Ducado de Puglia e Calabria
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Capital | Melfi, Italia (1059–1077) Salerno (1077–1130) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1059 | |||
Disolución | 1130 | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía | |||
O Ducado de Puglia e Calabria foi un señorío normando establecido en 1059 co recoñecemento oficial, por parte do papa Nicolao II, do título ducal a Roberto Guiscardo de Hautrville. A súa capital estivo orixinariamente en Melfi pero, a partir de 1077, pasou a Salerno.[1]
En realidade, xa con anterioridade, en 1043, Guaimario V, príncipe de Salerno, fora aclamado duque de Puglia e Calabria, aínda que a lexitimidade deste título (ao non ser recoñecida oficialmente por ningún poder universal) podería considerarse xuridicamente dubidosa; de feito, en 1047, o emperador Henrique III interveu para reclamar o título ducal para si mesmo.[2]
O ducado comprendía unha gran parte do sur continental italiano, estendéndose polos territorios das rexións actuais de Puglia, Basilicata, Calabria, o lado adriático da Molise e as franxas orientais e meridionais da Campania.[3] Cando Roxerio II se converteu en rei en 1130, o ducado pasou a formar parte do Reino de Sicilia.
Lista de condes e duques
[editar | editar a fonte]- Condes de Puglia (1043-1059)
- 1043 - 1046: Guillerme Brazo de Ferro
- 1046- 1051: Drogo de Hauteville
- 1051- 1057: Hunifredo de Hauteville
- 1057- 1059: Robert Guiscard
- Duques de Puglia e Calabria (1059-1127)
- 1059 - 1085: Robert Guiscard
- 1085- 1111: Roxerio Borsa, fillo do anterior
- 1111- 1127: Guillerme II, fillo do anterior
- Condes de Sicília (1071-1130)
- 1071 - 1101: Roxerio I, irmán de Robert Guiscard
- 1101- 1105: Simón de Sicília, fillo do anterior
- 1105- 1127: Roxerio II, irmán do anterior
- Duques de Puglia, Calabria e Sicília
- 1127 - 1130: Roxerio II, quen creou o Reino de Sicília no 1130
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Giuseppe Campanelli, Michele Carducci, Vincenzo Tondi Della Mura e Isabella Loiodice (2016): Lineamenti di diritto costituzionale della regione Puglia, Volume 10. Giappichelli Editore. ISBN 978-88-3484-791-6, p. 8.
- ↑ Guaimario V, principe di Salerno, en Enciclopedia Treccani.
- ↑ I Guaimario: una dinastia tra due imperi.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier. Col. Università/Storia. ISBN 88-00-20474-0.
- Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South 1016-1130. Longmans: Londres.
- Tommaso Indelli (2015): Il tramonto della Langobardia minor. Longobardi, Saraceni e Normanni nel Mezzogiorno (X-XI sec.). Angri, Salerno: Editrice Gaia. ISBN 88-5525-014-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |