Saltar ao contido

Gran Premio de Abu Zabi de 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Abu Zabi de 2022
Imaxe
TipoGran Premio de Abu Zabi Editar o valor en Wikidata
DeporteFormula racing e Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2022 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento58 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Yas Marina 24°28′13″N 54°36′22″L / 24.470244, 54.606075 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,554 km Editar o valor en Wikidata
PaísEmiratos Árabes Unidos Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo18 de novembro de 2022 – 20 de novembro de 2022 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMax Verstappen Editar o valor en Wikidata
Pole positionMax Verstappen Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaLando Norris Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Abu Zabi de 2022 (oficialmente coñecido como Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2022) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 20 de novembro de 2022 no Circuíto de Yas Marina na Illa Yas, unha illa nos arredores de Abu Zabi nos Emiratos Árabes Unidos. A carreira foi a última rolda da tempada 2022, a décimo cuarta edición do Gran Premio de Abu Zabi e a décimo cuarta vez que a carreira se disputou como unha proba do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Daniel Ricciardo de McLaren ten unha penalización de tres postos na grella por causar unha colisión con Kevin Magnussen na rolda anterior, o Gran Premio de São Paulo.[1]

Pneus dispoñibles

[editar | editar a fonte]
Pneus dispoñibles para Yas Marina
Pneus para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros (Tipo C3)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios (Tipo C4)
Représentation des pneus tendres
Brandos (Tipo C5)
    Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
   Représentation des pneus pluie
      Chuvia

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Kevin Magnussen, despois de conseguir a súa primeira pole position na carreira anterior no Gran Premio de São Paulo, quedou eliminado no primeiro segmento e foi superado polo seu compañeirosaínte do equipo Haas Mick Schumacher por sexta vez de 22. Sebastian Vettel cría que foi obstaculizado polos pilotos de Red Bull Racing en tres ocasións distintas, por Sergio Pérez no primeiro segmento e dúas veces por Max Verstappen durante o segundo segmento. Aínda que Vettel argumentou que as infraccións lle custaran "unha décima" de segundo por volta, iso non lle impediu clasificarse noveno, igualando o seu mellor resultado da tempada.

Verstappen axudou ao intento de Pérez no segmento final dándolle rebufo durante toda a volta, xa que Red Bull Racing buscaba darlle a Pérez todas as oportunidades para rematar por diante de Charles Leclerc para o segundo posto no campionato. Foi Verstappen quen logrou a pole position, a sétima da tempada, con Pérez segundo clasificado para darlle a Red Bull Racing o seu primeiro dobrete na primeira fila desde o Gran Premio de México de 2018.[Cómpre referencia] Os resultados da clasificación tamén significaron que o sete veces campión do mundo Lewis Hamilton non lograse unha pole position durante unha tempada por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un desde que comezou en 2007, unha serie de récords.[2]

Clasificación da cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempo de cualificación Grella
Q1 Q2 Q3
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 1:24.754 1:24.622 1:23.824 1
2 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 1:24.820 1:24.419 1:24.052 2
3 16 Charles Leclerc Ferrari 1:25.211 1:24.517 1:24.092 3
4 55 España Carlos Sainz Ferrari 1:25.090 1:24.521 1:24.242 4
5 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:25.594 1:24.774 1:24.508 5
6 63 George Russell Mercedes 1:25.545 1:24.940 1:24.511 6
7 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:25.387 1:24.903 1:24.769 7
8 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 1:25.735 1:25.007 1:24.830 8
9 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 1:25.523 1:24.974 1:24.961 9
10 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 1:25.766 1:25.068 1:25.045 13[3]
11 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 1:25.782 1:25.096 10
12 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 1:25.630 1:25.219 11
13 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 1:25.711 1:25.225 12
14 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:25.741 1:25.359 14
15 24 China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 1:25.594 1:25.408 15
16 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:25.834 16
17 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 1:25.859 17
18 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 1:25.892 18
19 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:26.028 19
20 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 1:26.054 20
107% tempo: 1:30.687
Fonte:[4][5]

Lewis Hamilton adiantouse a Carlos Sainz na saída e mantívose na curva seis, cando Sainz intentou adiantar por dentro a Hamilton o que fixo que o pilto de Mercedes pasara por riba do bordo da chicana, permitíndolle manter a posición a pesar de ir momentaneamente polo aire. Na quinta volta, Hamilton recibiu instrucións para deixar pasar a Sainz, e aínda que seguirían loitando durante algunhas voltas, finalmente o Ferrari afastaríase.

O compañeiro de equipo de Hamilton, George Russell, recibiu unha penalización de cinco segundos por unha saída de boxes insegura, o que obrigou a Lando Norris a frear para evitar unha colisión. Isto deixou a Russell na sexta posición despois da súa segunda parada en boxes.

Na volta 28, Fernando Alonso retirouse da carreira cunha fuga de auga, arruinando o sistema de refrixeración do coche. Foi a súa quinta retirada por un erro técnico da tempada, e a súa sexta na xeral.

Na volta 39, Mick Schumacher e Nicholas Latifi chocaron na curva 5, cando Schumacher intentou pasar por dentro, trompeando ambos e facendo que Latifi tomase contacto coa barreira. Latifi veríase obrigado a retirarse da carreira debido ao dano resultante na suspensión, mentres que Schumacher recibiu unha penalización de cinco segundos.

A batalla de estratexia viu unha división entre a maioría dos equipos, con Max Verstappen, Charles Leclerc, Sebastian Vettel, Daniel Ricciardo, Valtteri Bottas, Kevin Magnussen e Hamilton todos empregando unha estratexia de parada única mentres que os seus compañeiros usaban unha de dúas paradas. Isto resultou nun excelente final de carreira do Gran Premio, xa que os coches máis rápidos intentaron atrapar e pasar aos máis lentos que priorizaran a posición da pista.

Na volta 45, a Hamilton quedoulle atascad a sétima marcha ao fallar a súa caixa de cambios. Isto obrigouno a retirarse, acabando con calquera oportunidade que Mercedes tiña de superar a Ferrari para o segundo posto no Campionato de Construtores. Tamén significaba que, por primeira vez nos 16 anos de carreira de Hamilton, pasou unha tempada enteira sen rexistrar nin unha vitoria de Gran Premio nin unha pole position.

Verstappen gañou o Gran Premio por unha cómoda marxe, a súa terceira vitoria consecutiva en Abu zabi e a décimo quinta da tempada, ampliando o seu récord. Leclerc aguantou a Pérez para quedar segundo, o que lle permitiu facer segundo no Campionato de Pilotos por tres puntos. Ricciardo (noveno) e Vettel (décimo) sumaron puntos na súa última carreira antes de saír da grella en 2023. Lance Stroll terminou oitavo, o que non foi suficiente para que Aston Martin acadara o sexto lugar no campionato, rematando empatado a puntos con Alfa Romeo, pero perdendo na conta atrás debido ao quinto posto de Bottas no Gran Premio da Emilia Romaña.

Despois da carreira, Verstappen, Leclerc e Pérez fixeron roscos na recta principal, chegando máis tarde Vettel para facer algúns el só. Outros pilotos, incluídos os que se despedían Ricciardo e Schumacher, utilizaron zonas de seguridade en varias partes da pista para facer os seus propios roscos.

Clasificación da carreira

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-RBPT 58 1:27:45.914 1 25
2 16 Charles Leclerc Ferrari 58 +8.771 3 18
3 11 Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT 58 +10.093 2 15
4 55 España Carlos Sainz Ferrari 58 +24.892 4 12
5 63 George Russell Mercedes 58 +35.888 6 10
6 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 58 +56.234 7 9[6]
7 31 Francia Esteban Ocon Alpine-Renault 58 +57.240 8 6
8 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 58 +1:16.931 14 4
9 3 Australia Daniel Ricciardo McLaren-Mercedes 58 +1:23.268 13 2
10 5 Alemaña Sebastian Vettel Aston Martin Aramco-Mercedes 58 +1:23.898 9 1
11 22 Yuki Tsunoda AlphaTauri-RBPT 58 +1:29.371 11
12 24 República Popular da China Guanyu Zhou Alfa Romeo-Ferrari 57 +1 volta 15
13 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 57 +1 volta 19
14 10 Francia Pierre Gasly AlphaTauri-RBPT 57 +1 volta 17
15 77 Finlandia Valtteri Bottas Alfa Romeo-Ferrari 57 +1 volta 18
16 47 Alemaña Mick Schumacher Haas-Ferrari 57 +1 volta 12
17 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 57 +1 volta 16
18[7] 44 Lewis Hamilton Mercedes 55 Caixa de cambios 5
19[7] 6 Nicholas Latifi Williams-Mercedes 55 Danos por colisión 20
Ret 14 España Fernando Alonso Alpine-Renault 27 Circuíto auga 10
Volta rápida: Lando Norris (1'28.391) – (volta 44)
Fonte::[5][8][9]

Notas

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
  1. "Ricciardo handed 3-place grid drop for final McLaren outing after Magnussen contact in Sao Paulo GP". Formula1.com. 13 de novembro de 2022. Consultado o 13 de novembro de 2022. 
  2. https://www.statsf1.com/en/statistiques/pilote/pole/annee-consecutive.aspx
  3. Daniel Ricciardo recibiu unha penalización de tres postos na grella por causar unha colisión con Kevin Magnussen na rolda anterior.
  4. "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2022 – Qualifying". Formula 1.com. 19 de novembro de 2022. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2022 – Starting Grid". Formula 1.com. 19 de novembro de 2022. Consultado o 19 de novembro de 2022. 
  6. Inclúe un punto pola volta rápida.
  7. 7,0 7,1 Lewis Hamilton e Nicholas Latifi clasificáronse xa que completaron máis do 90% da distancia da carreira.
  8. "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2022 – Race Result". Formula 1.com. 20 de novembro de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  9. 9,0 9,1 "Formula 1 Etihad Airways Abu Dhabi Grand Prix 2022 – Fastest Laps". Formula 1.com. 20 de novembro de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 "Abu Dhabi 2022 – Championship". Stats F1. 20 de novembro de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 2022
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2022
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bahrain de 2023
Carreira anterior:
Gran Premio de Abu Zabi de 2021
Gran Premio de Abu Zabi Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2023