Saltar ao contido

Gino Bartali

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGino Bartali

(1963) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Ponte a Ema, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 2000 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaToscana Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista, director deportivo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
1935-1935 Frejus (cycling team)
1936-1943 Legnano
1945-1948 Legnano
Participou en
19511951 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (5º)
19501950 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (5º)
19491949 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (2º)
19481948 Challenge Desgrange-Colombo (en) Traducir (3º)
Tour de Francia Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0058392 BNE: XX5647093 Editar o valor en Wikidata

Gino Bartali, nado en Ponte de Ema (Florencia) o 14 de xullo de 1914 e finado en Florencia o 5 de maio do 2000, foi un ciclista italiano. Gañou dous Tour de Francia e é o ciclista que o fixo dun xeito máis distante no tempo (10 anos entre un e outro).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse como profesional en 1935, ano no que gañou unha Volta ao País Vasco e a clasificación na montaña no Giro de Italia. Gañou tres Giros de Italia en 1936, 1937 e 1946, e obtivo 12 vitorias parciais. Foi catro anos segundo. Gañou sete veces o Gran Premio da Montaña nesa volta por tiradas.

Gañou o Tour de Francia en 1938 e 1948, e 12 tiradas nesa carreira. En 1949 foi segundo. Venceu catro veces na Milán-San Remo e dúas no Giro da Lombardía e adxudicouse en dúas ocasións a Volta a Suíza.

Rivalizou con Fausto Coppi. Relegouno á segunda posición no Giro en 1946. Coppi desprazouno a esa praza en 1947 e 1949. Ese ano foi a apoteose italiana no Tour, cando os dous campións dominaron a carreira, con Coppi primeiro e Bartali segundo.

Tivo que afrontar a interrupción da segunda guerra mundial. A súa fe católica explica algúns do seus alcumes como Gino o pío. Un accidente obrigouno a retirarse en 1954.

A República Italiana ten recoñecido o valor del e a súa dona por ter salvado moitos xudeus na época do fascismo. A súa dona Adriana recibiu a medalla de ouro ao valor civil no 2006.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

1935

1936

1937

1938

  • Primeiro no Tour de Francia, mais dúas etapas e clasificación da montaña
  • Tre Valli Varesine
  • Segundo no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta
  • Giro della Provincia di Milano

1939

  • Milán-San Remo
  • Giro da Lombardía
  • Giro del Piemonte
  • Segundo no Giro de Italia, mais catro etapas e clasificación da montaña
  • Giro di Toscana
  • Giro della Provincia di Milano

1940

  • Campión de Italia en ruta
  • Milán-San Remo
  • Giro da Lombardía
  • Dúas etapas do Giro de Italia e clasificación da montaña
  • Giro del Lazio
  • Giro di Toscana
  • Giro di Campania
  • Giro della Provincia di Milano

1942

  • Terceiro no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta
  • Giro della Provincia di Milano

1945

  • Giro del Lazio
  • Giro di Campania

1946

1947

  • Milán-San Remo
  • Segundo no Giro de Italia, mais dúas etapas e clasificación da montaña
  • Volta a Suíza, mais dúas etapas

1948

  • Campionato de Zúric
  • Primeiro no Tour de Francia, mais sete etapas e clasificación da montaña
  • Giro di Toscana

1949

  • Segundo no Tour de Francia, mais unha etapa
  • Segundo no Giro de Italia
  • Tour de Romandía

1950

  • Milán-San Remo
  • Unha etapa do Tour de Francia
  • Segundo no Giro de Italia, mais unha etapa
  • Giro di Toscana

1951

  • Segundo no Campionato de Italia de Ciclismo en Ruta
  • Giro del Piemonte

1952

1953

  • Giro d'Emilia
  • Giro di Toscana

Resultados en grandes voltas e no Campoonato do Mundo

[editar | editar a fonte]
Carreira 1935 1936 1937 1938 1939 1940 1941 1942 1943 1944 1945 1946 1947 1948 1949 1950 1951 1952 1953 1954
Giro de Italia - X X X X X 10º 13º
Tour de Francia - - Ab. - X X X X X X X - Ab. 11º -
Vuelta a España - - X X X X - - X X - - - - X - X X X X
Mundial en Ruta - - - - - X X X X X 12º - - - - 10º - -

-: Non participa
Ab.: Abandono
X: Edicións non celebradas