Dorothy Gish
(1916) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dorothy Elizabeth Gish 11 de marzo de 1898 Dayton, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 4 de xuño de 1968 (70 anos) Rapallo (Italia) |
Causa da morte | pneumonía |
Actividade | |
Ocupación | actriz de cinema, directora de cinema, actriz, actriz de teatro, autora |
Período de actividade | 1912 - 1963 |
Familia | |
Cónxuxe | James Rennie (1920–1935) |
Pais | James Leigh Gish e Mary Gish |
Irmáns | Lillian Gish |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Dorothy Elizabeth Gish, nada en Dayton o 11 de marzo de 1898 e finada en Rapallo (Italia) o 4 de xuño de 1968, foi unha actriz estadounidense de cinema e teatro, ademais de directora e guionista.[1] Dorothy e a súa irmá máis vella Lillian foron grandes estrelas do cinema mudo. Dorothy tivo tamén grande éxito no teatro, e foi incluída no American Theater Hall of Fame. Dorothy Gish destacou como unha notable cómica, e entre os seus filmes moitos foron comedias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Dorothy Gish naceu en Dayton, Ohio. A nai das irmás Gish, Mary Robinson McConnell Gish, mantiña a familia despois de que o seu marido, James Leigh Gish, viaxante, abandonase a familia en Nova York.[2] Mary Gish, que era "unha antiga actriz e comerciante duns almacéns", mudouse coas súas fillas a Indiana, onde abriu un negocio de lambetadas e catering.[2] En 1902, con catro anos, Dorothy debutou no teatro interpretando a personaxe de "Little Willie" en East Lynne, adaptación da novela inglesa de 1861 escrita por Ellen Wood.[3]
En 1912, a amiga da infancia Mary Pickford presentou as irmás ao director D. W. Griffith, e comezaron a actuar como extras para Biograph Studios en Nova York cun salario de 50 dólares por semana.[4] Durante o seu traballo inicial coas irmás, a Griffith éralle difícil distinguilas, polo que fixo que Lillian levase un lazo azul no seu cabelo e Dorothy un vermello.[5] As rapazas, especialmente Lillian, impresionaron o director, así que as incluíu no equipo que levou a California para producir filmes aló.[4]
Inicio da carreira
[editar | editar a fonte]Dorothy e a súa irmá debutaron na produción de Griffith de 1912 An Unseen Enemy. Posteiormente interpretou máis de cen curtametraxes e longametraxes, moitas veces con Lillian. Non obstante, durante a súa carreira, Dorothy tivo que lidar coas comparacións coa súa irmá por parte de críticos, actores ou executivos dos estudios.
Accidente case fatal (1914)
[editar | editar a fonte]A incipiente carreira cinematográfica de Dorothy Gish case remata nunha rúa dos Ánxeles o Día de Acción de Grazas de 1914. O 26 de novembro de 1914, a actriz de dezaseis anos foi golpeada e case morta por un "automóbil de carreiras".[6] Os xornais e as publicacións sobre cinema da época informaron do suceso e descibiron as graves feridas de Gish. O accidente case fatal ocorreu mentres Dorothy camiñaba con Lillian no cruzamento das avenidas Vermont e Prospect.[7] Segundo informes das noticias, despois de que o coche a atropelase, arrastrouna pola rúa entre 40 e 50 pés. Outro persoal da película que estaba parado nunha beirarrúa próxima, incluído D. W. Griffith, foi testemuña de como golpeaban a Dorothy.[6] No momento do accidente, Gish estaba acabando unha comedia romántica de dous rolos co actor W. E. Lawrence. O filme, How Hazel Got Even, xa fora atrasado unha vez por Reliance-Majestic Studios debido a que o director Donald Crisp contraera pneumonía.[8] A rodaxe da curtametraxe foi posposta de novo durante máis dun mes mentres Gish se recuperaba.[9][10] Orixinalmente prevista para ser estreada o 27 de decembro de 1914, How Hazel Got Even non foi distribuída nas salas ata mediados de febreiro de 1915.[11]
1915-1928
[editar | editar a fonte]Tras recuperarse do accidente, Gish volveu á súa carreira cinematográfica o ano seguinte, interpretando unha serie de curtametraxes de dous e tres rolos, así como filmes máis complexos e longos como as producións de cinco rolos Old Heidelberg, dirixida por John Emerson, e Jordan Is a Hard Road, de novo baixo a dirección de D. W. Griffith.[12][13] O atractivo de Dorothy para os produtores e para o público continuou a medrar en 1915, levando a W. E. Keefe a recoñecela no número de xuño de Motion Picture Magazine como "unha das estrelas de cinema máis populares da pantalla".[10]
Cinema sonoro e volta ao teatro
[editar | editar a fonte]Cando a industria do cinema se converteu no cinema sonoro, Dorothy interpretou un en 1930, o drama criminal británico Wolves. Antes, en 1928 e 1929, as súas aparicións na obra de Broadway Young Love e o seu traballo co director George Cukor renovaran o seu interese nos escenarios e en volver interpretar en vivo.[14] A comedia lixeira demostrara que era moi popular entre a crítica e o público de Nova York, en xiras polos Estados Unidos e en producións en Londres. Estes éxitos convencérona para facer unha pausa do cinema.
En 1939, Dorothy e Lillian Gish atoparon o papel teatral da súa vida. “Dorothy e mais eu fomos ver unha produción neoiorquina de Life With Father, protagonizada por Howard Lindsay e Dorothy Stickney”, escribiu Lillian na súa autobiografía. “Trala representación dixen: ‘Esta é a obra que estabamos agardando levar polos Estados Unidos’”. Outro éxito posterior na carreira de Gish foi The Magnificent Yankee, que interpretou en Broadway no Royale Theatre durante a primeira metade de 1946.[15]
Televisión e filmes finais
[editar | editar a fonte]A televisión da década de 1950 ofreceu a moitos intérpretes de teatro e cinema a ocasión de aparecer en obras de teatro emitidas en directo. Dorothy adentrouse no novo medio, aparecendo en Lux Video Theatre da NBC a tarde do 24 de novembro de 1955, nunha produción de Miss Susie Slagle's. Ela e Lillian interpretaran a obra previamente xuntas na pantalla na adaptación de 1945 de Paramount Pictures.
Dende 1930 e ata a súa morte, só apareceu en cinco filmes máis, incluído Our Hearts Were Young and Gay (1944), que supuxo un éxito para Paramount. O director Otto Preminger contratou a Dorothy para o seu filme de 1946, Centennial Summer. Na estrea de 1951 The Whistle at Eaton Falls, filme de cinema negro producido por Louis de Rochemont, Dorothy interpreta a viúva do dono dun muíño. Durante ese período, tamén fixo varias aparicións na televisión en series antolóxicas. O seu último papel foi noutra produción de Preminger, O cardeal, en que interpreta a nai do protagonista.
Morte e legado
[editar | editar a fonte]Gish faleceu aos 70 anos en 1968 de pneumonía nunha clínica de Rapallo, Italia, onde fora paciente durante dous anos. A súa irmá estaba ao seu lado.[4] The New York Times informou de que o día seguinte á súa morte o consulado estadounidense en Xénova estaba a facer arranxos para incinerar o corpo para a súa volta aos Estados Unidos.[4] As cinzas foron situadas na igrexa Episcopal de San Bertomeu de Nova York no columbario da igrexa. Lillian, que faleceu en 1993, foi enterrada xunto a ela.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Dorothy Gish casou só unha vez, con James Malachi Rennie (1890–1965), actor canadense que coprotagonizou con ela dúas producións de 1920, Remodeling Her Husband, dirixida pola súa irmá Lillian, e a comedia Flying Pat. En decembro de 1920, a parella fuxiu a Greenwich, Connecticut, onde casaron nunha cerimonia dobre en que a amiga de Gish, a actriz Constance Talmadge, tamén casou co empresario grego John Pialoglou.[16] Gish e Rennie seguiron xuntos ata o seu divorcio en 1935. Dorothy nunca volveu casar.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1912 | An Unseen Enemy | The sister | |
Two Daughters of Eve | In theatre crowd | ||
So Near, Yet so Far | A friend | Copia no Museum of Modern Art | |
The Painted Lady | Belle at ice cream festival | ||
The Musketeers of Pig Alley | Frizzy-haired woman in street | Copia na Biblioteca do Congreso | |
Gold and Glitter | On street | ||
My Baby | Wedding guest | Copia no Museum of Modern Art | |
The Informer | The Southern girl | Copias na Biblioteca do Congreso | |
Brutality | |||
The New York Hat | |||
My Hero | The young woman | ||
The Burglar's Dilemma | Birthday wellwisher | ||
A Cry for Help | Witness to accident | ||
1913 | Oil and Water | In first audience | |
Broken Ways | In telegraph office | ||
The Perfidy of Mary | Rose | ||
The Lady and the Mouse | The second sister | ||
Just Gold | The Sweetheart's sister | ||
Red Hicks Defies the World | Hicks' sweetheart | ||
The Vengeance of Galora | |||
The House of Discord | The daughter | Copia no Museum of Modern Art | |
Almost a Wild Man | Miss Smart / Sideshow patron | ||
1914 | Her Father's silent partner | ||
Judith of Bethulia | The crippled beggar | ||
The Floor Above | Stella Ford | ||
Home, Sweet Home | Sister of Payne's sweetheart | ||
The Rebellion of Kitty Belle | |||
The Sisters | Carol | ||
1915 | How Hazel Got Even | Hazel | |
His Lesson | Participant in mob scene | ||
Jordan Is a Hard Road | Cora Findley | Filme perdido | |
Old Heidelberg | Katie Huder | ||
1916 | Gretchen the Greenhorn | Gretchen Van Houck | |
Betty Of Greystone | Betty Lockwood | ||
The Children of the Feud | Sairy Ann | Filme perdido | |
The Little School Ma'am | Nan | ||
1917 | Stage Struck | Ruth Colby | Copia na Biblioteca do Congreso |
Her Official Fathers | Janice | Filme perdido | |
The Little Yank | Sallie Castleton | ||
1918 | Hearts of the World | The Little Disturber | Copia en Cohen Media Group |
Battling Jane | Jane | Filme perdido | |
The Hun Within | Beth | Copia na Cinémathèque Française | |
The Hope Chest | Sheila Moore | Filme perdido | |
1919 | Boots | Boots | Filme perdido |
Peppy Polly | Polly | Filme perdido | |
I'll Get Him Yet | Susy Faraday Jones | Filme perdido | |
Nobody Home | Frances Wadsworth | Filme perdido | |
1920 | Remodeling Her Husband | Jane Wakefield | Filme perdido |
Flying Pat | Patricia Van Nuys | Copia na Cinémathèque Française | |
1921 | Orphans of the Storm | Louise Girard | |
1922 | The Country Flapper | Jolanda Whiple | Filme perdido |
1923 | Fury | Minnie | Filme perdido |
The Bright Shawl | La Clavel | ||
1924 | Romola | Tessa | |
1925 | The Beautiful City | Mollie | |
Clothes Make the Pirate | Betsy Tidd | Filme perdido | |
Ben-Hur | Chariot Race Spectator | ||
1926 | Nell Gwyn | Nell Gwyn | |
London | Mavis Hogan | Filme perdido | |
Camille | Grace | ||
1927 | Madame Pompadour | Madame Pompadour | |
Tip Toes | Tiptoes Kay | Filme perdido | |
1930 | Wolves | Leila McDonald | |
1946 | Centennial Summer | Mrs. Rogers | |
1951 | The Whistle at Eaton Falls | Mrs. Doubleday | |
1963 | O cardeal | Celia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aínda que durante moitos anos creuse que as irmás Gish naceran co apelido "De Guiche" ou "de Guiche", o seu apelido era, de feito, Gish. O biógrafo Charles Affron explicou a fonte desas inexactitudes no nome Lillian Gish: Her Legend, Her Life: "The Gish name was initially the source of some mystification. In 1922, at the time of the opening of Orphans of the Storm, Lillian reported that the Gish family was of French origin, descending from the Duke de Guiche.... [S]uch press-agentry falsification was common. Just a few years later the story was modified slightly so that de Guiche becomes the more illustrious Duc de Guise.... [A]mong the Gish ancestors were a great-uncle probably murdered on a business trip to Philadelphia and four cousins who served in the Civil War ... James Leigh Gish was the youngest of four sons of David Gish (1814–1888) and Diana Caroline Waltz."
- ↑ 2,0 2,1 Dwyer, Shawn. "Dorothy Gish", Turner Classic Movies (TCM), Atlanta, Georgia. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Motion Picture Studio Directory", entry for Dorothy Gish under "Actresses—Leads", Motion Picture News (New York), 21 de outubro de 1916, páx. 75. Internet Archive, San Francisco, California. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 "Dorothy Gish, Actress, Is Dead; In Theater and Films 50 Years: Starred With Sister, Lillian, in Griffith Silent Classics--Many Broadway Roles", The New York Times (1923-current digital archives), 6 de xuño de 1968, páx. 47. ProQuest Historical Newspapers.
- ↑ "Miss Lillian Gish Interview" dirixido pola actriz Mariette Hartley o 22 de xaneiro de 1987, no 112.º aniversario do nacemento de D. W. Griffith. YouTube, publicado orixinalmente por Dana Harris o 25 de decembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "In Movie Land", The Chicago Sunday Tribune, 3 de xaneiro de 1915, p. VIII 7. ProQuest Historical Newspapers. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Dorothy Gish is Injured", Los Angeles Times, 27 de novembro de 1914, páx. 110. ProQuest Historical Newspapers.
- ↑ "In and Out of Los Angeles Studios", Motion Picture News, 19 de decembro de 1914, páx. 44. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Dorothy Gish Injured", Photoplay (Chicago), febreiro de 1921, páx. 135. Internet Archive. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ 10,0 10,1 Keefe, W. E. (1915). "Dorothy Gish", artigo en Motion Picture Magazine, xuño de 1915, páx. 109. Internet Archive. Consultado o 28 de setembro de 2019.
- ↑ "Release Dates for Ready Reference", "12-27 How Hazel Got Even", Motion Picture News, 19 de decembro de 1914, páx. 44. Consultado o 25 de setembro de 2019.
- ↑ "Old Heidelberg", Variety (Nova York), 8 de outubro de 1915, p. 21. Internet Archive. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ "Jordan Is A Hard Road", Variety, 19 de novembro de 1915, páx. 24. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ "Dorothy Gish", Internet Broadway Database (IMBD), stage credits, The Broadway League, New York. Consultado o 27 de setembro de 2019.
- ↑ "The Magnificent Yankee, Royale Theatre, January 22-June 8, 1946. Playbill, Nova York. Consultado o 28 de setembro de 2019.
- ↑ "They're Married!", Photoplay (Chicago), marzo de 1921, páx. 59, 113. Internet Archive, San Francisco, California. Consultado o 25 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorothy Gish |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Casselton, Harold (ed.). Remembering Dorothy Gish. Minneapolis: The Society for Cinephiles, 1986.
- Croy, Homer. Star Maker: The Story of D. W. Griffith. Nova York: Duell, Sloan and Pearce, 1959.
- Gish, Dorothy. "And So I am a Comedienne". Ladies Home Journal (xullo de 1925)
- Gish, Lillian. Dorothy and Lillian Gish. Nova York: Charles Scribner’s Sons, 1973.
- Gish, Lillian. The Movies, Mr. Griffith, and Me. Nova York: Prentice Hall, 1969.
- Slide, Anthony. The Griffith Actresses. Nova York: A. S. Barnes and Company, 1973.
- Talmadge, Margaret L. The Talmadge Sisters. Nova York: J. B. Lippincott & Co., 1924.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Extensive Dorothy Gish gallery
- The Dorothy Gish Project
- Dorothy Gish en Virtual History