Saltar ao contido

Apeadoiro de Cesantes

(Redirección desde «Estación de Cesantes»)
Cesantes
Apeadoiro de Cesantes
SituaciónRedondela
Liñas
Media distanciaMD

Cesantes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Cesantes, no concello de Redondela, provincia de Pontevedra. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

[editar | editar a fonte]

Atópase no punto quilométrico 4,2 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 27 metros de altitude, entre as estacións de Redondela-Picota e de Arcade.[1]

En 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.[2] Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Cesantes. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[2] En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

[editar | editar a fonte]

Media distancia

[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Pontevedra
Santiago de Compostela
Vigo-Guixar
  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Monforte a Vigo e Pontevedra (vía Ourense) Arquivado 29 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]