Constantino VI
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xaneiro de 771 Constantinopla, Turquía |
Morte | c. 798 (26/27 anos) Constantinopla, Turquía |
Emperador bizantino | |
8 de setembro de 780 – 1 de agosto de 797 ← León IV – Irene → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Familia | Dinastia isáurica (pt) |
Cónxuxe | Maria de Âmnia Teódote |
Fillos | Eufrósine () Maria de Âmnia Leo () Teódote |
Pais | León IV e Irene |
Cronoloxía | |
15 de agosto de 797 | blinding (en) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Constantino VI, nado en 771 e finado en 797, sucedeu ao seu pai León IV como emperador bizantino á idade de nove anos en 780, e foi emperador baixo a rexencia da súa nai iconódula, a emperatriz Irene.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 787, Irene aliouse con Carlomagno coa intención de casar a Constantino con Rotrud, a filla deste; pero o plan non funcionou. Posteriormente ela casaría ao seu fillo coa filla dun nobre de menor rango.
Constantino tiña 16 anos en 787 e Irene deberíalle ter cedido o poder entón, pero este non se fixo co poder total ata 790, cando os armenios do exército se rebelaron contra Irene. Ela mantería de todos os xeitos o título de emperatriz, aínda que Constantino tivo que derrotar aos armenios para que a aceptasen como emperatriz: esta sería a súa primeira vitoria logo das desastrosas derrotas ante os búlgaros.
Tamén tivo que reprimir unha revolta liderada polo seu irmán Nicéforo, que fora obrigado a entrar nun mosteiro para evitar que puidese ser elixido emperador. Logo de todo isto, divorciouse da súa muller María (á que aborrecía pese á súa beleza, por ser escollida pola súa nai Irene), a cal lle deu unha filla, e volveu a casar con Teodota (unha cabicularia ou dama de honor de Irene), un feito impopular e posibelmente ilegal, aínda que o patriarca San Tarasio permitiu dita actuación. En 797 tivo lugar outra rebelión, dirixida por persoas que apoiaban a Irene coa aprobación desta. Constantino foi feito prisioneiro e cegado, deixando a Irene co dominio total sobre o Imperio.
O final de Constantino non esta totalmente claro: segundo algúns, morreu inmediatamente a consecuencia da bárbara mutilación que sufriu; mentres que outros din que se retirara a unha vida totalmente privada, xunto a Teodota, para logo ser desterrado á Illa dos Príncipes, onde foi sepultado á beira da súa primeira esposa, María.
Durante o posterior reinado de Miguel II, aparecerían algúns pretendentes ao trono que reivindicaban ser o propio Constantino VI.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: León IV |
Constantino VI | Precede a: Irene |
Dinastía Isáurica |