Saltar ao contido

Convertibilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dúas moedas de ouro de 20 kr da Unión Monetaria Escandinava, que estaba baseada nun padrón ouro. A moeda da esquerda é sueca e a da dereita é danesa.

En economía e en contabilidade, o termo convertibilidade refírese á posibilidade de trocar de modo sinxelo certa contía de diñeiro por unha contía equivalente en calquera tipo de activo financeiro ou bens, e así reciprocamente. A política monetaria máis comunmente empregada ata o inicio do século XX estabelecía que debería haber convertibilidade entre o papel moeda vixente e o ouro. Este modelo era coñecido como padrón ouro, o que significaba que unha unidade monetaria equivalería a unha certa contía en ouro. Iso acabou evolucionando ó padrón de divisas ouro.[Cómpre referencia] Os países, con todo, de modo xeral, durante a segunda metade do século XX acabaron por adoptar a convertibilidade entre moedas, que é a posibilidade dunha moeda de poder ser trocada por outras.[1][2][3][4]

  1. Meneses, Anderson; Mariano, Fabricio (2011). Mercado Financeiro (en portugués). Rio de Janeiro: Elsevier. p. 46. 
  2. Pereira Bojikian, Neusa Maria (2009). Acordos comerciais internacionais: o Brasil nas negociações do setor de serviços financeiros (en portugués). São Paulo: UNESP. p. 127. 
  3. Quirk, Peter (1995). Capital Account Convertibility: Review of Experience and Implications for IMF Policies (en inglés). FMI. 
  4. Beiras, Xosé Manuel. "Soberanía de cartón. A "bancocracia", os "terroristas do déficit" e o euro-dólar". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.