Elx
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Baixo Vinalopó | ||||
Capital de | |||||
Capital | Elche | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 238.293 (2023) (730,74 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 326.100.000 m² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 86 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | século V a. C. | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Agathangelus of Rome (en) e Asunción de María | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Pablo Ruz Villanueva (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03201–03208, 03293, 03139, 03194–03195, 03290–03296 e 03320 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 966 y 965 | ||||
Código INE | 03065 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03065 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | elche.es |
Elx[1][2] ou Elxe[3] (en valenciano: Elx, en castelán: Elche, as dúas denominacións oficiais) é unha cidade e concello do País Valenciano pertencente á provincia de Alacant. Situada ás beiras do río Vinalopó, é cabeceira da comarca do Baix Vinalopó.
A súa poboación alcanza os 228.348 habitantes (INE 2008), sendo o terceiro concello valenciano en poboación, tras Valencia e Alacant. A área metropolitana de Alacant-Elx, que agrupa a Elx coa conurbanización de Alacant e coas localidades próximas de Santa Pola e Crevillent, é a oitava máis poboada do estado, cuns 735.000 habitantes.
Historia e características
[editar | editar a fonte]No século V a. C. foi fundada a cidade ibera de Ilici. Coa chegada dos romanos, desenvolveuse un proceso de formación dunha colonia poboada con veteranos das Guerras Cántabras, que pasaría a chamarse colonia Iulia Illici Augusta, en torno ao ano 26 a. C. Baixo o dominio musulmán na Idade Media, a cidade estableceuse na súa localización actual. Por mor da conquista cristiá, ao redor do ano 1250, a cidade pasou á Coroa de Castela. No ano 1265 os musulmáns foron expulsados da cidade tras unha rebelión e, en 1305, Elx foi cedida ao Reino de Valencia. Durante o reinado de Amadeu I en 1871, o monarca outorgoulle o título de Cidade, tras unha visita á vila. Durante os anos 60 e 70 do século XX, a cidade experimentou un forte aumento de poboación ligado á industrialización, que convertería a Elx nun dos principais produtores de calzado de Europa.
O Palmeiral de Elx, xunto coa representación sacra do Misterio de Elx, foron declarados pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e Obra Mestra do Patrimonio Oral e Intanxíbel da Humanidade respectivamente. Estes símbolos de identidade ilicitanos son uns dos principais atractivos turísticos desta cidade de tradición industrial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Elx sitúase na costa mediterránea da provincia de Alacant, a 23 km ao suroeste da cidade de Alacant e a 179 km ao sur de Valencia. Ten unha extensión de 326,07 km² e atópase a unha altura media de 86 metros sobre o nivel do mar.
Elx limita cos outros dous municipios que forman parte da comarca do Baix Vinalopó, Crevillent e Santa Pola. Ao norte, o termo municipal limita con Asp e Monforte del Cid do Vinalopó Mitjà, e coa cidade de Alacant (na comarca do Alacantí). Ao sur atópase Dolors, Sant Fulgenci e Guardamar del Segura do Baix Segura.
Noroeste: Asp | Norte: Monforte del Cid | Nordés: Alacant |
Oeste: Crevillent | Leste: Santa Pola | |
Suroeste Dolors | Sur: Sant Fulgenci | Sueste: Guardamar del Segura |
Relevo
[editar | editar a fonte]Elx aséntase nunha chaira cruzada polas serras do Molar, Tabaià e Castellar, últimos contrafortes do sistema bético que configuran as variadas paisaxes do termo municipal onde a palmeira é un elemento constante e característico. A cidade é atravesada polo río Vinalopó, de escaso caudal, pero cunha conca que chega a alcanzar os 100 metros, a cal divide Elx de norte a sur.
O máis representativo da paisaxe ilicitana é sen dúbida o conxunto de hortos que recibe o nome do Palmeiral e que cobre unha gran parte da cidade e o seu campo. Destaca o xardín botánico do Hort del Cura, coa palmeira Imperial no centro da cidade. No termo municipal pódese gozar de paraxes de importante valor ecolóxico, como son o Parque Natural de El Hondo, que comparte con Crevillent, e a Paraxe Natural Municipal do Clot de Galvany, que conteñen unha flora e fauna de gran relevancia. Cabe sinalar tamén o Encoro de Elx, declarado Ben de Interese Cultural, que construído no ano 1632, reúne as augas do río Vinalopó que cruzan o municipio.
Litoral
[editar | editar a fonte]O litoral ilicitano ten unha extensión de 12 km, dos cales 9 km son praias formadas por dunas e piñeirais nunha característica paisaxe mediterránea. Na zona norte atópanse as extensas dunas das praias de l'Altet e o Fondet da Senieta que se prolongan até os Arenales del Sol, centro turístico cunha ampla oferta de servizos. A continuación ábrense as praias das Dunas, o Carabasí (praia nudista) e L'Escull, ao pé da serra de Santa Pola. Ao sur do termo atópase o Pinet, a Marina e Lles Pesqueres, praias de augas transparentes e area fina rodeadas de piñeirais. Arenales del Sol, El Altet, El Carabassi, La Marina e Les Pesqueres-El Rebollo contan (2019) con bandeira azul.[4]
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é mediterráneo árido cunhas temperaturas medias que oscilan entre os 6 °C de xaneiro e os 26 °C de xullo, alcanzándose todos os veráns máximas de 35 °C nos días máis cálidos debido principalmente aos ventos de poñente. As choivas son escasas, ao redor de 250 mm ao ano. Pódense dar choivas torrenciais provocadas pola acumulación de calor nas capas de nubes e a chegada de masas de aire frío polar, sobre todo en outono.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O primeiro nome do que se ten constancia documentada é Illici en latín clásico (pronunciado Il.liki ou Iliki), nunha inscrición achada en Italia onde, facendo referencia a unha persoa orixinaria de Elx, aparece Illici. Todo apunta a que este puidese derivar do nome que os iberos daban ao seu poboado antes da chegada dos romanos. Constan documentos co nome de Helike en grego realizados polos historiadores clásicos Diodoro e Tolomeo.
Foi baixo a dominación visigoda cando o nome de Illici comeza a adoptar formas diversas con aparición da E en substitución da I como son Elici, Elice ou Elece. Na división de Al-Andalus, levada a cabo por Yusuf al-Fihrí aparece ﺍﻟﺶ (pronunciado Elsh), como o nome árabe de Elx no século VIII. A finais do século XIII e baixo o dominio castelán do Reino de Murcia é cando aparece a denominación de Elche. A partir de 1305, xa na Coroa de Aragón, a cidade pasa a ser denominada en valenciano antigo cos nomes de Elch, Eltx ou Elx. Dende mediados do século XV, Elig converteríase na ortografía habitual da cidade en valenciano, ata que caese en desuso tras a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no ano 1707, polos cales se institucionalizaba a forma castelá, Elche, na documentación oficial do Reino. Tralas Normas de Castelló (1932) existiu unha certa controversia sobre se o nome en valenciano debía ser escrito como Elx ou como Elig, no entanto foi o Concello quen acabou optando pola primeira grafía.
Demografía
[editar | editar a fonte]Entidades de poboación |
Habitantes (2007)[5] |
---|---|
Matola | 1680 |
Algoda | 780 |
Algorós | 626 |
Altabix | 2.663 |
Atzavares | 1.358 |
L'Altet | 4.531 |
Els Arenals del Sol | 1.254 |
Asprella | 435 |
Les Baies | 2.164 |
Carrús | 1.299 |
Daimes | 1.266 |
El Derramador | 448 |
Elx | 185.807 |
La Foia de Elx | 2.316 |
Jubalcoi | 1.124 |
Maitino | 881 |
La Marina | 2.109 |
La Perleta | 1.164 |
Pla de Sant Josep | 2.021 |
Puçol | 367 |
La Torre del Pla | 6.369 |
Vallverda | 1.672 |
Poboación
[editar | editar a fonte]En 2008 o municipio de Elx tiña 228.348 habitantes, segundo cifras oficiais do INE. O 83,5 % da súa poboación vivía na cidade de Elx e o resto nas numerosas partidas rurais e pedanías coas que conta o municipio. A distribución da poboación por núcleos indícase na táboa da dereita.
Evolución demográfica
[editar | editar a fonte]En 1900 Elx tiña 27.308 habitantes e era a cuarta cidade da provincia de Alacant por detrás de Alacant, Alcoi e Orihuela. Até 1940 creceu ao mesmo ritmo que Alcoi e Orihuela pero a partir desta data despuntou coa industrialización e recibiu moitos inmigrantes, polo que pasou de 46.596 en 1940 a 73.320 en 1960 e 162.873 en 1981. Elx non deixou de medrar nos últimos anos aínda que máis lentamente debido ao descenso da natalidade e pasou de 188.062 en 1991 a 194.767 en 2001 e 228.348 en 2008. Nos últimos anos o crecemento demográfico reforzouse pola chegada de inmigrantes iberoamericanos e magrebís.
Evolución demográfica do municipio de Elx[6] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1787 | 1857 | 1877 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | |||||||||||
17.554 | 19.533 | 19.636 | 23.847 | 27.308 | 30.511 | 33.167 | 38.013 | 46.596 | |||||||||||
1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2008 | |||||||||||
55.877 | 73.320 | 122.663 | 162.873 | 187.596 | 191.660 | 198.190 | 219.032 | 228.348 |
Área metropolitana
[editar | editar a fonte]A área metropolitana de Alacant - Elx ten 760.431 habitantes (2007), sendo a oitava área metropolitana do Estado por poboación.[7] Trátase dunha área metropolitana bipolar entre as áreas urbanas de Alacant (446.994) e Elx-Crevillent (313.437).[8] Segundo o proxecto AUDES5 a área metropolitana de Alacant-Elx está formada por 16 municipios.[9]
Inmigración
[editar | editar a fonte]Posición | Nacionalidade | Poboación |
---|---|---|
1ª | Marrocos | 3.955 |
2ª | Romanía | 3.589 |
3ª | Colombia | 2.758 |
4ª | Ecuador | 2.723 |
5ª | Arxentina | 1.222 |
6ª | Alxeria | 1.148 |
7ª | Reino Unido | 847 |
8ª | China | 787 |
9ª | Italia | 596 |
A poboación estranxeira en Elx sufriu un incremento de máis do 83% en tan só seis anos, pasando de 4.241 en 2001 a 25.334 a comezos de 2007, o que representa un 11,4% da poboación total.[11] Os residentes estranxeiros máis numerosos son os marroquís (16,41% do total de estranxeiros censados), os romaneses (15,28% do total de estranxeiros censados), os ecuatorianos (10,87%), e os colombianos (10,28%).[12] Por continentes de orixe, o 35,98% dos estranxeiros censados en Elx proviñan de Iberoamérica e o 35,06% doutras partes do continente europeo.
Lingua
[editar | editar a fonte]Segundo o último censo lingüístico da Generalitat Valenciana, do 2001, Elx cidade tiña no 2001 un 40% de valenciano-parlantes (nos barrios tradicionais e nos primeiros ensanches entre un 50% e un 65% afirman saber falar valenciano mentres que a lingua é moi minoritaria nos barrios de alta inmigración coma Carrús, os Palmerars ou Sant Antoni). No Camp d'Elx o valenciano é claramente maioritario e se achega a máis do 80% de falantes nas vilas ao sur da cidade, algunhas moi poboadas: a Baia, Asprella, a Foia, Matola etc. onde a fidelidade lingüística interna é moi alta.
Economía
[editar | editar a fonte]Sector primario
[editar | editar a fonte]A agricultura, que perdeu peso ultimamente, continúa sendo un sector importante que nos últimos anos oriéntase cara a produtos de uso non alimentario, por exemplo viveiros. Ao redor da cidade esténdense trinta partidas rurais poboadas de vivendas de labor e recreo. Nesta zona agrícola, denominada o Camp d'Elx, cultívanse granadas, figos, dátiles, cítricos, améndoas, algodón e diversas hortalizas.
Sector secundario
[editar | editar a fonte]O sector económico por excelencia é o industrial e xira en torno ao calzado e os seus produtos intermediarios. En Elx fabrícase arredor dun 42 % do calzado producido en EspañaOficina de Turismo de Elx e é un dos principais produtores de Europa Análise monográfica do Calzado de ElxArquivado 12 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. A exportación de calzado ilicitano contribúe notablemente a que a provincia de Alacant presente un gran saldo exportador. Unha gran parte das empresas do sector concéntranse na área de Elx Parque Industrial, cunha superficie de máis de 1 200 000 m². O resto do sector industrial é diverso, habendo empresas das industrias do metal, da química e da construción entre outras.
Sector terciario
[editar | editar a fonte]O comercio ocupa un 20% da poboación. A cidade conta co Centro de Congresos Ciutat de Elx, a Institución Feiral Alacantina (IFA), onde se celebra Expocalzado Internacional, que constitúe a principal feira do sector, e o Aeroporto Internacional de Alacant no Altet. O turismo, con pouco peso respecto dos outros sectores económicos e moito máis modesto que o doutros municipios da provincia, ten como principais bazas o seu coñecido palmeiral, o seu casco antigo, o Misterio de Elx (representado na Basílica de Santa María), e as praias do seu termo municipal.
Educación
[editar | editar a fonte]A educación en Elx depende da Consellería de Educación do País Valenciano.
Educación infantil, primaria e secundaria
[editar | editar a fonte]Educación superior
[editar | editar a fonte]Elx ten tres centros de ensino universitario. Dende 1997 é a sede central da Universidade Miguel Hernández onde se atopan as seguintes facultades:
- Escola Politécnica Superior de Elx
- Facultade de Ciencias Experimentais
- Facultade de Ciencias Sociais e Xurídicas de Elx
O que fose antigo edificio do colexio A Nosa Señora do Carme, en pleno centro histórico, é na actualidade unha das sedes da universidade privada CEU Cardeal Herrera, onde se imparten as carreiras de Administración e dirección de empresas, Dereito, Xornalismo, Enfermaría e Fisioterapia, entre outras.
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) posúe unha sede situada nuns dos hortos de palmeiras da cidade, denominado Hort do Balconet.
Sanidade
[editar | editar a fonte]Na cidade atópase o hospital da comarca do Baix Vinalopó, chamado Hospital General Universitari d'Elx, que foi inaugurado o 6 de maio de 1978. Dá cobertura asistencial á Área Sanitaria 20, que engloba os municipios de Elx, Santa Pola e Crevillent. O hospital universitario conta coas especialidades de Oncoloxía Médica, Consello Xenético, Oncoloxía Radioterápica, Neurocirurxía, Cirurxía Vascular, Resonancia Magnética, Pediatría-Neonatoloxía, Obstetricia, Nefroloxía, Hemodinámica, Litotricia, e Prevención de Riscos Laborais Departamento de Saúde 20. Actualmente atópase en fase de construción o novo Hospital de Elx-Crevillent.
Festividades
[editar | editar a fonte]- 5 de xaneiro: Queima dos fachos (atxes), fabricados con folla de palma seca que os nenos ilicitanos queiman a noite do 5 de xaneiro co fin de indicar o camiño aos Reis Magos.
- 17 de xaneiro: Romaría de Santo Antón, no barrio do mesmo nome e na que se levan animais a bendicir.
- 3 de febreiro: Santo Agatánxelo, patrón de Elx, nacido na antiga Illici, no século IV dC.
- Semana Santa Ilicitana
- Domingo de Ramos, Procesión do Domingo de Ramos, famosa pola exhibición das artesanías feitas coas palmas brancas, declarada Festas de interese turístico internacional.
- Domingo de Resurrección, Procesión de Gloria, das Aleluias.
- 17 de maio: San Pascual Bailón
- 4 de agosto: Aniversario do descubrimento da Dama de Elx.
- Do 10 ao 15 de agosto: Festas na honra da patroa, a Asunción de Maria
- Moros e Cristiáns
- 13 de agosto: Nit de l'Albà. Famosa polo enorme castelo pirotécnico lanzado desde a torre da Basílica, que semella unha gran palmeira que cobre de luz a cidade
- 14 de agosto: Nit de la roà.
- 14 e 15 de agosto: Misteri d'Elx, Festas de interese turístico internacional, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
- 25 de outubro: Romaría na honra de San Crispín, patrón do gremio dos zapateiros.
- 28 de decembro: Festa da Chegada (Vida) da Virxe da Asunción, patroa da cidade.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ilicitano.
- ↑ Elx é a forma correcta en galego segundo o VOLGa
- ↑ Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. p. 758. ISBN 9788482893600.
- ↑ "Vaya, vaya, Elche SÍ tiene playas…". Consultado o 9 de febreiro de 2020.
- ↑ INE - Relación de unidades poboacionais
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842, Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine. O censo dende 1997 refírese a data 1 de xaneiro. Os datos de 1787 proveñen do censo de Floridablanca, citados por Bernat i Martí e Badenes Martín en Medre da poboación valenciana. Análise e prevención dos censos demográficos (1609-1857). Edicións Alfons el Magnànim. Valencia, 1994.
- ↑ Conurbaciones en 2006 Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. segundo o proxecto AUDES5 Arquivado 04 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Datos de áreas urbanas en 2006 Arquivado 22 de agosto de 2011 en Wayback Machine. segundo o proxecto AUDES5 Arquivado 04 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ "Municipios que forman as áreas urbanas e metropolitanas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2009. Consultado o 17 de xaneiro de 2009.
- ↑ Ajuntament de Elx Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine. A Poboación de Elx (01-01-2006).
- ↑ Fonte: Poboación estranxeira: Poboación estranxeira de Elx. INE. [1] Arquivado 28 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ IFA. Ampliación del recinto: Datos generales
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elx |