Condado de Ida-Viru
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Estonia | ||||
Capital | Jõhvi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 133.358 (2023) (44,88 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.971,55 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | EE-45 | ||||
Ida-Virumaa (en estoniano maakond, "Viru oriental") é un dos 15 condados da Estonia, situado na parte nororiental do país, na fronteira con Rusia e de cara ao Golfo de Finlandia. Con 175.406 habitantes (xaneiro de 2006) sobre o 13% do total do país, é o segundo condado máis poboado cunha superficie de 3.364 km². Esta rexión é de todo punto particular e radicalmente diferente do resto do país. Ela coñeceu, a partir da segunda guerra mundial, unha industrialización baseada na explotación dos xacementos de lousa bituminosa, que se acentuou a partir da ocupación soviética, facendo nacer cidades mineiras e marcando para sempre a paisaxe. As minas de uranio de Sillamäe conduciron os soviéticos a estableceren un dos principais centros de investigación atómica da URSS. A composición étnica é igualmente singular no contexto estoniano, froito da política de desprazamentos de poboación do período estalinista. A rexión conta actualmente cun 71% de rusos, 6% de habitantes doutras repúblicas ex-soviéticas e sobre un 20% de estonianos. Os rusófonos non sempre posúen a nacionalidade estoniana, e a súa situación é un problema recorrente da política interior do país, así como das relacións co seu veciño oriental, Rusia.
Goberno rexional
[editar | editar a fonte]O goberno do condado (en estoniano Maakonnavalitsus) é dirixido por un gobernador ou maavanem, que é nomeado polo goberno de Estonia por un período de cinco anos.
Subdivisións administrativas
[editar | editar a fonte]O condado de Ida-Viru está dividido en 23 concellos: seis urbanos (en estoniano linn, unha sétima cidade, Jõhvi, que é a capital do condade forma parte dun concello rural) e dezaseis concellos rurais (en estoniano vald).