Espirro
Aparencia
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Un espirro ou esbirro é unha forma do corpo de expulsar dióxido de carbono en exceso, en forma de partículas líquidas. O espirro é unha expulsión de ar (como pode ser a tose), que é convulsiva e semiautónoma, do nariz e a boca. Algunhas doenzas poden ser transmitidas polo esbirro, que pode espallar até 40.000 gotículas infecciosas cuxo diámetro varía entre 0,5 e 5 µm.
Factores causantes do espirro
[editar | editar a fonte]- Alerxias (pole, po, etc.).
- Irritación polo po, pementa, talco, etc.; cando entran en contacto coa mucosa nasal.
- Inhalación de corticosteroides ou outros elementos químicos.
- Inxestión dalgúns alimentos (chocolate, café, viño, froitos secos etc.), en particular se se é alérxico aos mesmos.
- Infeccións virais, como gripes ou arrefriados.
- Reacción á luz brillante.
- Reacción a unha perda de temperatura (p.ex. desabrigarse).