Fanny Kemble
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Frances Anne Kemble 27 de novembro de 1809 Londres, Reino Unido |
Morte | 15 de xaneiro de 1893 (83 anos) Londres, Reino Unido |
Lugar de sepultura | cemiterio de Kensal Green |
Actividade | |
Ocupación | dramaturga, actriz de teatro, autora de diarios, escritora, abolicionista |
Familia | |
Cónxuxe | Pierce Butler (1834–) |
Fillos | Sarah Butler, Frances Butler |
Pais | Charles Kemble e Maria Theresa Kemble |
Irmáns | John Mitchell Kemble Adelaide Kemble Henry James Vincent Kemble |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Dictionary of National Biography, first supplement (en) Obálky knih, |
Frances Anne "Fanny" Kemble, nada en Londres o 27 de novembro de 1809 e finada na mesma cidade o 15 de xaneiro de 1893 foi unha destacada actriz británica, membro dunha familia teatral. Tamén foi unha célebre e popular escritora.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Membro da famosa familia teatral Kemble, Fanny era a filla máis vella do actor Charles Kemble e a súa esposa vienesa, Marie Therese De Camp. Era sobriña da notable tráxica Sarah Siddons e do actor John Philip Kemble. A súa irmá máis nova era a cantante de ópera Adelaide Kemble.[1] En 1821, Fanny Kemble marchou a estudar arte e música a París. Ademais de pola literatura e a sociedade, foi na academia de Mrs. Lamb na Rue d’Angoulême, Champs Elysées, onde Fanny descubriu persoalmente a interpretación por primeira vez, lendo para os pais dos alumnos durante o tempo da escola. Cando era adolescente, Kemble pasaba o tempo estudando literatura e poesía, en particular a obra de Lord Byron.[2]
Unha das súas profesora foi Frances Arabella Rowden (1774-1840?),[3] que estivera asociada coa Reading Abbey Girls' School dende que tiña dezaseis anos. Rowden era unha mestra comprometida, cun entusiasmo en particular polo teatro. Non só era poeta, senón, segundo Mary Russell Mitford, "tiña facilidade para converter as súas alumnas en poetas".[4]
En 1827, Kemble escribiu a súa primeira obra en cinco actos, Francis the First, que recibiu a aclamación da crítica.[5]
O 26 de outubro de 1829, con vinte anos, Kemble debutou no teatro como Xulieta en Romeo e Xulieta no Covent Garden Theatre despois de só tres semanas de ensaio. A súa personalidade atractiva convertérona nunha favorita do público e a súa popularidade permitiu ao seu pai recuperar as súas perdas como xerente de actores. Kemble interpretou os principais papeis femininos desa época, especialmente Portia (Merchant of Venice) e Beatrice (Much Ado about Nothing) de Shakespeare, e Lady Teazle en The School for Scandal, de Richard Brinsley Sheridan.[6][7] A Kemble non lle gustaba a artificiosidade do estrelado, mais apreciaba o salario que aceptaba para axudar a súa familia, que en ocasións tiña problemas financeiros.
En 1832, Kemble acompañou o seu pai nunha xira polos Estados Unidos. Mentres estaba en Boston 1833, viaxou a Quincy para ver a tecnoloxía revolucionaria do primeiro ferrocarril comercial do país.
Matrimonio e fillas
[editar | editar a fonte]En 1834, Kemble retirouse do teatro para casar o 7 de xuño co estadounidense Pierce Mease Butler.[1] Aínda que se coñeceron e viviron en Filadelfia, Butler era neto de Pierce Butler, Pai Fundador, e era o herdeiro dunha gran fortuna en plantacións de algodón, tabaco e arroz. No tempo en que naceron as fillas da parella, Sarah e Frances, Butler herdara tres das plantacións do seu avó na illa Butler, ao sur de Darien, Xeorxia, e os centos de persoas que eran escravos nelas.[8]
A familia visitou Xeorxia durante o inverno de 1838–39, vivindo nas plantacións de Butler e as illas St. Simons, en condicións primitivas en comparación coa súa casa en Filadelfia. Kemble asombrouse pola vida e as condicións de traballo dos escravos e o tratamento por parte dos xerentes.
Cando a familia regresou a Filadelfia na primavera de 1839, Kemble e o seu marido sufrían de tensións matrimoniais. Ademais do seu desacordo co tratamento das familias de escravos nas plantacións de Butler, Kemble estaba "resentida e avergoñada" polas infidelidades do seu marido.[9] Butler ameazouna con negarlle o acceso ás súas fillas se publicaba algo das súas observacións nas plantacións.[10] En 1845-7, o matrimonio fracasra irremediablemente e Kemble volveu a Europa.[1]
Separación e divorcio
[editar | editar a fonte]En 1847, Kemble volveu ao escenario nos Estados Unidos, xa que tiña que buscar a súa vida trala separación. Seguindo o exemplo do seu pai, apareceu con éxito como lectora de obras de Shakespeare, máis que actuando en obras. A parella sufriu un amargo divorcio en 1849, en que Butler retivo a custodias das súas fillas. Nesa época en que o divorcio era raro e nunha sociedade patriarcal, o pai adoitaba lograr a custodia dos fillos. Á parte de breves visitas, Kemble non se reuniu coas súas fillas ata que cada unha cumpriu vinte e un anos.[6]
Vida posterior
[editar | editar a fonte]Kemble concluíu a súa carreira como lectora shakespeareana en 1868,[11] e o seu éxito nesta faceta permitiulle comprar unha casa en Lenox, Massachusetts.[12] En 1877, Kemble volveu a Londres e reuniuse coa súa filla Frances, que se mudara aló co seu marido británico. Kemble usou o seu apelido de solteira e viviu alí ata a súa morte. Durante ese período foi unha figura prominente e popular da sociedade londiniense. Foi unha grande amiga do escritor Henry James nos seus últimos anos. A súa novela Washington Square (1880), está baseada nunha historia que Kemble lle contara sobre un dos seus familiares.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kemble [married name Butler], Frances Anne [Fanny] (1809–1893), actress and author | Oxford Dictionary of National Biography. The Oxford Dictionary of National Biography (en inglés) (Oxford University Press). doi:10.1093/ref:odnb/15318. Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ Armstrong, Margaret (1938). Fanny Kemble: A Passionate Victorian. Nova York: Macmillan Company.
- ↑ "Rowden [married name de St Quentin], Frances Arabella (1774–1840?), schoolmistress and poet | Oxford Dictionary of National Biography" (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/59581. Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ eds, Lilla Maria Crisafulli & Cecilia Pietropoli, (2008). "appendix". The languages of performance in British romanticism (Oxford ; Bern ; Berlin ; Frankfurt am Main ; Wien$nLang. ed.). Nova York: P. Lang. p. 301. ISBN 3039110977.
- ↑ Scullion, Adrienne (1996). Female Playwrights of the Nineteenth Century. Londres: Orion Publishing.
- ↑ 6,0 6,1 Clinton, Catherine (2000). Fanny Kemble's civil wars. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 0-684-84414-1.
- ↑ David, Deirdre (2007). Fanny Kemble : a performed life. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 978-0-8122-4023-8.
- ↑ "Largest slave auction in American history". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2019.
- ↑ Bell, Malcolm. Major Butler's Legacy: Five Generations of a Slaveholding Family, Athens e London: Universidade de Xeorxia, 1987, pp. 288–310
- ↑ David (2007), A Performed Life, p. 154.
- ↑ Gentile, John (1989). Cast of One: One-Person Shows from the Chautauqua Platform to the Broadway Stage. Urbana, IL: University of Illinois Press. pp. 30–34. ISBN 0-252-01584-3.
- ↑ Harvard Magazine: Fanny Kemble, Brief life of a literary actress: 1809-1893, por Catherine Clinton Consultado o 5 de maio de 2017.
- ↑ [Singer, Irving. Cinematic Mythmaking, MIT Press, 2008. pp.88-89]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fanny Kemble |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Armstrong, Margaret. Fanny Kemble: A Passionate Victorian, Nova York: The Macmillan Company, 1938. OCLC 251126451
- Bell, Malcolm Jr., Major Butler's Legacy: Five Generations of a Slaveholding Family, Athens, GA: University of Georgia Press, 1987. ISBN 0820308978 OCLC 13703257
- Cate, Margaret Davis. "Mistakes in Fanny Kemble's Georgia Journal", Georgia Historical Quarterly 44 (marzo de 1960).
- Clinton, Catherine. Fanny Kemble's Civil Wars. Simon and Schuster, 2000.
- David, Deirdre. Kemble: A Performed Life, Filadelfia: University of Pennsylvania, 2007; ISBN 9780812240238 OCLC 123912578
- Dickerson, Vanessa D. Dark Victorians, Urbana: University of Illinois, 2008; ISBN 9780252090981 OCLC 785781174
- Driver, Leota Stultz. Fanny Kemble, Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1933. OCLC 931862377
- Gibbs, Henry (1945–1947). Affectionately Yours, Fanny: Fanny Kemble and the Theatre. Londres: Jarrolds Publishers Ltd. OCLC 1297230.
- Jenkins, Rebecca (2005). Fanny Kemble: A Reluctant Celebrity. Simon & Schuster. ISBN 978-0-7432-0918-2.
- Kemble, Frances Anne (1984). Journal of a Residence on a Georgian Plantation in 1838–39. University of Georgia Press. ISBN 9780820307077.
- King, Julia. Julia King to ____, 24 de outubro de 1930. Julia King letters and clippings, MS 1070, Georgia Historical Society, Savannah, Xeorxia.
- Leigh, Frances Butler. Ten Years on a Georgian Plantation since the War (1883) incluído en Principles and Privilege: Two Women's Lives on a Georgia Plantation. Ann Arbor: University of Michigan Press, 1994. ISBN 0472095226
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- People & Events: Fanny Kemble and Pierce Butler: 1806 – 1893 at pbs.org.
- The Writer's Almanac with Garrison Keillor commemoration of her birthday on 27 November.