Saltar ao contido

Finrod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Finrod Felagund é un personaxe ficiticio do mundo de fantasía da Terra Media, creado polo autor inglés J. R. R. Tolkien. É un elfo Noldorin, o fillo máis vello de Finarfin e Eärwen de Alqualondë en Aman. Aparece na obra O Silmarillion, no poema épico The Lay of Leithian e nos Grey Annals, así como noutros materiais. É o rei de Nargothrond na Primeira Idade da Terra Media antes da súa morte. A liñaxe do personaxe e os seus descendentes sufriron unha serie de cambios entre as publicacións póstumas de Tolkien; algúns deles foron decisións editoriais tomadas polo seu fillo Christopher Tolkien que seguiu editando a obra inacabada do seu pai. Os estudosos de Tolkien analizaron o papel do personaxe.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]