Fado
O fado é un estilo musical portugués.[1] Xeralmente é cantado por unha soa persoa (fadista) e acompañado por viola e guitarra portuguesa. Os temas máis cantados no fado son a saudade, a nostalxia, a señardade ou as pequenas historias do cotián dos barrios típicos.
A palabra fado vén do latín fatum, ou sexa, "destino". De orixe escura, xurdiu probablemente na primeira metade do século XIX. Hai quen sinala na súa xénese unha síntese de xéneros musicais brasileiros, na altura de gran popularidade en Lisboa, como o lundun e a modiña.
A primeira cantadeira de fado da que se ten coñecemento foi Maria Severa.
O fado de Coímbra
[editar | editar a fonte]Fado tradicional de Coímbra, moi ligado ás tradicións académicas da Universidade de Coímbra. É exclusivamente cantado por homes. Tanto os cantores coma os músicos vesten de negro. Os temas respectan os amores estudantís e o amor pola cidade. O máis coñecido dos fados de Coímbra é Coimbra é unha canción, que tivo un éxito salientable en toda a Europa coa letra Avril au Portugal.
O fado de Lisboa
[editar | editar a fonte]É cantado tipicamente nas "casas de fado" tanto por homes como por mulleres. As mellores casas de fado encóntranse nos barrios típicos de Alfama, Mouraria, Bairro Alto e Madragoa. Ten como característica fundamental o cantar con tristura e con sentimento mágoas pasadas e presentes, mais tamén pode contar unha historia divertida con ironía, malia que son as menos. Tivo o seu expoñente máximo con Amália Rodrigues.
Fadistas
[editar | editar a fonte]- Alfredo Marceneiro
- Amália Rodrigues
- Ana Moura
- Camané
- Carlos do Carmo
- Cristina Branco
- Dulce Pontes
- Fernando Farinha
- Helena Leonor
- Joana Amendoeira
- Kátia Guerreiro
- Lucília do Carmo
- Mafalda Arnault
- Maria da Fé
- Maria Severa
- Maria Teresa de Noronha
- Maria Ana Bobone
- Mariza
- Mísia
- Nuno da Câmara Pereira
- Susana Germade
Guitarristas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fado.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fado |