388 | +4.080 |
13 | 40 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:26.603 | 1:26.422 | +4.114 |
14 | 15 | Maurício Gugelmin | March-Judd | 1:28.917 | 1:26.522 | +4.214 |
15 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:28.608 | 1:26.599 | +4.291 |
16 | 26 | Olivier Grouillard | Ligier-Ford | 1:27.040 | 1:26.792 | +4.484 |
17 | 30 | Philippe Alliot | Lola-Lamborghini | 1:26.975 | 1:26.857 | +4.549 |
18 | 32 | Pierre-Henri Raphanel | Coloni-Ford | 1:30.264 | 1:27.011 | +4.703 |
19 | 11 | Nelson Piquet | Lotus-Judd | 1:29.047 | 1:27.046 | +4.738 |
20 | 10 | Eddie Cheever | Arrows-Ford | 1:28.461 | 1:27.117 | +4.809 |
21 | 25 | René Arnoux | Ligier-Ford | 1:30.003 | 1:27.182 | +4.874 |
22 | 16 | Ivan Capelli | March-Judd | 1:29.800 | 1:27.302 | +4.994 |
23 | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 1:29.151 | 1:27.452 | +5.144 |
24 | 20 | Johnny Herbert | Benetton-Ford | 1:29.661 | 1:27.706 | +5.398 |
25 | 31 | Roberto Moreno | Coloni-Ford | 1:30.209 | 1:27.721 | +5.413 |
26 | 24 | Luis Pérez-Sala | Minardi-Ford | 1:28.886 | 1:27.786 | +5.478 |
27 | 38 | Christian Danner | Rial-Ford | 1:28.737 | 1:27.910 | +5.602 |
28 | 29 | Yannick Dalmas | Lola-Lamborghini | 1:29.794 | 1:27.946 | +5.638 |
29 | 12 | Satoru Nakajima | Lotus-Judd | 1:28.568 | 1:28.419 | +6.111 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1989 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1989 |
Carreira seguinte: Gran Premio de México de 1989 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1988 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1990 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1989 |