Estación de Padrón-Barbanza
Padrón-Barbanza | |
---|---|
Situación | Padrón |
Servizos | MD |
Liñas | |
Media distancia | MD |
Intermodalidade | |
Bus | A Escravitude BUS |
Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.[1] Ten servizos de media distancia.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]Atópase no eixe atlántico de alta velocidade e substitúe á antiga estación da Escravitude, situada na liña de ferrocarril vella.
A estación
[editar | editar a fonte]Reaccións
[editar | editar a fonte]A entrada en funcionamento da nova vía de tren entre A Coruña e Vigo comportou a modificación de horarios en estacións intermedias, como as Padrón e a de Pontecesures, que dan servizo aos trens rexionais.
Debido a isto, usuarios habituais dos trens deste servizo queixáronse da supresión do tren que pasaba por ambas as estacións sobre as sete e media da mañá e que agora o fai a esa hora, pero desde a nova estación Padrón-Barbanza.
Este tren era moi usado por persoas que traballan como funcionarios en Santiago e por estudantes na mesma cidade. Agora, o tren de proximide pasa polas antigas estacións de Pontecesures e Padrón ás oito da mañá e, para algúns, é demasiado tarde, co que se vén obrigados a coller o coche e conducir até A Escravitude se queren subir ao tren das sete e media da mañá.
A día de hoxe, pola estación Padrón-Barbanza paran tres trens diarios en cada sentido.[2]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Media distancia
[editar | editar a fonte]Consultar horarios actualizados en:
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Estaciones intermedias | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
1 | MD | A Coruña | Cerceda-Meirama · Santiago de Compostela · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra · Redondela AV | Vigo-Urzáiz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adif. Eje Atlántico". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2014. Consultado o 24 de xaneiro de 2017.
- ↑ Los cambios de horario del tren provocan quejas en Padrón y Pontecesures La Voz de Galicia, 23 de abril de 2015.