Década de 790
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século VIII | |||||
| |||||
|
790
- Artigo principal: 790.
- Sobre este ano foi redactado o Wessobrunner Gebet, o primeiro testemuño do alto alemán antigo.
- Os armenios do exército bizantino rebélanse contra a emperatriz Irene por non permitir o acceso ao poder do emperador Constantino VI.
791
- Artigo principal: 791.
- O rei Vermudo I de Asturias abdica e retírase a un convento, sucedéndoo o seu curmán Afonso II.
- 14 de setembro - Afonso II é coroado rei de Galiza.[1]
- O califa Harun ar-Rashid funda a cidade de Najaf, na actual Iraq.
- Reconstrúese a cidade persa de Tabriz logo dun terríbel terremoto.
792
- Artigo principal: 792.
- O rei Pipino de Italia e o seu irmán Carlos o Novo (fillos de Carlomagno) forzan ao duque de Benevento Grimoaldo III a se someter ao poder franco.
- Celébrase o Concilio de Ratisbona, contra o adopcionismo.
793
- Artigo principal: 793.
- Ribadavia é conquistada por Abdul-Malek.[2]
- Os viquingos arrasan o mosteiro de Lindisfarne (Inglaterra), data que se toma como principio da era viquinga[3].
794
- Artigo principal: 794.
Asia
Europa
- Carlomagno lanza tres campañas contra os ávaros.
- Celébrase o Concilio de Frankfurt, contra o adopcionismo.
- Afonso II de Asturias estabelece a capital do reino en Oviedo (data probábel).
- Al-Andalus: imponse oficialmente a doutrina xurídica malikí.
Arte e cultura
- Construción do pazo de Carlomagno de Aquisgrán (794-798). Odón de Metz, inspirándose no tratado clásico de Vitruvio, é o arquitecto principal.
795
- Artigo principal: 795.
- León III convértese en Papa da Igrexa católica.
- Primeiro ataque viquingo a Irlanda.
- Carlomagno, emperador dos francos, crea a Marca Hispánica, cos territorios vasalos transpirenaicos.
796
- Artigo principal: 796.
- Al-Hakam I convértese en emir de Córdoba.
- Afonso II de Asturias ataca Lisboa.
797
- Artigo principal: 797.
- O emperador bizantino Constantino VI é obrigado a deixar o poder e cégano o 15 de agosto. Segundo uns de resultas desta mutilación morre ese ano, segundo outros morreu máis tarde no desterro. Sucedeuno a súa nai, Irene, quen o mandara cegar.
- Celébrase o Concilio de Cividale, contra o adopcionismo.
798
- Artigo principal: 798.
- Celébrase o Concilio de Roma, contra o adopcionismo.
- Aureolus convértese en conde de Aragón.
- Harun ar-Rashid impón un tributo a Irene, emperatriz bizantina.
- Ludovico Pío crea o condado ausonense con centro en Vic.
799
- Artigo principal: 799.
- 25 de abril - o papa León III sofre un ataque en Roma.
- 13 de novembro - Wak Kimi Janaab' Pakal (Pacal IV) sobe ao trono da cidade maia de Palenque.
- ↑ Gil Fernandez (ed.). Crónica Rotense (en latín) (1985 (Crónicas asturianas) ed.). Universidad de Oviedo. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2020.
Era DCCCXXVll/I. Hunctus est in regno predictus rex magnus Adefonsus XVIII kalendas octobris era qua supra.
- ↑ Ribadavia#Historia
- ↑ Noruega#Historia